15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

—Nada; déixame solo.

—Vosté está malo.

—Que me deixes, repito ¡Ese Manuel vai a ser a miña morte!.

¡Sempre ese penedo!

E dúas bágoas brilaron nas súas meixelas.

Aquel penedo era o terco xués que acusaba os seus crimes pasados.

X

Manuel foi mellorando pouco a pouco da súa enfermedá, e ós oito

días de gardar cama xa o médeco lle dixo que podía erguerse. Así o fixo

e saleu a dar unha volta polo quinteiro, onde atopou con Marica a muller

de Mingos. Esta parouse ó ver a Manuel e entabrou parola con el.

—Seino todo —díxolle— e escuso decirche que me tes do teu

lado. O úneco que sinto é que nada podo facer co meu home.

—Dios lle pague, señora, as súas boas intenciós.

—Fago o que debo. Chégate, meu fillo; ¿que tal tes a ferida

—Xa vai indo curada.

—¿Déixasma mirar

—Con moito gusto.

Marica sacoulle o pano que ataba a ferida e chegouse astra tocar

cos labres a testa do rapaz, quen se estremeceu, pois parecíalle ver na

mirada daquela muller algo extraordinario; non esas chispas de amor

mundán, sinón esa pasión tenra que solo sinten as nais, eses ánxeles baixados

ó mundo pra facernos adiviñar a esistencia dun ceo de praceres.

Manuel sinteu espertar no peito as vaguedás de ter cos e non parolabres

doores, e apretou entre os brazos aquela muller cariñosa, decindo:

—Señora Marica, ¡si soupera canto sufro!

—Adivíñoo, meu fillo.

—¡Ai! ¡Non me chame así! Eu non conocin á miña nai, e eses

verbes fírenme o corazón. Non tuven nunca o pracer de apreixar nos

meus brazos a muller que me dou o ser: dera o mundo enteiro por

101

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!