09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

febreiro 2015 pasou 19

A Asociación de Empresarios do Polígono Novo Milladoiro

entregou os premios do concurso de fotografía

Victor Piñeiro foi o gañador do primeiro

premio

O pasado mes celebrouse a

gala de entrega dos premios

do concurso de fotografía organizado

pola Asociación de

Empresarios do Polígono Novo

Milladoiro, unha primeira edición

que recibiu 61 imaxes que

foron expostas na Casa da Cultura

do Milladoiro.

A intención do concurso segundo

a asociación é “achegarse

á visión da empresa

actual por medio da fotografía

e ofrecer unha maior difusión

comercial aos nosos negocios

locais” segundo explica Salomé

Blanco responsable de

prensa do Polígono; un espazo

empresarial que acolle na actualidade

a 190 firmas.

O primeiro premio foi para

Victor Piñeiro por unha imaxe

dun loft na que o xurado valorou

o tratamento da luz; Belén

Outón e Xaime Cortizo

obtiveron respectivamente o

segundo e tercer posto. O xurado

estivo composto por Xoan

A. Soler e Raquel Di Carvalho

que destacaron o bo nivel dos

participantes.

Fontes: AEPNM, Lindeiros

O cuarteto de Mijail Moriatov nun momento da gala. Foto Manel Pardo

O Mago Teto presentou o

espectáculo “O Afiador”

Unha combinación de maxia e tradición en

torno a pedra de afiar

O espectáculo de maxia “O

afiador” xira en torno a unha

roda de afiar dos anos 30 herdada

polo mago Teto dos seus

ancestros. Cun oficio que tivo

o seu apoxeo nos séculos XVIII

e XIX e practicamente extinguido

no século XXI, os afiadores

desprazábanse centos de

kilómetros coa única compaña

da súa roda; as súas historias e

aventuras, propias doutros tempos,

foron postas en escena

coa axuda do ilusionismo polo

mago Teto, quen emprega neste

show elementos típicos dos afia-

dores como poden ser coitelos,

tesoiras, navallas, paraugas…

sen esquecer, como é habitual

en estes espectáculos, a colaboración

do público.

Descubrir o que pasa pola

mente dun espectador, atravesar

a gorxa doutro cunha espada ou

mover os obxetos que cremos

nun sitio a outros onde nunca

estiveron, unha hora e media

de boa maxia e moitas risas que

conquistaron o Teatro Principal

de Compostela.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!