09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

febreiro 2015 deportes 29

Premios

Santiago

Deporte 2014

Estes galardóns recoñecen

publicamente a persoas, entidades,

centros educativos e empresas

polo seu labor deportivo

no ano 2014 e serán entregados

na II Gala do Deporte de Santiago,

que se celebrará o martes 10

de febreiro, ás 20:30 horas, no

Auditorio de Galicia.

A patinadora artística Nadia

Iglesias foi designada como mellor

deportista feminina de 2014.

O premio ao mellor deportista

masculino recaeu

no atleta Pedro Nimo.

Para o xurado, a entidade

deportiva máis destacada

foi o Arteal Tenis de Mesa.

O galardón para o mellor

adestrador recaeu

en Santiago Valladares.

O premio ao mellor patrocinio

deportivo foi para Central de

Electrodomésticos del Noroeste

(Cenor).

Nesta gala tamén se recoñecerá

a mellor actividade

ou acción social,

realizada pola S.D. Compostela.

O IES Rosalía de Castro

recibiu o galardón á mellor

entidade educativa.

Finalmente, o premio honorífico

á traxectoria deportiva será

este ano para José Manuel Castelao,

fundador, xunto con Juan

José Ruibal e Santiago Caeiro,

do Club Baloncesto Cluny na

tempada 1975/76, equipo no

que permaneceu durante 39

anos como directivo, asumindo

diferentes responsabilidades.

Conta cunha longa traxectoria

persoal vinculada ao deporte de

Santiago.

XX Carreira Popular de Ordes o 1 de marzo

O prazo de inscrición permanecerá aberto

ata o 25 de febreiro

O vindeiro 1 de marzo o Concello

de Ordes celebrará unha

das súas citas deportivas máis

destacadas de todo o ano, a XX

Carreira Popular. Ata o 25 de

febreiro permanecerá aberto

no departamento de Cultura e

Deporte o prazo de inscrición.

Coma sempre haberá categorías

para xente de todas as idades

que queiran participar.

A organización ten previstos

premios en metálico de 150,

80 e 50 € para os tres primeiros

clasificados nas categorías

individuais, clubs federados,

grupos do municipio e outro de

150 para o centro académico do

municipio que achegue maior

número de corredores. Tamén

haberá trofeos para os tres primeiros

clasificados de cada categoría,

así como para os tres

primeiros homes e mulleres das

carreiras xuvenil, júnior, promesa,

sénior e veteranos. Ao podio

Duro primeiro partido das rapazas

do Santiago Rugby Club

que xogaron sobre a capa de

granizo que caeu antes do partido.

Aos poucos o adestrador

Fito camiña cara ao obxectivo

de consolidar unha sección feminina

que pode competir regularmente

como fan os mozos.

Os afeccionados que se achegaron

a darlles o seu apoio dirían

no terceiro tempo que se

notou que o pasaron en grande.

Así é como ten que ser.

tamén subirán os tres mellores

tempos rexistrados na proba absoluta

polos atletas censados no

municipio, así como os participantes

de maior e menor idade

que completen o percorrido.

Para o rexistro e a correcta

clasificación dos atletas participantes

empregarase o sistema

de cronometraxe da FGA e

Championchip. As bases desta

convocatoria xa se poden

consultar na web do Concello

(www.ordes.gal).

Un ano máis o Concello de

Ordes conta coa colaboración

de importantes firmas comerciais

da zona para a celebración

desta importante cita co atletismo

e o deporte. Entre elas destacan

Infantilandia, Cola Cao,

Carnicería Enrique, Seguros

Reale, asesoría Jaime Castro,

Pazo Bidueiro, Feiraco, Nocilla,

Gadis e Eurofrut, ademais de

Cruz Vermella Ordes.

1º partido do equipo feminino do Santiago Rugby Club

Enfrontouse en partido

amigable ao CD

Zalaeta

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!