09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

febreiro 2015 novas da bisbarra 7

Licítase o punto limpo de Frades e Mesía

O prazo de execución é de catro meses

A Consellería de Medio, Territorio

e Infraestruturas sacou

a licitado a construción o Punto

Limpo que dará servizo a Frade

e Mesía, dous concellos que

por separado non xustificaban

a construción da infraestructura;

o investimento superará os

260.000 euros e unha vez posto

en marcha a súa xestión correrá

a cargo dos concellos.

O punto limpo estará situado

no lugar de Abeceira, na parroquia

de Céltigos, pertencente

a Frades pero moi próximo ao

limite con Mesía polo que facilitará

o acceso dos veciños de

ambos municipios.

O recinto contará cos habituais

colectores para papel, téxtil,

disolventes, vidro ou pezas

eléctricas e electrónicas pero

ademais terá un recinto pechado

para os plásticos agrícolas, algo

de especial importancia nunha

zona con gran actividade agrícola

e gandeira.

A Consellería foi a encargada

de elaborar o proxecto que agora

se licita e unha vez terminada

a obra, a instalación será cedida

aos concellos.

Fontes: concello de Frades,

Consellería de Medio Ambente,

Lindeiros, Lindeiros.

Lugar donde se instalará o punto limpo. Foto: concello de Frades

A Xunta traballa nos

carrís bicis e sendas

peonís da comarca

Comezou a redacción dos proxectos para a

posta en marcha de estas vías

O obxetivo do contrato licitado

en xaneiro e analizar o estado

das sendas peonís e ciclistas na

bisbarra de Compostela e as posibles

rutas de este tipo a crear, o

fin último é o impulso de medios

de transporte e viais alternativos.

A área de estudio centrarase

na comarca de Santiago, formada

polos seguintes concellos:

Ames, Boqueixón, Brión,

Santiago de Compostela, Teo,

Val do Dubra e Vedra, polo que

o contratos licitado no día de

hoxe suporá un beneficio para os

máis de 500.000 habitantes desta

comarca.

Mediante o estudo analizarse

a situación actual en relación ás

sendas peonís e/ou ciclistas na

rede de estradas autonómica, e

se proporán actuacións concretas

para favorecer unha mobilidade

urbana e interurbana mais

sostibles; de xeito especial, analizarase

a execución de sendas que

permitan unha conexión urbana

– rural para evitar a utilización

do vehículo privado de curto e

medio percorrido.

O estudo inicial de identificación

de sendas centrarase en

relacionar os focos de atracción

de peóns e/ou ciclistas (incluíndo

focos de tipo comercial,

sanitario, relixioso, deportivo,

lúdico, industrial, residencial,…)

cos puntos de orixe

mais habituais; a continuación,

deduciranse as rutas peonís e/

ou ciclistas que os deberían de

unir, identificando aquelas xa

existentes, as xa planificadas,

e outras onde podería ser necesario

executar algún tipo de

senda.

O tempo para o estudo e a redacción

do proxecto e de doce

meses e ten un orzamento destinado

de 100.000 €, o estudo

finalizado servirá para definir

aplicación de 28 millóns de euros

dos fondos europeos que o

presuposto comunitario 2014-

2020 destina ao fomento da

mobilidade sostible en Galicia.

Fontes: Xunta de Galicia, Lindeiros.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!