15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—“¡Covardes! ¡Larchás! ¡Galiñas! —berrei collendo a macana

de toxo—. Agora non se reza... ¡agora traballade, loitade, obedecede!

A facer o que eu mande, senón ábrolle a cabeza ó primeiro.”

Cada un púxose no seu lugar dispostos a traballare.

Naquel momento lembreime de que meu pai dixérame unha vez

que a rompente das ondas amainábase cun fío de aceite, que así o fixera

Noso Señor Xesucristo no mar da Taberaida 129 .

Pedín a alcuza; fun ceibando pola popa con moito modo un fío de

aceite. Era certo o remedio: as marexadas non rompían sobre de nós...

Os mariñeiros de Pepe do Rilo seguían rezando, e quedaban xa

moi lonxe. Un berro de anguria encheu o aire... ¡Acababa de tragalos

o mar para sempre! ¡Imposibre o tornare para lles valere!

—“¡Avante sempre; remade forte!... ¡Avante! ¡ala... ala...!”

E eu seguía botando un fío delgadiño de aceite no mar. Acabouse

o de alcuza, e fun ceibando o do candil.

Xa víamos a Coitelada 130

—“¡Avante... ánimo ...!”

E pola popa iba caíndo, delgadiño... delgadiño... o fío de aceite.

Chegamos ó abrigo do Segaño 131 , e logo despois a Mugardos. No

malecón agardábannos as nosas familias.

—“Rapaces —dixen eu ó poñer o pé en terra firme— rapaces,

traballástedes ben. O traballo é unha grande virtude, é a vida mesma.

Agora podedes rezar canto queirades, e facer os agasallos que

vos dea a gana a tódalas virxes e santos de Chanteiro e tres légoas

máis a redonda”.

E o recio vello Bastián botou un groulo de viño, con certa

cirimonia, como quen comulga nunha relixión de héroes e homes

de proveito...

129

É posible que se trate dunha galeguización do bíblico Mar de Tiberíades.

130

Punta situada ao sur da praia de Chanteiro, fronte á localidade de Rega, parroquia de

Cervás, no concello de Ares.

131

Punta do litoral atlántico situada ao norte de Chanteiro, na parroquia de Cervás, no concello

de Ares.

116

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!