09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8

Ordes arranxa o centro da vila

A rúa do Recreo e a do Parque Municipal foron melloradas

Son dúas das principais rúas

do centro de Ordes e no mes de

xaneiro recibiron melloras de

distinto tipo. No caso da rúa do

Recreo trátase do segundo tramo

dos arranxos da rede de saneamento,

a intervención afecta

a uns 50 metros na zona pola

que pasa a ponte que cruza o

río Mercurín e trátase de obras

de canalización de saneamento

e pluviais que evitarán as filtracións

e inundacións nas vivendas

e baixos da zona; a inversión

realizada chega os 43.000 euros.

No caso da rúa do Parque

Municipal o investimento e

de 50.000 euros pertencentes

o plan DTC93 da Deputación

da Coruña e a previsión, si as

condicións metereolóxicas o

permiten, e que as obras estean

rematadas o longo do presente

mes. Repoñeranse 40 metros

lineais de beirarrúas con bordo

de granito e baldosa de formigón,

tras a demolición previa

da existente na actualidade; se

canalizarán pouco máis de 65

metros de tubaxe cos correspondentes

pozos e sumidoiros

para a recollida de pluviais para

a continuación mellorar a capa

de rodaxe mediante a aplicación

de conglomerado ao longo

de tres treitos cunha lonxitude

aproximada de 100 metros. A

maiores de estas intervencións

tamén se levará a cabo a instalación

dunha marquesiña con

reposición da cimentación, estrutura

e acristalamento destinada

ao servizo de taxis.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

A deputación da Coruña aportará

algo máis de 90.000 euros

para o arranxo e mantemento

de pistas e camiños interiores no

concello de Brión.

Segundo o alcalde, trátase de

camiños moi utilizados polos

veciños e veciñas que cos temporais

do ano pasado e sumando

este segundo inverno estaban en

un estado deficiente para a circulación.

Con esta renovación,

asumida en solitario pola Deputación,

facilitarase o acceso ao

Lindeiros

A Deputación coruñesa

financiará o arranxo

de camiños e pistas no

concello de Brión

José Luís García e Diego Calvo firmaron

un convenio no mes de xaneiro

tráfico rodado e garantirá un bo

estado dos viarios uns seis anos

máis. Nas pistas de Chave de

Ponte, A Telleira, Guisande, Pérros,

Lamiño e Vioxo de Abaixo

vaise realizar un tratamento superficial,

mentres que no camiño

de entrada á aldea de Gándara

(Bastavales) se prevé nivelar o terreo

e pavimentar con triplo rego

asfáltico.

Fontes: Deputación da Coruña,

Lindeiros

Denuncian que a piscina de Padrón non se pode usar

O concello anunciou a apertura pero o Psoe

di que non está en condicións de abrir

Melloras na rúa Parque Municipal de Ordes. Foto: concello de Ordes

O mes pasado o concello de

Padrón anunciaba a adxudicación

a empresa Aquacenit Ocio

y Deportes S.L. da xestión da

piscina municipal e que a abriría

o día dous de este mes de

febreiro; posteriormente explicaba

que a empresa non se presentara

a firmar o contrato e que

polo tanto non sería posible a

apertura.

O Psoe denuncia agora o estado

no que se encontran as

instalacións; o portavoz socialista,

Camilo Forján, visitou recentemente

o lugar atopándose

con obras sen rematar, paneis

do teito sen colocar, escombros,

duchas e baños inutilizables

etc. O Psoe acusa o goberno de

Antonio Fernández Angueira

de mentir xa que con empresa

adxudicataria ou sen ela a piscina

non está en condicións de ser

usada.

Os socialistas esixen saber

cando se rematarán as obras

para poder abrir a instalación

e que sucederá cos 11 traballadores

que se atopan a dia de

hoxe en unha situación moi

complicada, o pechar a instalación

quedaron no paro e están

a espera de poder ser subrrogados

pola nova concesionaria do

servizo.

Fontes: Psoe Padrón, Lindeiros.

Camilo Forján revisando o estado das instalacións. Foto. Psoe Padrón

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!