15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

beu a fidalga nena non é para escribilo; e foi tal o door que sinteu que as

bágoas negáronse de rubir por primeira ves ós seus feiticeiros ollos.

Non é, de verdá, o pranto a espresión máis sinxela das mágoas;

hai outro pranto máis dooroso que, caendo cal promo fervente no

corazón, non podemos sufrilo, e pouco a pouco volve en cinzas as ilusiós

da ialma; cinzas que matan cando o furacán dos anos as aventa.

Ese pranto, é a melanconía, esa eterna nostalxia que non deixa acougar

as almas sensibres.

Deixemos a Rosa, presa dos máis fondos doores, e escoitemos a

parola que sosteñen o señor Mingos co seu sobriño Alixandre, que

acaba de entrar no sobrado.

—¡Que hai, Alixandre; que se di de novo; —preguntoulle o tío.

—Si vosté non conta nada...

—Dicen por aí que Manuel foi malferido.

—Si señor; pro o lobo non come tantas ovellas como se di...

Entón contou a seu tío o sucedido pola noite.

—Ben feito, Alixandre; ese home empéñase en rirse de min,

dixo o señor Mingos cando acababa o seu sobriño de contar o sucedido,

—e alégrome que alcontre con quen lle zurre a badana. Pola miña

parte, dígoche que si sigue sendo tan terco e se emperrencha en vir a

falar ca miña sobriña contra vento e mareira, fago nel un escarmento.

¡Pois non faltaba máis, carafio!

—Deixe, meu tío; ontes colleu pra peras, e non terá máis ganas

de leria.

—Fólgome deso.

—Veña a ver o sitio onde tiven a loita, —dixo o rapás despois

dunha pequena pausa amostrando co dedo os penedos de Corbeiroa

que se vían dende a ventana que daba ó nordeste.

Mingos ergueuse e olleou o sitio que lle asinalaban.

—¡Será posibre! —excramou con fala de agonizante— ¡O mesmo

sitio! ¡Meu fillo!...

—¿Que ten meu tío —dixo Alixandre ó ver tal descomposto

carís.

100

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!