15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Ben está —decía o vello— ben está que lle fagades a festa a

San Pedro, sempre e cando non vos esquenzades do traballo, que é a

primeira virtude dun home de ben.

—Pero logo, ¿nosoutros non traballamos, señor Bastián —perguntou

un mariñeiro mozo.

—Si, traballades; mais agora dades no malo costume de inventar

moitas festas de igrexa, que duran máis dun día, costando polo mesmo

moi caras...

—No seu tempo aínda eran máis devotos, meu vello.

—No meu tempo había tamen folgazás que todo o agardaban do

ceo, e homes práiticos que cumprían con aquel refrán que di: “Axúdate,

que Dios te axudará”.

O vello Bastián botou un groulo de viño, limpou o bico coa manga

da chaqueta, e, acomodándose no banco coma quen se dispón para

unha longa conversa, dixo:

—Rapaces, atendede este feito que me pasou a min cando era

patrón do falucho A Virxe de Chamorro, que foi a embarcación máis

lixeira e de máis sorte de cantas saíron da praia de Maniños 125 . Eramos

catorce homes. Saímos unha mañán moi cedo, o día da Asunción, ó mar.

Chegamos astra a altura do cabo Prior 126 , onde atopamos co falucho de

Pepe do Rilo, que era un beato a quen Dios teña na súa santa presencia.

O mar estaba rizado: as marexadas tiñan un movimento desigual

no cume, que me facía desconfiar do tempo. Cando nos perparábamos

a pescar (estábamos a 15 millas de Prioriño 127 ) o ceo comenzou a poñerse

roibo, acendido pola banda de Nordeste. Despois, paseniñamente, foi

esmorecendo aquela color astra tornárese en cincenta e tristeira.

—“Compañeiros, —dixen eu estonces— estase preparando un

fero Nordeste”.

125

Parroquia de Fene que linda polo norte coa Ría de Ferrol, con Limodre polo sur, con

Barallobre e Limodre polo leste e con Piñeiro polo oeste. Está situada a 3,4 km. de Fene.

126

Cabo do litoral atlántico situado na parroquia de Covas, no concello de Ferrol. Está formado

por unha lingua de terra de 1750 metros que entra no mar 2350 metros.

127

Cabo situado na parroquia de Brión, no concello de Ferrol. Está formado por unha

extensión de terreo de 600 metros de longo e 1000 metros de ancho.

114

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!