09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

14 antonte

Lindeiros

Colexiata de Santa María a

Maior e Real de Sar

Santiago ten a súa particular

torre inclinada de Pisa aínda

que está agochada no interior da

Colexiata de Sar, sorprende ver

como as columnas inclínanse

como se todo o conxunto fora

caer de un momento a outro,

pero a Colexiata ten moito máis

que ver e moito máis que contar.

Munio Alfonso, membro do

cabildo da Catedral, é proposto

como arcebispo de Mondoñedo

por Diego Xelmirez no

ano 1112; alí pasaría 22 anos e

volvería a Compostela coa intención

de fundar un pequeno

mosteiro rexido por unha comunidade

de monxes agostiños,

ese foi o xermolo do que hoxe é

a Colexiata. Munio morreu pero

deixou o encargo o seu amigo

Xelmirez que consegue que os 3

meses da morte, o 1 de setembro

do 1136, fírmese o diploma

fundacional, un documento que

aínda se conserva no museo do

templo; menos dun ano despois

en xullo de 1137 o rei Fernando

VII confirma o documento o

que converte o proxecto na primeira

comunidade agostiña de

Galicia.

Xelmirez e determinante nos

primeiros tempos xa que promove

a relación cos coengos

da Catedral e comprometese a

manter os privilexios dos que se

queiran trasladar a Sar. No ano

1140 o propio Xelmirez consagra

as capelas da cabeceira da

igrexa, os primeiros edificios en

rematarse de todo o conxunto;

unha construción fortemente

influenciada pola fábrica da Catedral

e polo estilo do Mestre

Mateo.

A Colexiata foi seguramente

rematada por completo nos

primeiro anos do século XIII;

a partir de ese momento o respaldo

da coroa mediante a concesión

de dotacións, exencións e

privilexios a comunidade agostiña

foi unha constante o longo

de toda a idade media; distintos

arcebispos de Santiago foron incorporando

os bens do mosteiro

pequenos cenobios rurais sobre

todo no século XIV, San Estebo

de Anós en Cabana, Santo

Tomé de Nemeño en Bergantiños

ou o máis próximo de San

Xoan da Coba na Ulla foron

exemplo de estas cesións.

No século XVI comeza o

declive do priorato que se converte

en esta etapa en colexiata,

por aquel entón o responsable

era Jacome Álvarez que segue

enterrado na igrexa. O último

prior que tivo Sar foi no século

XVIII; Pedro de Acuña e Malvar

loitou por unha certa recuperación

do poder e prestixio do

templo, home estudado chegou

a ser Dean da Catedral e ministro

de graza e xustiza do rei

Carlos V.

No século XIX a Colexiata

pasa de xeito definitivo a ser

unha parroquia da cidade e en

1895 o edificio e declarado Patrimonio

Nacional. Na actualidade

é unha das comunidades

mais activas de Compostela e

desde as administracións véñense

desenrolando distintas

tarefas de rehabilitación.

E rematamos no principio,

coas columnas inclinadas para

as que non hai unha clara explicación;

uns apuntan a un erro

na construción a a excesiva altura

das naves laterais, outros

creen que foi feito aposta e outros

falan dunha consecuencia

da inestabilidade do terreo que

o situarse o carón do río vese

inundado as veces; sexa como

sexa é unha construción para

contemplar con calma, unha

igrexa para disfrutar e que forma

parte da historia da cidade

tanto como a propia Catedral.

Fotos: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!