09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4 novas da bisbarra

A nova potabilizadora de Ames e Brión

podería funcionar antes do verán

A conselleira de Medioambente visitou as instalacións xunto cos

alcaldes de ambos concellos

A Conselleira Ethel Vázquez

visitou as obras da estación de

tratamento de auga potable que

completa o novo sistema de abastecemento

dos concellos de Ames

e Brión xunto cos rexedores Santiago

Amor e José Luís García.

As obras da nova instalación

supoñen un investimento de máis

de oito millóns de euros financiados

nun 80% pola Consellería e o

20% restante polos concellos; con

esta infraestrutura Ames e Brión

disporán por primeira vez dun

sistema de abastecemento propio

desde o río Tambre sen depender

doutras traídas, dando servizo a

42.000 habitantes. A nova ETAP

está situada preto da aldea de

Ponte Maceira e terá unha capacidade

de 175 litros por segundo;

o proxecto inclúe 12 quilómetros

de tubaxe, xa instalados na súa

totalidade, así como un deposito

de regulación e de cabeceira

de 10.000 metros cúbicos que se

conectará por gravidade e subministrará

auga cara os depósitos xa

existentes nos municipios; a nova

potabilizadora podería entrar en

funcionamento antes do verán segundo

as palabras da Conselleira.

No encontro falouse tamén da

ampliación da depuradora de Sisalde

na que se investirán máis

de 6 millóns de euros con fin de

duplicar a súa capacidade, un

proxecto que se atopa en fase de

redacción.

Fontes: Xunta de Galicia, concello de

Ames, Lindeiros

Lindeiros

A conselleira cos alcaldes na visita das instalacións. Foto: concello de Ames

Teo remata o asfaltado

da pista de Penelas

Está na parroquia de Cacheiras e era unha

constante reclamación dos veciños

A pista de Penelas foi tradicionalmente

a que o unía o lugar

cos de Raxó e Cacheiras, coa

construción da autovía fíxose

necesaria unha ponte que a xunta

comprometeuse a facer no 2007

pero para elo teríase que cambiar

a denominación de pista forestal

que aparece no PXOM e o concello

tería que asfaltala; o tema da

denominación quedou arranxado

xa que se tratou dun erro técnico

pero seguía pendente o asfaltado

que agora ven de rematarse.

O asfaltado de esta pista permitiu

a colocación dunha base

para a colocación de dous colectores

de recollida selectiva, un

verde e outro amarelo, xa que ata

agora o camión que os baleira

non podía acceder a zona.

Este tramo de pista de 600 metros

ven a completar o arranxado

hai dous anos de 700 metros, ambas

melloras fixéronse con rego

asfáltico e o custo dos asfaltados

supuxo para o concello 36.000 €.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Ültimo tramo da pista de Penelas. Foto: concello de Teo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!