09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

22 pasou

Entregados os premios do

Santiago (é)tapas

Repartironse máis de 31.000 petiscos

Un ano máis o Santiago(é)Tapas

funcionou como un revulsivo

para a hostalaría compostelá

no mes de novembro cun total

de 69 establecementos participantes

e 111 tapas distintas, que

foron moi ben acollidas entre

uns clientes que destacaron a súa

calidade. Os premios foron entregados

nun acto celebrado no

Hostal dos Reis Católicos.

Listaxe de premiados

O Premio do xurado á Mellor

Tapa 2014 foi para A Tafona,

con Moengas, cogomelos

e Touza Vella, o premio está

dotado con 1.000 euros, un curso

de inglés orientado á hostalería

e un lote de produtos

gastronómicos.

O primeiro premio á Tapa

Creativa 2014 foi para Manso,

con Sopa Express, o premio

conta con 500 euros. O segundo

premio á Tapa Creativa 2014

recaeu no Caney by Siro González,

con Outono; que recibe 300

euros.

O primeiro premio á Tapa

Tradicional 2014 foi para O

Afiador, por Vaca3; o premio

conta con 500 euros. O segundo

premio á Tapa Tradicional

recaeu en La Bodeguilla de San

Roque, con Quiche de lacón con

grelos e queixo Arzúa-Ulloa,

merecente de 300 euros.

O xurado profesional do

Santiago(é)Tapas decidiu que

o gañador ao Premio Tapa

Estrella Galicia é A Moa, por

“Perrito quente” de lebre como

petisco que mellor marida coa

cervexa 1906 Black Coupage. O

galardón leva consigo 500 euros

en produtos de Hijos de Rivera

O Primeiro Premio Tapa do

Público ´14 foi para A Grella,

co seu petisco Brotes Verdes, o

galardón conta con 800 euros.

Pola súa parte, Susos e a súa

tapa Negro Lambón levaron o

Segundo Premio de Tapa do

Público ‘14 e 400 euros.

O Premio (é)XCELENTE

2014 recaeu en Venecia, que recibe

400 euros por ser o establecemento

mellor valorado polos

clientes como experiencia global

no concurso.

O Premio á Tapa con máis

Chispa, da man de Coca Cola

Iberian Partners, é para Artesana

con Unha cunca de viño.

Fontes: Hostalería de Santiago

Lindeiros

Son algo máis de 32.000 euros

os que a Deputación da Coruña

aportará os fondos da casa

de Rosalía de castro en Padrón

e que se destinarán a modernizar

os servizos de información

aos visitantes. O pasado

mes de xaneiro o presidente da

Deputación, Diego Calvo, e o

presidente da Fundación, Anxo

Angueira Viturro, firmaron o

acordo na casa de A Matanza

coa presenza dos alcaldes de

Padrón, Antonio Fernández

Angueira, e Rois, Ramón Tojo.

Cos cartos subvencionarase

a compra de material como

un novo proxecto de vídeo de

alta resolución para visionado

cenital, equipos de son, equipos

audiovisuais de edición de

contidos e mobles, rotulación

e vitrinas que servirán para a

montaxe dunha exposición sobre

a poetisa. Todas estas novidades

localizaranse na planta

baixa do edificio, a zona que

Lindeiros

A Deputación da Coruña colabora coa

Casa de Rosalía

A súa aportación destinarase a equipamento tecnolóxico

en peores condicións está o

museo, “Estamos encantados

de contribuír á mellora desta

Casa-Museo na que viviu

unha persoa fundamental na

historia de Galicia”, sinalou

o presidente da Deputación,

que se comprometeu a manter

colaboracións con este tipo de

obxectivos xa que “favorecen

a difusión da cultura entre todos

os veciños e veciñas da

provincia”.

A Deputación da Coruña

xa colaborou o ano pasado coa

Fundación Rosalía de Castro

coa cesión temporal de bens

pertencentes á institución provincial

e que agora poden ser

observados na Casa Museo de

Padrón. Entre estes obxectos

destaca un cadro de Modesto

Brocos e Gomes porque é o

único retrato feito en vida que

se conserva da poetisa galega;

trátase dun óleo sobre lenzo

que foi adquirido en 1997 pola

Deputación aos herdeiros de

Juan Naya Pérez. Tamén hai

outras cinco pinturas de Ovidio

Murguía, fillo da poetisa; catro

delas (Primavera, Verano, Otoño

e Inverno) conforman unha

serie sobre unha mesma paisaxe

en distintas estacións do

ano e a quinta titúlase Muller

lavando. Por último, a Deputación

tamén facilitou un tresillo

isabelino de caoba que se trasladou

dende o Pazo de Mariñán

á Casa da Matanza porque

pertencía á familia Murguía-

De Castro e que tamén é propiedade

da Deputación dende

1997.

Todos os bens, que están valorados

en 51.000 euros, foron

cedidos en depósito a través

dun convenio de colaboración.

Fontes: Deputación da Coruña

Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!