09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

febreiro 2015 pasará 25

Novas experiencias alternativas

na sala Zona C en Bonaval

As actuacións están dentro da programación do Bono de Teatro

Galego o que permite descontos por acudir a todas

Propostas que nos levan a

universos paralelos, a lugares

onde experimentar, a descubrir

novos mundos e o que o longo

de todo o mes poderase disfrutar

na Zona C, a sala alternativa

de Compostela despois do

obrigado peche da Nasa hai xa

uns anos. Estes son algúns dos

espectáculos.

FRAGMENTOS DO DES-

TERRO de nenoescuro 12 e 13

de febreiro ás 20.30h

Músico, artista sonoro e videocreador,

nenoescuro investiga no

lado sombra do son, na suspensión

da conciencia ordinaria a

través de abismos perceptivos,

integrando sons primarios, instrumentación

analóxica e síntese

electrónica nunha sonoridade de

estraña raíz e difícil localización

que se entrelaza con atmosferas

visuais conformando un ámbito

intermedial de exploración entre

o lírico e o narrativo.

SUPERMARKET de Esther

F. Carrodeguas

ButacaZero Do 19 ao 22 de

febreiro ás 20.30h (domingo ás

19.30h)

Por que brillan tanto as mazás

Que ten dentro o colacao É

mellor limpar con lixivia ou con

disiclín E sobre todo... van os

expresidentes do Goberno ao supermercado

Supermarket ofrece

ao espectador 59,99 minutos

de auténtico e orixinal “stand

up poetry” para partirse de risa.

Esther F. Carrodeguas comeza

xogando ás tendiñas con cartos

que son pedras para entrar máis

tarde nun hipermercado e construír

historias dentro dos iogures

que deixarán o público cun doce

sabor de boca.

1. WHO IS INSIDE THE

CAMERA de Roi F.F. estrea

absoluta

Do 25 ao 27 de febreiro ás

20.30h

1, 2, 3. Si Hello Santiago. I

am 1. Vouche contar a miña historia

–teño que facelo perfecto.

Son un estándar singular, bastardo

entre a norma e a excepción.

Ben, síntoo. Non era así. I’m so

sorry. –Entro en bucle. Teño que

ser eu mesmo. Son unha icona

única, ideal coma un algoritmo,

exacto coma unha máquina.

Gústame que me mires. Perdón,

quen está dentro da cámara

Think positive. Be yourself.

Feel the energy. Come on girls!

Are you ready for love! Moitas

grazas.

PSICÓPATA de Antón Coucheiro

/ Manuel Cortés

Do 4 ao 8 de marzo ás 20.30h

(domingo ás 19.30h)

Germán Serra é un verdadeiro

monstro. Coñecido coma

o “artista do cúter”, deixou un

regueiro de asasinatos e pezas

de arte con cadáveres que o fixeron

famoso. Despois de dez

anos en cadea, accedeu a realizar

unha serie de performances

organizadas por Institucións

Penitenciarias para reducir a súa

condena. Leva unha década sen

matar, pero hoxe pode ser diferente...

Suspense, interactuación

co público, vídeos, cancións,

humor gráfico, gore, playmobils,

dj, provocación, efectos especiais,

un pouco de terror e, sobre

todo, humor negro...

O Auditorio Abanca acolle

“De mutuo desacuerdo”

Trátase dunha comedia protagonizada por

Iñaki MIramón e Toni Acosta

Escrita por Fernando J. López

(autor de novelas como ‘La edad

de la ira’ (finalista do Premio

Nadal) e obras como ‘Cuando

fuimos dos’ (actualmente na

súa terceira tempada no Teatro

Infanta Isabel) ‘De mutuo desacuerdo’

é un relato das novas

familias do século XXI no que

non hai bos nin malos, tan só

dous personaxes que se equivocan

e que tentan emendar eses

erros do mellor modo posible.

Na obra abórdanse temas como

a parella, a paternidade e a familia

desde un punto de vista

que evita toda clase de discursos

morais ou simplificadores

e onde ambos os personaxes

posúen as súas propias razóns e

argumentos, de modo que sexa

o público quen busque con cal

deles desexa identificarse.

Cun reparto que conta cos

famosos actores Toni Acosta e

Iñaki Miramón, a obra aborda

desde o humor o problema da

identidade despois dunha ruptura:

quen somos: o ex que desexa

reconstruírse ou o pai ou a nai

que sabe que non pode esquecer

que o seu cónxuxe seguirá sendo

importante na vida do seu

fillo Tanto Sandra como Ignacio

fan nesta función unha viaxe

desde a rabia que os separa nos

primeiros meses cara a un intento

de aceptación, tanto de si

mesmos como da nova situación

en que se achan e da relación

que teñen e queren construír co

seu fillo.

O director é Quino Falero e

o texto orixinal de Fernando J.

López

A cita o venres 13 de febreiro

ás 20:30 da tarde.

VEN

A NEGREIRA

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!