15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

¡A XUSTICIA! 135

O vello petrucio tiña fondas cavilaciós aquela noite. Con ollos

quedos e fitos na esmorecida fogueira do lar, semellaba que estaba

escismando pensamentos pouco agasalleiros.

A tristura ten a virtude dos andacios, e a familia do señor Paulos,

que así se nomeaba o petrucio, estaba tamén calada como se respondera

ós mesmos pensamentos.

—¿Seique ten hoxe ferruxe —atreveuse a dicir por fin o seu fillo

Román, que era un mozo xentil e barudo que non pasaría dos trinta anos.

—Non, Ramonciño; non teño ferruxe. Estou, si, cavilando nas

cousas do mundo.

—¿E vosté coida que arreglará todo eso coas súas cavilaciós

—interrogou a súa nora Sabela.

—Non, non penso tal... mais non podo deixar de me doer de certas

aldraxadas que fan os demos destes tempos, que teñen máis forza

e poder...

—¿E eso é pra estar caviloso

—Miña nora, canto máis se vai apurando o fío da nosa vida máis

coidados se espertan no noso espíritu. Estas noites do outono mainas,

escuras e caladas sementan en nós pensamentos saudosos.

—Certamente que vosté está hoxe aqueloutrado, e non temos

que facerlle —dixo Román.

135

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 14, 12 de novembro de 1907, pp. 4–5, cunha nota na que

se indica “Ao meu quirido amigo Nan de Allariz, director de Follas Novas, na Habana”.

Esta nota foi suprimida en todas as edicións posteriores en libro.

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!