09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

20 pasou

Lindeiros

O Consorcio traballa nos debuxos das monteas de Santa Clara

O traballo permitirá mostrar de xeito máis claro as marcas que usaban os canteiros

As monteas son debuxos ou

trazas a tamaño natural de elementos

arquitectónicos ou estruturais

realizados preto do seu

lugar de ubicación e que servían

de guía á hora de construílos; as

de Santa Clara, “de gran valor

histórico-artístico, documental

e patrimonial” segundo os técnicos,

considéranse de sumo

interese, pois parecen realizadas

polas cuadrillas de canteiros

encargados da construción

do último corpo da fachada da

portería do convento, así como

da talla do seu complexo aparato

decorativo a base de placados

xeométricos e outros elementos

como arcos e volutas. Todo, probablemente,

baixo a dirección

do famoso arquitecto compostelán

Simón Rodríguez, mestre

de obras do convento entre 1719

e 1724.

No proceso de musealización

habilitáronse en determinadas

zonas 18 caixóns disimulados

e con asas incrustadas para que

se poidan sacar e deixar á vista

as singulares marcas na pedra,

pero este uso reservarase exclusivamente

a investigadores e

especialistas. O público en xeral

poderá ver as monteas trazadas

sobre a madeira. A arquitecta

Idoia Camiruaga, encargada

do levantamento das monteas,

explica que se usou un verniz á

auga para que non borre as liñas,

ao tempo que destaca o labor

investigador dos historiadores

Taín e Calvo, xa que están a facer

un “magnífico traballo de

análise e contextualización” do

achado, segundo precisa a arquitecta.

Tamén está previsto facer

un levantamento da fachada

conventual en 3D.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Piden que se nomee filla

predilecta a Isabel Zendal

Gómez

Foi unha das persoas que entre 1803 e 1814

distribuíu a primeira vacina contra a viruela

O PSOE de Ordes propuxo

o nomeamento como filla predilecta

do Concello de Ordes a

título póstumo de Isabel Zendal

Gómez, veciña da parroquia

de Parada e que foi un dos piares

da expedición filantrópica

contra a viruela que entre 1803

e 1814 distribuíu polo mundo

a primeira vacina da historia

contra esta enfermidade. A proposta

que os socialistas levaron

á sesión plenaria de xaneiro no

foi apoiada polo BNG e o PP

polo que os socialistas buscarán

outras fórmulas para conseguilo

e homenaxear como se merece

a esta veciña da Grela, que foi

a única muller que participou

na Expedición Filantrópica do

doutor Balmis para distribuír de

xeito gratuíto a primeira vacina

contra a viruela por todo o mundo

e que está considerada como

a primeira enfermeira da historia

da saúde pública en México”.

Isabel Zendal Gómez (Para-

da 1773) era a rectora da Casa

de Expósitos da Coruña e o 30

de novembro de 1803 partiu

coa Expedición Filantrópica do

doutor Francisco Xavier Balmis

para facerse cargo dos 22 nenos

galegos que trasladaron nos

seus brazos a vacina da viruela

a América, así como dos 26 nenos

que viaxaron posteriormente

dende México a Filipinas.

Xesús Pedreira considera que

“no caso de Isabel Zendal concorren

de sobra todos os requisitos

esixidos no Regulamento de

Honras e Distincións do Concello

de Ordes para que se lle outorgue

o título de filla predilecta

a título póstumo”. Agora intentarán

que a proposta fágase desde

a alcaldía xa que esa fórmula

perimitiría axilizar o expediente

de nomeamento.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

Nace a Asociación Galega de

Albergues Privados

Constituíuse en Santiago e é a primeira destas características

Preto de 50 albergues privados

de Galicia, estiveron representados

na reunión que se ha

celebrou na sede da Confederación

de Empresarios de Galicia

(CEG), situada en Santiago de

Compostela, para promover a

creación da primeira Asociación

Galega de Albergues Privados.

A reunión serviu para

sentar as bases da entidade, que

terá como principais obxectivos

defender os intereses destes empresarios

fronte aos albergues

públicos, pavillóns, “pisos patera”

ou calquera competencia

desleal.

A Asociación pretende mellorar

a imaxe de marca destes

establecementos e reducir o esforzo

publicitario grazas á unión

de todos, así como brindarlles

a oportunidade de acceder a

posibles axudas económicas

de entidades públicas. Entre os

obxectivos atópase a creación

dunha plataforma que actúe

como central de reservas e unha

aplicación móbil que permita ao

peregrino seleccionar e reservar

o albergue no que desexe pasar

Os arquitectos trazando os debuxos das monteas. Foto: Consorcio de Santiago

a noite segundo o seu avance

no camiño. Os portavoces da

entidade esperan alcanzar o

centenar de albergues adheridos

tras o arranque da asociación,

xa que esta ofrecerá formación

continua a todos os propietarios

co fin de mellorar a experiencia

dos peregrinos, así como un gabinete

de defensa xurídica.

Ademais, está previsto contar

cun representante da asociación

en cada localidade, o que permitirá

trasladar ás administracións

locais as inquietudes dos empresarios,

así como a realización de

estudos que permitan coñecer a

percepción dos peregrinos para

que os albergues adheridos poidan

enfocar as súas melloras

nesta liña.

Segundo todos os asistentes é

indispensable unha asociación

que loite por estes obxectivos, e

está previsto que comece a funcionar

a pleno pulmón no mes

de marzo para poder recibir a

tempada 2015 que comeza a recibir

usuarios devandito mes.

Fontes: Asociación de Albergues

Privados de Galicia, Lindeiros

Un momento da reunión. Fonte Asociación de Albergues Privados

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!