15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Marica enterou a Rosiña da conversación que tuvera con Manuel

e díxolle que el desexaba vela pola noite. Escuso decir a alegría que

recibeu con esto a rapaza; parecíalle que o sol da súa dicha volvía a

brilar de novo no ceo das súas esperanzas.

XI

Facía unha noite de vrao; a lúa brilaba, cal si fora un pandeiro

prateado, no fondo dun ceo azul–mouro vertendo as guedellas de lus

que ó caír no mar, figuraban mil difrentes pantasmas que as maregadas

mudaban decote co seu mover mainiño e desordeado. As arrás cantaban

nas barranqueiras facendo estrana harmunía co meloso có có dos

sapos; e o vento abaneaba os árbores facéndolles desprender os cheiros

máis ledos, que espertaban no peito sentimentos vagos e tenros.

O lugar de Samoedo parecía esa fremosa Cintra que Camões nos

pinta nos seus harmoñosos versos. Os castaños dos soutos, as ringleiras

variadas que os ameneiros formaban na campiña, e os emparrados

que parecían un segundo ceo arrechegado á terra, daban un tinte

melancónico ó paisaxe e facían pensar no paraíso. As chimineas das

chouzas ceibaban pooquiño a pouco o fume que rubía direito e que

parecía o incenso que entonces botaba a Dios a prácida Natureza.

Todo asinalaba amor e tranquilidá; todo invitaba a que a humanidade

contemprase entonces a man misteirosa de Dios. ¡Estranos contrastes!

¡Sempre a Natureza indica o ruvés do que o noso corazón sinte!

Neste panorama nouturnio soo faltaba un anxeliño pra que tivese

semellanza con ises sitios que os poetas soñan. Si olleamos o curral da

casa do señor Mingos, podremos ver ise ánxel, pois non parece outra

cousa a fidalga Rosiña, que está baixo as parras esperando por Manuel.

A cofia branca e o refaixiño amarelo, que branco parece tamén pola

noite, dálle a parecencia dunha fada encantada, dun ser baixado do ceo.

Direitiña como un esteo, e queda como unha virxe de mármore, está

Rosiña olleando o camiño por onde supón que debe vir o seu noivo.

Soo se sinten os latexos do seu corazón, que lle fai erguer o

levantado e ben feituquiño seo, e de ves en cando ceiba un longo suspiro

de impacencia.

103

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!