09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

2

Editorial

Asembleas e democracia

Lindeiros

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Este mes tiven a oportunidade de asistir en 3 días consecutivos a 3 asembleas abertas, ese modelo de participación

cidadá que, a raíz do 15M e do ascenso de Podemos, está tan de moda. Foron tres organizacións

distintas e de todos os encontros tirei proveito, aínda que teño a sensación de que non é tampouco a solución

definitiva os nosos problemas de xestión.

As mellores noites de festa son sempre as que non estaban programadas, aquelas que xorden de forma espontánea

e coas asembleas sucede un pouco o mesmo; o 15M foi especial porque non existía, pese o que

pensan algúns, un impulsor claro e iso mesmo foi o que acabou con el, a falta de liderazgo. As asembleas

que mellor funcionan son aquelas que teñen detrás unha organización clara, un orden a seguir e un funcionamento

que non deixa moito espazo a improvisación: tempos medidos, capacidade para saber cando un debate

está esgotado e hai que votar e vontade xeral de asumir os resultados das votacións; pero todo isto soe ser

un escenario idílico que non se corresponde coa realidade aínda que teño que engadir que das 3 asembleas

das que falaba dúas de elas funcionaron así de ben.

Pero o problema de este tipo de democracia non acaba aí porque xa se fala duns gobernos municipais que

lle darán a cidadanía a posibilidade de decidir sobre o que se fai. Teño escoitado dicir que non todo o mundo

manexa internet ou o móbil como para andar votando cada día, como si o problema fora si se pode ou

non tomar decisións de cidade coas novas tecnoloxías; o problema para min está en que, a marxe do método

elixido para que os veciños poidan participar, e preciso decidir que cousas se poderán votar e cales non.

Temos que lembrar que estamos en Galicia e aquí ninguén me move o marco; ¿imaxina o lector unha votación

sobre por que rúa se empezan uns arranxos ¿ou si se debe sancionar ou non a os que saquen o can sen

correa é evidente que chegan tempos novos, moi distintos os que vivimos, despois do mes

de maio en moitos concellos e moi probable que cambien as cousas pero se nos esquecemos

da experiencia de todos estes anos no valerá de nada.

Toca participar en esas asembleas, toca acudir a elas pero dispostos a escoitar, e en moitas ocasións a escoitar

cousas que non nos gusten; toca respectar aos outros e chegar a acordos que sexan o mellor para todos,

incluso para os que non van as asembleas; toca en resumen recuperar o tempo perdido nos últimos 20 anos e

aprender dunha vez por todas o verdadeiro sentido da democracia.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!