15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

As marexadas comenzaron a se ergueren, lixeiras, súpitas. De

ves en cando os carneiros asomaban por enriba das ondas. O vento

infraba a vela de tal xeito que coidei que se tronzaría o pau.

—“¡Cara a terra!” —berrei— e dunha orzada puxen a popa

ó temporal.

¡Aínda me arripío, rapaces, aínda se me calla o sangue nas veas

pensando naqueles duros momentos! As gaivotas viraban as aas para

un lado, despois para o outro...

Baixaban astra tocaren a tona do mar, e logo subían ás nubes, coma

unha cortiza moi afondada que se ceiba e busca o alto das escuras augas.

Tomamos un rizo a vela; pouco despois tivemos que tomalos

todos. Xa non quedaba máis que unha vara de pano. Unha forte racha

asubiou rifando a vela: non quedou máis remedio que abaixala. A pau

seco seguimos a nosa retirada.

A cen brazas, por babor, seguíanos a lancha de Pepe do Rilo.

O vento zombaba con tal furia, que, arrincando a auga do mar,

semellaba un espeso neboeiro. As ardentías, cada vez máis altas e

máis bruentes, comenzaban a branquear ó longo. O sol xa non se vía,

como se chegara para nós a triste noite das tebras. Erguín a cabeza...

¡Meu Dios!... o ceo estaba craro por enriba do meu curuto. As gaivotas,

berrando, asustadas, fuxían en busca dos penedos da costa brava.

¡A mareira, a negra mareira rexurdía con toda a sua maldita traición!

Se unha daquelas ardentías, se unha daquelas bruantes marexadas

chegaba a romper sobre da popa do falucho... ¡éramos perdidos!

A morte amostraba xa a súa negra boca dende o fondo do mar salado!

Pepe do Rilo, cuio falucho aínda viña preto de nós, arrodillouse

pidindo cremencia e protección ó ceo. O mesmo fixeron os seus compañeiros.

Pero o pior foi que os meus homes, seguindo o exempro dos

viciños, arrodilláronse tamén cramando e chorando coma mulleres...

—¡Virxe santísima de Chanteiro 128 ! ¡Virxe do Carme, válenos, sálvanos!...

¡Adiós, meus filliños! ¡Adiós, nosas mulleres!... ¡Adiós, mi madre!...

128

Refírese á imaxe que se venera nunha ermida da parroquia de San Pedro de Cervás, no

concello de Ares, e á que se lle atribúe unha importante intersección na peste que en 1404

se declarara nesta comarca.

115

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!