09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

febreiro 2015 novas da bisbarra 9

Piden que o

Consorcio

subvencione

o illamento

das vivendas

da Cidade

histórica

O BNG pensa que

pode resolver o

conflito sobre a

programación de

música ao vivo

O portavoz do grupo municipal

nacionalista, Rubén Cela,

expuxo en rolda de prensa unha

proposta que o BNG trasladará

ao Consorcio da Cidade para

que subvencione nun 90% a

substitución de ventás na Cidade

histórica co fin de contribuír ao

illamento sonoro e térmico que

contribúa a minimizar o ruído.

Rubén Cela demandoulle ao

grupo de Goberno de Santiago

que teña unha “actitude moito

máis proactiva na busca dunha

solución ao conflito existente

no marco da programación de

música ao vivo en Santiago de

Compostela”. Nos últimos meses

o BNG reuniuse con veciños

particulares, co asociacionismo

veciñal da Cidade histórica, con

representantes da industria cultural

e dos músicos de Santiago

e tamén do tecido da hostalería

nocturna. “Do resultado desas

conversas, reafirmámonos en

que o Concello de Santiago ten

que arbitrar unha saída razoábel

a este conflito que permita compaxinar

o dereito da veciñanza

a poder descansar cunha programación

cultural que inclúa

música ao vivo á altura dunha

cidade coas características de

Compostela”, dixo.

Fontes: BNG Compostela, Lindeiros.

Denuncian o abandono do

barrio da Almáciga

O Psoe esixe que se respecte o proxecto

Urbana Norte

O voceiro do grupo municipal

socialista, Paco Reyes, visitou as

inmediacións do parque da Almáciga

xunto a representantes

veciñais do barrio, que lamentan

que o goberno de Agustín Hernández

estea a facer cambios

no proxecto Urbana Norte para

este barrio sen contar con eles.

O voceiro socialista denunciou

que o goberno do PP “desnaturalice”

o proxecto, incumprindo

o anteproxecto que tiña o visto

e prace dos veciños e non explique

“a onde vai o investimento

que ía ter este barrio”. Puxo

como exemplo a desaparición

do corredor que estaba deseñado

“para non ter que atravesar

o centro sociocultural cada vez

que alguén queira acceder ás

hortas urbanas”. “O barrio está

abandonado polo Concello,

hai dous días puxeron luz no

parque despois de tres meses a

escuras”, explicou Paco Reyes.

O presidente da asociación de

veciños da Almáciga, Santiago

Martínez, dixo “non entender”

como estaba a quedar o parque

e a zona do que serán hortas

urbanas, “cun terraplén perigoso”.

“Hai unhas escaleiras que

non chegan a ningún lado, na

rúa Vagalume está todo levantado

desde hai tempo e o parque

tamén, as árbores sen podar...

Na rúa Escultor Asorey “hai

problemas para acceder a algúns

garaxes”, elimináronse as

escaleiras da igrexa... Tamén

considera “inaceptable” que se

dividan as rúas que entran no

proxecto de xeito que unhas levan

asfalto e outras formigón e

reclama que se repoñan as barandas

en Escultor Asorey, para

subir e baixar por mor do desnivel

da costa. “O que pedimos

é que antes de facer as cousas

falen connosco, estamos abandonados”,

incidiu Martínez,

“porque esta non é a maneira de

proceder dun Concello”.

Fontes: Psoe Santiago, Lindeiros.

Denuncian a falta de

información sobre a

Carreira do Conde

Esquerda Unida di que a xestión é

incompetente

EU Compostela critica duramente

a xestión do concello

nas obras da Carreira do Conde;

considera inadmisible a falta de

información de cara os veciños

que teñen dereito a coñecer con

anticipación que reformas se farán

no seu barrio.

EU pon como exemplo que

para eles primeiro teríase que

facer un plan de mobilidade

para o ensanche antes de peatonalizar

unha rúa e se preguntan

quen tomou a decisión e con

quen consultou. A crítica ven

tamén pola parte económica xa

que esquerda Unida considera

que os 600.000 euros que custará

a reforma deberían empregarse

en outras moitas obras que

son necesarias por seguridade e

non por estética.

Fonte:s Esquerda unida Santiago,

Lindeiros.

Aprobado o Plan especial

do Parque Arqueolóxico

do Castelo da Rocha

Ten como obxectivo a recuperación e posta

en valor dos restos do castelo

A Corporación municipal

aprobou definitivamente e por

unanimidade o plan especial de

protección e acondicionamento

do parque arqueolóxico da Rocha

(PE-7R). Este documento,

formulado polo Consorcio de

Santiago, ten como obxectivo

a recuperación e posta en valor

dos restos do castelo e dos elementos

asociados, coa creación

dun parque arqueolóxico no que

se permita a observación, análise

e estudo dos devanditos bens

culturais.

Contémplase un programa

a seguir que inclúe a organización

de accesos, as áreas de

recepción e a organización e

integración de áreas estanciais.

Así, na área cualificada como

dotacional permitirase a edificación

nunha ocupación igual ao

10% da superficie e unha altura

máxima de baixo e unha planta,

respectando o sistema de muros

perimetrais existente.

Este plan especial propón a

ampliación do ámbito delimitado

polo Plan Xeral de Ordenación

Municipal (PXOM),

incorporando os terreos situados

na marxe norte do regato

do Vilar, no tramo comprendido

entre a vía férrea e a desembocadura

do río Sar, co obxectivo

de salvar o noiro existente e

crear unha senda paralela ao regato,

sen afectar aos restos da

canle do muíño, ás terrazas e

ao arborado existente. Tamén se

incorporan os terreos situados

na marxe leste do río Sar, co fin

de recuperar o trazado do antigo

camiño de Escorredía, que se

estima máis idóneo que o fixado

polo PXOM para garantir a accesibilidade

peonil ao parque e

a súa conexión co Camiño Portugués

e co castriño de Conxo.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Preguntoiro, 19 - SANTIAGO

Praza da Pescadería Vella, 3 - SANTIAGO

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!