15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

conocela; morrería eu tranquilo si nas agonías sentira os seus lábeos

na miña testa; si ouvira as súas palabras de amor naiciño. Un fillo sin

nai é un ser desgraciado que en medio das máis tolas alegrías sempre

sinte a lima roedora das esperanzas, desa nostalxia do aleixamento da

dicha. Un fillo sin nai vive como un desterrado do paradiso, como

unha frol que, nacida nunha cova, busca decote a lus do sol, morrendo

por fin muscha e páleda antes de tempo.

Marica tiña os ollos enchidos de bágoas ó sentir o rapás.

—Si señora, —sigueu decindo Manuel— este peito foi sempre

unha hucha de fondos doores, de esperanzas sin hourizonte. Non chegaba

tal martirio, e Dios doume outro que acabou de encher a cunca

das amarguras. Namoreime de Rosiña e xa vosté sabe que amores tan

disgraciados se van volvendo.

—Pacencia, Manuel; eu tamen sufrín moito neste mundo, e

siguirei sufrindo; o meu peito ainda é un laberinto de door que ninguén

pode adiviñar; e con todo, teño esperanza.

—E verdá; ¡a esperanza é a medicina que se aprica ás almas tísecas

que non atopan romedio!...

—Si; pro ti, eu canto a Rosiña, non debes perdela. Dálle o consello

de que volva prá súa casa. Cando vexa Mingos que nada pode

sacar da sobriña, abandonará os prollectos de casamento.

—Dios a escoite, señora.

—Dios escoita sempre as almas magoadas.

—Esta noite quixera falar con Rosiña, e ó mesmo tempo daríalle

o seu consello.

—Non te atente o diaño de saír ó sereo estando desa maneira.

—Non teña coidado; xa estou forte.

—Parécecho a ti. O sol está queimando, meu fillo; volve prá

casiña e déitate, que che fai falla.

—Está ben. Dios vaia con vosté.

—El te garde Manueliño.

E cada cal colleu para a súa casa.

102

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!