09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

28 deportes

Ordes clausura o curso

federativo de monitor

de fútbol base

Regos e o vicepresidente da Federación

Galega de Fútbol foron os encargados de

entregar os diplomas

Manuel Regos, alcalde de

Ordes e presidente da Mancomunidade,

clausurou o curso de

monitor de fútbol base nivel 0

que se desenvolveu dende o pasado

mes de novembro. En total

ofertáronse 35 prazas con máis

65 horas de formación teórica e

práctica, que lles propicia a posibilidade

de expedir a licenza

federativa obrigatoria a partir da

vindeira tempada, e a validación

do bloque de prácticas do nivel

1 do curso federativo.

Regos manifestou a súa “disposición

para acoller novos

cursos deste tipo, ou calquera

iniciativa formativa no ámbito

do deporte”, ademais de felicitar

a Manuel Mosquera, director da

Escola Galega de Adestradores,

“polo gran traballo que está a

realizar”. Unhas palabras que tiveron

eco en boca de Mosquera,

que tamén sinalou as facilidades

e a boa sintonía que o ente que

preside mantén co Concello de

Ordes, “á hora de levar a cabo

iniciativas deste tipo”.

Este encontro foi o primeiro

ao que acudía o novo vicepresidente

da Federación Galega

de Fútbol, Juan Luís Villamisar.

Nel destacou a importancia que

ten a formación dos máis pequenos,

“xa que os monitores

van a extensión dos pais, e todo

o que lles poidan ensinar vai ser

vital na súa formación como

persoas”.

Lindeiros

O Millaraio campión galego de

campo a través por equipos

O logro lévaos a disputar o campionato de España no mes de marzo

O pasado domingo 26, disputouse

no circuíto de Cros de

Friol o Campionato Galego de

Campo a través por equipos,

onde o equipo cadete masculino

formado por Arturo Ramos,

Diego Alonso, Roberto Vieiro,

Hugo González e Pedro Sagastizabal

alzouse co título de

Campións Galegos por equipos

o que lles dá acceso a disputar,

por primeira vez na curta historia

do club, o Campionato de

España de campo a través por

equipos que se celebrará o 1 de

marzo en Cáceres.

Doutra banda o día anterior

na alameda de Santiago tivo

lugar a fase interprovincial escolar

de campo a través cunha

grandísima actuación do club,

logrando un total de 8 trofeos

por equipos (4 primeiros postos

e 4 segundos) conseguindo desa

forma clasificar a 8 equipos para

a fase provincial.

Se tes algo que

contar,

comunicar

denunciar

escríbe

contacto@

lindeiros.com

ou

chama ao tfno

634 747 956

COMPRO

ORO Y PLATA

Rosalía de Castro, 34

Local C - Milladoiro

Tfono: 981 533 636

Oroso acolleu un adestramento da

Selección Galega de fútbol gaélico

O equipo prepárase para o Mundial de Abu Dhabi que se celebra do 5 ao 8 de marzo

A Selección Galega de fútbol

gaélico adestrou na noite de onte

mércores no campo municipal

de fútbol de Sigüeiro (Oroso). Un

adestramento preparatorio do primeiro

Mundial desta modalidade

que se celebrará do 5 ao 8 de

marzo en Abu Dhabi.

O fútbol gaélico xógase en

equipos de 15 xogadores nunha

cancha de céspede rectangular

con porterías en forma de H a

ambos lados. O obxectivo principal

é anotar puntos pateando

ou golpeando o balón coas mans

e introducilo na portería rival. O

equipo con máis puntos ao final

do encontro gaña. Os xogadores

avanzan polo campo levando o

balón nas súas mans, pateándoo

e pasándoo entre compañeiros de

equipo.

O Concello de Oroso puxo a

disposición da Asociación Galega

de Fútbol Gaélico as instalacións

municipais de Sigüeiro para rea-

lizar este adestramento, no que

participaron un total de 30 xogadores

que se dedicaron a preparar

a que será a primeira participación

oficial dunha selección galega

nun Campionato do Mundo.

Na categoría masculina, Galicia

quedará encadrada no grupo

de Arxentina, África do sur e o

Golfo Pérsico e, a falta de confirmación,

tamén Italia, Francia

e India. Na categoría feminina

haberá un só grupo. A selección

nacional de fútbol gaélico xa ten

disputado encontros internacionais

contra Bretaña ou Irlanda,

berce deste deporte.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!