15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

—Nada. A túa madriña Xuana quedaba con miña tía Marica

pechadas dentro do cuarto e parolando caladiñamente. Eu, pensando

que se referisen ó noso amor, púxenme a escoitar pola pechadura.

Solo sentín que miña tía choraba de alegría, e que abrazando a Xuana,

lle decía: “Xuaniña, hoxe é o día mais felís da miña vida; hoxe

comenza pra min unha nova e non esperada felicidá... ¡Un fillo! ¡O

meu filliñiño!” —E volvía a apreixar a Xuana. Eu non podo adiviñar

que poida ser isto.

—¡Meu Dios! ¿Será ela —dixo Manuel levantando a man ó

peito— o corazón ben mo dice.

—¿Que dis, Manuel

—Nada, Rosiña; son cousas da miña vida, e non fai falla que te

canses en sabelas.

—¿Tes sacretos pra min

—Non, prendiña, —dixo o mozo chantando na limpa frente de

Rosa un bico de amore.

Neste momento sinteuse cerrar con forza a porta da chousa,

salindo por ela un home. Rosiña dou un berro, pois conoceu que

aquel home era o señor Mingos, que viña armado cunha escopeta.

Sin dar tempo pra nada, chegouse a Manuel e quíxolle dar coa

escopeta. Dou un brinco o mozo e agañapou a arma no aire, e entón

comenzou unha pequena loita; pero disgraciadamente collera a escopeta

polo cañón e disparouse dando a bala no peito do rapaz que

caeu no chan sin sentido.

Rosiña dou un berro de angustia e colleu entre os brazos a

Manuel, caendo esmaiada a pouco.

Ó estalido do tiro, saliron Xuana e Marica pola porta da eira.

—Miserabre, —dixo Xuana a Mingos con voz ronca— ¡mataches

o teu fillo!...

—¡O meu fillo!

—O teu fillo, si: o que tirei da pena a baixo aquela maldita noite,

non foi o recén nacido, sinón unha pedra.

105

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!