09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

febreiro 2015 deportes 27

Club de Patinaxe

Campus Estellae

Teté e Paula Otero Davila levan

case 20 anos dedicadas á

patinaxe; desde hai 5 anos teñen

o seu propio club, o Campus Stellae,

que ten máis de 100 patinadores

federados con idades que

van dos 3 aos 23 anos; compiten

na categoría de grupos show tanto

a nivel comarcal, como autonómico

ou mesmo nacional pero

ao falar con Teté ela pon sempre

por diante da competición o traballo

como equipo “o enfoque

do noso traballo non é chegar ás

clases, dar unas cantas nocións

e a adestrar, para nós esta é

unha disciplina case “de autor”;

cada detalle que poidas ver nos

patinadores, desde a roupa até a

maquillaxe, o uniforme do Club,

todo é supervisado e elaborado

coa máxima dedicación; da

mesma forma preocupámonos

de coidar aos patinadores, gústanos

a competición pero non é

o principal; queremos coñecer a

cada patinador individualmente

para poder darlle un trato acorde

ás súas necesidades e as súas

capacidades; isto levámolo a

cabo día a día tanto cos máis pequenos

como cos que levan máis

tempo connosco”.

Como en moitos dos clubs

que presentamos nestas páxinas

o Campus Stellae dá moita importancia

aos valores do deporte

e preocúpase de inculcalos nos

seus alumnos, algo necesario

sobre todo nos máis pequenos

“desde que son pequeniños tes

que facer as clases máis lúdicas,

non aguantan tanto e ademais

no grupo de iniciación conviven

o máis tímido co máis lanzado

e tes que saber como falar con

cada un deles; é nesas clases

onde tes que ensinar a disciplina,

o respecto polo compañeiro,

é algo que os forma para a vida

e iso é máis importante que si se

poden converter en figuras do

deporte”.

Teté empezou en patinaxe nas

escolas deportivas de Santiago

“comezamos cando eramos 10

os que o practicabamos, aos poucos

a cidade abriuse a máis deportes

que o fútbol e hoxe podes

facer ballet, ximnasia rítmica ou

patinaxe; este é un deporte moi

belo que cando o ves engánchache,

a boca funcionou estes anos

e por iso chegamos aquí, cada

ano melloramos máis, agora xa

patinamos en parqué que é algo

fundamental para competir e en

realidade non temos máis alumnos

porque o concello non nos

pode dar máis horas para adestrar;

entendemos que as instalacións

son as que son e hai que

compartilas cos outros deportistas

da cidade”.

O Campus Stellae xa sabe o

que é a competición a nivel nacional

e Teté explica o gran nivel

que hai “este deporte engancha

moito e alarga moito a vida do

patinador, cando a nivel individual

ben por idade ou por dispoñibilidade

persoal non pode

competir nesta disciplina se ten

oco, iso fai que o nivel da competición

a nivel nacional sexa

moi alto; en Cataluña por exemplo

está o mellor do mellor, cada

ano é unha suma e segue, velos,

aprender, seguir mellorando e

tenta chegar máis lonxe”.

Un deporte divertido e no que

aprender o valor do compañeirismo

e o traballo en equipo.

Pódese contactar co

Campus Stellae por correo

electrónico

campusstellaepatinaxe@

gmail.com

e por teléfono no

667692996

Fotos: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!