09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

24 pasará

II Certame de canción

de autor en galego

O concello de Teo da de prazo ata o 29 de

marzo para o envío de maquetas

O pasado mes foi presentada

a segunda edición do Certame

de Canción de Autor en Galego

‘Concello de Teo’. Na dita

presentación compareceron a

concelleira de Cultura do Concello

de Teo, Carme Hermida,

o secretario xeral de Política

Lingüística, o delegado para

Santiago de Gadisa, Román

Roo, Valentín García, o director

artístico do evento, Xoán

Curiel e a gañadora da primeira

edición, Alba María.

Carme Hermida amosouse

orgullosa de poder celebrar

tanto a primeira e como esta

segunda edición do certame,

un proxecto que definiu como

“único” no panorama da música

en Galicia, xa que ningún

ten as características deste.

Un EP —xunto co deseño do

mesmo—, concertos e promoción

destes, así como un ano

de cota de socio/a de Músicos

ao Vivo son algún dos premios

que poderá recibir a persoa gañadora

desta segunda edición

do Certame de Canción de

Autor en Galego ‘Concello de

Teo’. Tamén haberá novidades

nos accésits da gala final, entre

outras. As bases poden consultarse

na web www.concellodeteo.com

Tal e como afirma Xoán Curiel,

tras o primeiro Certame

“houbo xente que tamén nos

demandou unha segunda edición.

Aí vemos que a creatividade

está viva e que hai xente

que está desexando amosar o

que fai”, remarcou o artista.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

O Museo Fundación Eugenio

Granell presentou a exposición

“Instinto animal” de Philip West,

que permanecerá aberta ata o 21

de xuño.

Con esta mostra, realizada

con obras dos fondos do Museo,

a Fundación Granell continúa

a súa actividade expositiva que

conmemora a celebración do seu

20 aniversario (1995-2015). Revisar

a obra de Philip West, supón

un exercicio de complicidade co

discurso vital do propio creador.

O relato sérvese nun corto período

de tempo, como unha película

corta na que o principal protagonista

é o artista camuflado, fundido

en animais, polos que non

sentía un especial aprecio.

Desta forma encontramos a

un creador que se autorepresenta

nunha conciliación obrigada co

medio, cunha necesidade imperante

de reforzarse, coma se fose

un animal que supera conflitos

internos e sobre todo físicos.

Nesta aparente perda de esperanza

o artista describe o seu propio

corpo, mostrándose como entomólogo

ou ornitólogo, nun xogo

de autosuxestión que ofrece o

pulo necesario para continuar.

Esta mostra afonda no máis

primixenio do creador, no instin-

Lindeiros

“Instinto Animal” de Philip West

na Fundación Granell

A mostra pódese visitar ata o 21 de xuño

to de supervivencia, na conversión

forzosa á que se ve sometido

pola súa propia vida. Philip cambia

a súa aparencia humana para

renacer nun acto poético, como

un ente fusionado co natural, valente

e atacante.

A auga e o sangue xogan no

lenzo, como unha sentencia, da

que só sobrevivirá o disfrace

que serviu como escudo, pero

que acaba como un resto de ter

existido.

James Hunter estará de novo na

Capitol o 14 de este mes

En abril do ano pasado dou un dos mellores concertos do ano na

sala Compostelá e volta coa mesma formación

James Hunter é un músico

branco con alma negra. Británico

de nacemento, domina á perfección

as claves do soul e R&B

de primeira escola norteamericana.

Pasou de ser o “apadriñado

de Van Morrison” a facerse

un oco dentro dos soulman actuais

máis respectados. Proba

diso son os seus 2 nomeamentos

aos Grammys e as súas xiras

xunto a nomes como Aretha

Franklin, Etta James, Sharon

Jones, Willie Nelson...

En 20 anos de carreira publi-

cou 4 discos pero conseguiu facerse

cun público fiel que valora

o seu estilo, un soul clásico no

concepto e unha forma única de

interpretalo en directo que converte

cada un dos seus concertos

algo único; en abril pasado

os afortunados que pasaron pola

Capitol descubriron a un gran

músico que volve para levarnos

unha vez máis aos mellores 50’.

James Hunter terá de teloneros

a unha das bandas revelación

do panorama nacional, The

Limboos son un grupo madrileño

que ven de publicar o seu

primeiro disco, unha grabación

na que combinan a perfección

o estilo New Orleans cos tintes

caribeños e latinos que se

puxeron de moda nos anos 40.

Roi, Daniela, Marcos e Sergio

din ser máis unha familia que

un grupo e serán o perfecto entrante

para o concerto de James

Hunter o 14 na Sala Capitol de

Compostela.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!