09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

febreiro 2015 empresa 13

Congelados Asturgal

Calidade na porta da casa

Desde fai moitos anos é común

ver chegar as aldeas os

peixeiros ou os panadeiros vendendo

a súa mercancía; Astur

Galaica recolleu esa idea e ampliouna

para repartir polas casas

do rural produtos conxelados,

unha venda a domicilio e por

encargo que cubre unha ampla

zona do centro de Galicia.

A empresa Congelados Astur

Galaicos chegou a Santiago hai

máis de 15 anos e o longo de

todo este tempo foi recollendo

unha clientela que creceu ano a

ano e que foi variando as necesidades

e os costumes. José María

é un dos responsables “faise

como toda a vida, as furgonetas

tocan a bucina e os veciños saen

a comprar, algunha xa di desde

a ventá que non, que queda

para a semana seguinte”. As

distintas furgonetas teñen 5 rutas,

unha por cada día da semana,

pero si alguén chama para

solicitar que o sirvan inclúese

o lugar “nos cada día abrimos

clientela nova, incluso algúns

indícannos que paremos nas

casa de algún familiar o veciño

que probou algo e tamén quere

comprar”. Unha vez rematadas

as festas de Nadal onde o marisco

e sen duda a estrela a hora

de vender, os condutores volven

os tres produtos máis demandados

“polbo, pescada e bacallau

son os tres estandartes nosos,

en Nadal o lagostino, cigala. boi,

vieira...”.

O lugar de venda é o rural

pero non so o máis agochado se

non ese outro que está as costas

das vilas “non ten porque ser o

rural agochado, tamén en zonas

rurais pegadas as vilas e as zonas

urbanas; creo incluso que

se vende máis porque nas vilas

os conxeladores das casas son

máis pequenos mentres que no

rural son máis grandes e cando

algo está bo e a bo prezo aproveitase

e compran máis cantidade,

as veces vendemos unha

caixa de polbo ou de pescada; si

un se fixa os grandes supermercados

como Gadis, ou grandes

cadeas como Gran Sol instalan

os seus negocios nas saídas das

cidades”.

En estes quince anos cambiou

moito o perfil do cliente e iso

obriga a cambiar os produtos e

as dinámicas de venda “cambiou

moito, tivemos que especializarnos

en produtos; antes a

xente quería cousa económica e

agora queren que teña bo prezo

pero tamén con boa calidade,

a xente prefire unha rodaja boa

que dúas cativas; antes traballabas

filete de batalla, filetes de

pescada que foran canto máis

económicos mellor e compraban

por prezo, agora mirase

moito o que se compra, buscase

un pouco máis a calidade”.

A dispersión da poboación

na nosa terra e o que posibilita

en gran medida que empresas

como Congelados Astur Galaicos

teñan un mercado tan extenso

pero non é menos certo que o

bo servizo e a calidade do produto

e o que fideliza o cliente.

Colaboración

Lindeiros e Congelados Astur

Galaicos inician un experimento

de colaboración que posibilitará

que o noso xornal chegue a

moitas casas do rural do mesmo

xeito que chegan s conxelados;

en moitas vivendas a prensa non

chega a non ser que se aproveite

unha viaxe a vila para comprala;

a intención e poder levar o noso

xornal a maior cantidade de

casas para contar o que sucede

non so nos seus concellos se non

tamén nos lugares da contorna.

Fotos: Loli Fdez.

FreireGarabal

asesoría xurídica

Herdanzas: testamentos, particións, declaración herdeiros

Administrativo: multas, licenzas, expropiacións

Asesoría: contratos, documentos, xestións catastro

MJ Freire-Garabal Núñez. AVOGADA

Travesía de Cacheiras, 37, baixo, Cacheiras, 15886 Teo

Tfno. 981 935 000 Móbil 616 281 008

freiregarabal@avogacia.org

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!