09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

18 pasou

Éxito do Festival de aninovo de Oroso

A Aula de Música reuniu a máis de 200 personas

Máis de douscentos veciños e

veciñas encheron o salón de actos

do centro cultural Fernando Casas

e Novoa de Sigüeiro durante

a terceira edición de Festival de

Aninovo da Aula de Música de

Oroso; un concerto no que participaron

máis de medio cento

de rapaces e rapazas, de idades

comprendidas entre os 8 e os 15

anos, que amosaron os grandes

avances acadados ao longo dos

últimos anos. A diferenza de

edicións anteriores, nesta ocasión

a música clásica chegou a

perder o seu protagonismo fronte

a cancións pop, bandas sonoras,

jazz e rock, o que sorprendeu aos

presentes e foi moi aplaudido; un

apoio que foi agradecido polo director

da Aula de Música de Oroso,

Juan Salgueiro.

O festival arrancou coa actuación

dos máis pequenos, os

nenos e nenas de Música e Movemento,

de idades comprendidas

entre os 4 e os 7 anos, que

interpretaron unha canción popular

instrumental cos seus violíns

e instrumentos de percusión;

a actuación máis aplaudida da

noite foi tamén a máis numerosa,

pois reuniu á orquestra e coro da

Aula de Música de Oroso, que interpretaron

tres pezas: “Sad Movie”,

“Bela e besta son” (da BSO

“A Bela e a besta”) e mesmo se

atreveron a cantar en francés

“Vois sur ton chemin” (da BSO

“Os chicos do coro”); o broche

de ouro e a actuación máis sorprendente

da noite foi a de “Os

Ghunmimákina´s”, un combo de

música moderna formado por

cinco mozos orosáns que comezaron

con “Work song” (Cannonbal

Adderley), sorprenderon

cun “Sweet home Chicago” (Robert

Johnson) e arrincaron unha

gran ovación co coñecido “7 nation

army” de The white stripes.

O concelleiro de Cultura, Antonio

Leira, foi o encargado de

dar a benvida aos máis de douscentos

veciños que ateigaban o

centro cultural de Oroso e destacou

especialmente o traballo

desempeñado ao longo dos últimos

anos pola Aula de Música

de Oroso, “onde conseguimos

un centro no que os nosos nenos

aprende e, sobre todo, disfrutan

coa música”.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Lindeiros

As festas da Peregrina de

Bertamiráns xa teñen

comisión de festas

Foi reciba o pasado mes de xaneiro polo

alcalde Santiago Amor

O alcalde de Ames, Santiago

Amor, recibiu na Casa Consistorial

aos novos membros

da comisión de festas da Virxe

da Peregrina; o seu presidente,

Andrés Núñez, acompañado do

vicepresidente, a secretaria e o

tesoureiro, solicitou ao rexedor

local a colaboración do Concello

na organización das festas

patronais de Bertamiráns.

Os actos celebraranse a segunda

fin de semana de agosto,

sábado 8 e o domingo 9, e

aínda que non teñen pechada a

programación, Núñez adianta

que actuarán dúas orquestras

cada día, haberá unha sesión

vermú, atraccións para os máis

pequenos e os tradicionais actos

relixiosos; previamente, no mes

de xuño, a comisión organizará

unha sardiñada popular para recadar

fondos.

As festas da Peregrina foron

organizadas no 2014 pola

Asociación de Comerciantes

de Bertamiráns despois de que

ningún veciño quixera facerse

cargo e impulsados polo equipo

de goberno municipal; a nova

comisión recoñece que “aínda

hai moito que facer e son tempos

difíciles para as familias

pero estas datas son festexadas

por todos os veciños e é importante

continuar celebrando a

festa da Peregrina”.

Fontes: concello de Ames Lindeiros.

Coro e orquesta da aula de música de Oroso. Foto: concello de Oroso

A Comisión de Festas da Peregrina co alcalde Santiago Amor. concello de Ames

Nace o Círculo Cultural Hispano Árabe

Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney, é membro fundador

O pasado día 15 de xaneiro

presentouse e asinouse na

sede da Casa Árabe en Madrid

a acta fundacional do Círculo

Cultural Hispano Árabe; trátase

dunha nova institución que

nace co obxectivo de ser o punto

de encontro entre cidadáns españois

e árabes do que Ghaleb

Jaber Ibrahim (Presidente da

Fundación Araguaney-Ponte

de Culturas) é membro fundador

xunto a María Vitoria Caro

Bernal (xestora cultural), Ghanem

Aldroubi Chaban Kabakibo

(médico oftalmólogo), Jesús

Antonio Núñez Villaverde (Codirector

do Instituto de Estudos

sobre Conflitos e Acción Humanitaria

IECAH, Abdel-Wahhab

Tounsi Mohd (editor da revista

Palestina Dixital).

Entre os socios honoríficos,

atópanse personaxes de recoñecido

prestixio como o profesor

Federico Mayor Zaragoza

ou o arabista Pedro Martínez

Montávez así como Carmen

Ruiz Bravo-Villasante, Pilar

Tormo Martín e Mahmud Sobh

Ao-Kurdi.

O proxecto bota a andar nuns

momentos complicados para

a imaxe do mundo árabe e dos

seus concidadáns e pretende ser

un eixo para o fomento cultural

de forma independente e autónoma.

As actividades que este

círculo desenvolverá serán diversas,

cubrindo todo o espectro

cultural: Literatura, Artes, Ciencias...

coñecementos que farán

posible crear un espazo común.

Premios ao xornalismo, á literatura

ou ás artes ademais de

festivais, conferencias e talleres

que terán lugar en varios puntos

da xeografía española.

Fontes: Fundación Araguaney,

Lindeiros

Membros fundadores do Círculo Hispano Árabe. Foto: Fundación Araguaney

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!