15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

AXÚDATE 122

A RODRIGO SANZ 123

Chovía. Despois de atravesare a península que forman as rías de

Ares e maila do Ferrol, cheguei por fin á branca e ridente vila de

Mugardos. Non tiven máis remedio que agarimarme nunha taberna,

no final da rúa que dá frente ó malecón.

Catro mariñeiros, debruzados sobre dunha limpa mesa de pino,

falaban dos negocios e traballos da súa profesión. Tres deles eran

mozos barudos, fortes, traxeados a estilo de medio labrador e medio

mariñeiro. O outro era un vello, coa sotabarba branca coma espuma de

Ganderío 124 , de faceiras bermellas, de anchos e recios ombros. Vestía

enxebremente de mariñeiro; e aínda levaba o gorro portugués, moi

semellante á barretina dos catalás, que tanto se estilou entre os habitantes

das vilas mariñeiras de Galicia.

122

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 43, 19 de xuño de 1908, p. 6. Recollido en todas as edicións

en libro posteriores.

123

Rodrigo Sanz López (Ferrol, 29 de decembro de 1872 – Santiago, 26 de xullo de 1939)

estudou Dereito en Santiago e apareceu na vida pública na inauguración do Ateneo Ferrolano

en 1903. No 1906 contribuíu a crear a Universidad Popular. Un ano máis tarde fundou

Solidaridad Gallega na Coruña, organización xurdida a imitación da Solidaridad

Catalana. Asemade creou e dirixiu Solidaridad Gallega, o voceiro da entidade homónima.

Colaborou nas máis importantes publicacións do seu tempo e foi un destacado promotor

da prensa local. En 1908 foi nomeado académico de número da RAG pero non chegou a

tomar posesión por trasladarse a vivir a Madrid. En 1917 converteuse no primeiro presidente

do Partido Regionalista Gallego e no 1919 ocupou o cargo de presidente do Centro

Regionalista de A Coruña. Ocupou tamén postos de certa relevancia no Secretariado de

Galicia en Madrid e durante a ditadura de Primo de Rivera. Interviu en numerosas conferecias

de carácter rexionalista, foi un dos promotores das Irmandades da Fala e redactor

das Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia. Unha das súas principais contradicións

foi a defensa do castelán como lingua oficial de Galicia.

124

Gandarío é unha aldea da parroquia de Oucés, no concello de Bergondo, que está situada

a 3,8 km. da capital municipal. Tamén é unha praia da marxe esquerda da ría de Betanzos.

113

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!