09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

febreiro 2015 novas da bisbarra 3

O proxecto do polígono arruina

ao concello de O Pino

A xustiza ratifica sen posibilidade de recurso que é responsable e

ten que pagar as expropiacións con intereses de demora

O proxecto de polígono arruína

ao concello do Pino

A xustiza ratifica sen posibilidade

de recurso que é responsable

e ten que pagar as

expropiacións

O proceso para a construción

do polígono industrial do Pino

é un dos mellores exemplos de

falta de xestión por parte dunha

administración local; o concello

púxose desde o primeiro momento

de costas aos propietarios

dos terreos, por cuxos intereses

debía velar, e a xustiza fallou

agora a favor deles.

Aínda que son varios os procesos

xudiciais que se seguiron,

e séguense, relacionados co

conflito do Pino neste caso trátase

do pago das expropiacións

dos terreos; os técnicos municipais

asignaron un prezo de 6

euros metro cadrado, moi lonxe

da realidade do momento, e os

propietarios acudiron ao Xurado

de expropiación de Galicia

que acabou por fixar unha cantidade

de 18 euros por m2, o

triplo ; é a diferenza entre ambas

cantidades a que agora ten

que pagar o concello, preto de

2.000.000 de euros que, para un

municipio cun orzamento anual

de 2,8 millóns, supón na práctica

a bancarrota inmediata; en

xaneiro terminou o prazo para o

pago e os propietarios reclamaron

xa a execución da sentenza.

Pero o proceso deixa claras

ademais cuestións importantes

para calquera concello e

para calquera veciño. O Pino

reclamou a nulidade do proceso

xudicial aducindo que a responsable

do pago era Martinsa

Fadesa, en concurso de acredores,

e a sentenza tira por terra

esta argumentación ; explica

en primeiro lugar que o diñeiro

da expropiación é o que garante

que se leve a cabo, que unha administración

non pode facerse

cuns bens sen unha contrapartida

e que esa contrapartida se

debe entregar antes de facer uso

dos bens expropiados xa que

pola contra situaríase o proceso

fóra da legalidade e da constitución;

a continuación o documento

di “a administración non

é allea ao procedemento expropiatorio

polo feito de existir un

beneficiario da expropiación,

moi ao contrario segue sendo

titular da potestade expropiatoria,

conserva o control do procedemento

e das decisións máis

relevantes que no mesmo han

de producirse e de ningún xeito

pode desentenderse do cumprimento

do orzamento” , co que

insiste en que unha administración

debe de velar polos intereses

dos seus administrados.

O día 15 o alcalde de o Pino,

Manuel Taboada, e o arquitecto

Pablo Martín Fernández,

terán que declarar novamente

nun proceso impulsado desde a

asociación Manos Limpas polas

valoracións do chan en todo

o proceso; ao pouco tempo de

fixar en 6 € m2 a expropiación

fixábana en máis de 100 € m2

cando os terreos considerábanse

xa propiedade de Martinsa Fadesa;

tratase do arquitecto que

foi contratado para as primeiras

valoracións e que acabou por ser

o arquitecto municiapl. A pesar

de todo o contado o pasado día

31 o partido Popular ratificaba

a Manuel Taboada como candidato

á alcaldía nas próximas

municipais, inexplicable cando

ao longo destes anos os propietarios

fixéronlle chegar ao presidente

da Xunta, Alberto Núñez

Feijoo, toda a documentación e

as súas reclamacións; mentres

que outro alcaldes do Partido

Popular na comarca doron pouco

a pouco substiutidos, Padrón,

Teo ou Ames, o de O Pino segue

ahí pese a arruinar o concello.

En maio os veciños terán a

posibilidade de decidir que tipo

de rexidor prefiren.

Fonte: Lindeiros

Queixas polo trato

recibido nas

urxencias do CHUS

Unha veciña de Ames esperou 6 horas

por unha ambulancia

Isabel é unha veciña de

Ames que presentou distintas

queixas ante o SERGAS polo

mal funcionamento do servizo

de urxencias do CHUS; a

súa nai ten 90 anos e o trato

recibido puido complicar todo

aquilo que se acababa de controlar

collendo unha pulmonía

ou tendo un accidente ó subir

a casa.

A primeira queixa data do

día 2 xaneiro; tras acudir a urxencias

a doutora da o alta e

Isabel solicita que se lle axude

para poder cambiar a súa nai

de roupa ao que se lle indica

que “non hai persoal sanitario

suficiente” polo que a enferma

continúa co camisón sanitario

e unha simple manta; tras esperar

neste estado 5 minutos

na rúa, con tódolos riscos que

iso conleva para unha persoa

da súa idade, cando se chega

ao domicilio a ambulancia

non dispón de cadeira de rodas

polo que Isabel ha de subir a

casa e baixar unha cadeira de

cociña coa que se sobe á enferma

ao domicilio.

O 11 de xaneiro Isabel volve

pasar por urxencias coa

súa nai e tras o alta solicita de

novo unha ambulancia para

trasladar ao seu domicilio á

enferma; a ambulancia chegou

tras unha espera de seis

horas e media, as explicacións

que se lle deron a Isabel é

que “só hai unha ambulancia

para Santiago e os pobos

de ao redor” algo incrible se

Academia

Cursos

de iniciación

a partir del

1 de Febrero

Personal nativo

e-mail: academiahannover@gmail.com

www.academiaalemansantiagodecompostela.com

pensamos nun volume de poboación

de máis de 150.000

habitantes; a consecuencia

desa espera de 6.30 horas puido

ser unha nova infección da

súa nai pola gran cantidade

de persoas que nos cubículos

estaban con problemas respiratorios;

por se todo isto fose

pouco Isabel denuncia que

o asento do acompañante da

ambulancia tiña o cinto atrancado

e non o puido abrochar

en todo o traxecto.

En cuestións como a sanitaria

xeneralizar nunca é bo

pero este é un exemplo máis

do caos que viven algúns dos

servizos de urxencias e dos

recortes sanitarios; á marxe

das opinións persoais é evidente

que unha ambulancia,

para trasladar pacientes, para

unha poboación de máis de

150.000 habitantes directos e

por encima con problemas tan

serios como a falta dunha cadeira

de rodas ou un cinto de

seguridade defectuoso non é

algo opinable, son datos coñecidos

e denunciados que

nos fan pensar en cantos máis

haberá que descoñezamos.

Isabel lamentábase na nosa

conversa con ela do pouco

que se reclama en Galicia en

comparación co País Vasco

onde viviu ata fai pouco; o

mellor e o momento de mudar

de comportamentos.

Fonte: Lindeiros

Aprende alemán

fácilmente

C/ Santa Marta de Arriba, nº 18-bajo

15706 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 973 893

690 072 464

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!