15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

O PRIMEIRO SANGUE 132

Aló nun curruncho de África, nas terras onde nace o Nilo, había

no vello tempo dun Tolomeo 133 unha nación que se gobernaba sempre

oíndo dinantes o consello dun Sabio chamado Sponto, que vivía nunha

cova preto da vila principal.

Un día foron a falarlle os labregos:

—Sabio Sponto, —dixéronlle— o goberno do reino vai de mal

en pior. A terra está inzada de ladrós que no nos deixan andare polos

camiños. As nosas chousas, as nosas vidas non teñen xa seguranza...

¿Que temos que facer.

—Dar parte á xusticia.

Outro día volveron os labregos:

—Sabio e xusto Sponto, o Rei gobérnanos moi mal. Non temos

camiños empedrados como os que fan os romanos na Iberia e na Mauritania,

e polo mesmo non podemos leva–los froitos do noso traballo

ós mercados de Fenicia e de Celesía. Os nosos fillos van loitar a terras

alleas por razós que non conocemos e causas que non nos importan.

As leises e maila fala da nosa terra son trocadas por outras que magoan

os nosos sentimentos. Sabio Sponto, ¿que facemos

—Que os xefes das tribus pidan xusticia ó Rei.

Despois dun ano tornaron os labregos:

—Sabio mestre, xusto Sponto, outra vez pidimo–lo voso consello.

Os xueces que o Rei nos mandou son homes sin concencia. Can-

132

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 6, 11 de setembro de 1907. Non figura baixo o antetítulo

“A carón do lar”. Tamén foi reproducido en 1908 na revista Mondoñedo e en todas as

edicións en libro.

133

Son moitos os reis de Exipto con este nome entre o século III e II antes de Cristo.

117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!