09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

febreiro 2015 pasou 21

Os cativos de Sigüeiro

aprenden de reciclaxe

150 alumnos do CEIP participaron nunha

xornada formativa

Arredor duns 150 nenos e

nenas, de terceiro a sexto de

Educación Primaria, do CEIP

de Sigüeiro participaron nunha

divertida xornada formativa

sobre importancia da reciclaxe.

Durante a charla, os pequenos

recibiron un xogo de mesa,

cunha dinámica moi semellante

ao xogo da Oca, protagonizado

por Troi, a mascota que o

Concello de Oroso está a utilizar

para achegar o mundo dos

tres erres aos nenos e nenas do

municipio.

Isto é así porque, como asegurou

o concelleiro de Ensino,

Antonio Leira, “queremos

que os nenos e nenas fagan de

profes cos seus pais, para insistirlles

na necesidade de facer

unha boa separación en orixe

pois iso será positivo tanto para

o noso medio ambiente como

para a economía de todos, pois

reducirase a factura do lixo”. O

Concello de Oroso editou un

total de 3.000 exemplares deste

xogo de Troi, co propósito que

chegue a todas as familias con

nenos do municipio.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Os contos do animalario en Ordes

Daboapipa presentou un espectáculo destinado os máis cativos

Novamente a biblioteca municipal

de Ordes converteuse en

punto de encontro e centro de

diversión para decenas de nenos,

nenas, pais e e nais grazas ás Tardes

de contos e lendas. Unha cita

na que se mesturaron a narración

oral de contos e historias ben divertidas

coa música e o baile. Os

encargados de facer todo isto posible

foron os integrantes do grupo

Daboapipa, que para a ocasión

ofreceron os seus ‘Contos de animalario’,

unha peza que segundo

a compañía é “Unha viaxe polos

montes, prados e camiños máis

verdes que puideramos ver, chea

de encontros cos animais máis

marabillosos: toupas choscas,

chivos enormes e ogros torpes,

pombas doces e dragóns atroces,

bechos estraños, cabalos azuis

e cantigas de fai anos e non tantos…”.

Daboapipa é unha compañía

de recente formación que

naceu no verán do 2013; está

formada por Santi Prieto, que estudou

solfexo, piano e harmonía

no Conservatorio de Santiago de

Compostela; e Vero Rilo que é

educadora na Rede de Escolas da

Galiña Azul e contadora.

As tardes de contos e lendas é

un programa da Biblioteca muicipal

de Ordes destinado os máis

pequenos e que serve para introducilos

no mundo da cultura, dos

espectáculos e dos libros con actividades

de distinto tipo.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

ENTROIDO FRADES 2015

CONCURSO DE DISFRACES

Domingo 15 de febreiro, 17:00 h.

Pavillón Municipal de Ponte Carreira

PARA PARTICIPAR, HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES

DO 13 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. O DÍA DO CONCURSO NON SE

INSCRIBIRÁ. OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H.

PREMIOS

Infantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 €

Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

(se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto)

Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 €

PREMIO ESPECIAL: ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades: 120

FESTA DE ANIMACIÓN CON XOGOS, INCHABLES,

OBRADOIROS E GRAN CHOCOLATADA

Organiza:

Tempo máximo

da actuación:

5 MINUTOS

Concello

de Frades

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!