09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

12 educación

Fátima García Doval

Desde que a revolución industrial

pariu os medios audiovisuais

o mundo da educación

viuse infestado de ogros e princesas.

Curiosamente, como

Ianus, o deus romano de dúas

caras que simboliza as transicións

e que dá nome a Xaneiro,

os ogros e as princesas

audiovisuais son, en educación,

o mesmo ente con diferentes

fachadas. Tanto grandes salvadores

chamados a revolucionar

a educación, como verdugos

implacables que veñen sumir

ás futuras xeracións no pantano

da superficialidade e a

incultura.

A invención do cinema vaticinou

a morte das escolas e

os seus mestres. Así, sucesivamente,

a radio, a televisión, os

computadores, os smartphones...

convertéronse, por rigorosa

orde, no malo maloso, o

Goldfinger e o Dr. Non duns

mestres 007, con licenza para

catear. Con máis colorins, con

máis tirón mediático, con máis

atractivo e con maior comodidade.

Sen saír da súa casa,

señora. Que o teño barato. Coñecemento

de marca. A bo prezo.

Todo satisfacción.

Paralelamente o mesmo cinema,

a mesma radio, a tele, a

informática toda e os teléfonos

intelixentes coa súa miríada de

aplicacións e funcionalidades,

foron caracterizados como ese

mal satánico que distrae do importante

e non serve para nada.

Fogos de artificio para pasar o

intre.

A realidade é que todos os

elementos mencionados pasaron

polas aulas sen pena nin

gloria, e sen deixar apenas pouso.

Facilitaron a vida do profesorado

e encheron de cor a vida

dos alumnos, sobre todo en

certas etapas. Pero non acabaron

cos mestres, nin cos libros

de texto, nin cos cadernos...

Nin sequera acabaron cos encerados,

que se se dixitalizaron

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y

lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía

e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de

educación especial en Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Ogros e princesas

pasando a ser, de vez, as pantallas

de proxección máis caras

da historia.

Propoño poñer en marcha

o Delorean, ou a máis compostelá

FluzoVespa, de Nacho

Mirás Fole, para darnos un paseo

temporal polo século XIX.

Supoñamos que da nosa visita

ao Españistán decimonónico

traémonos a un bo cirurxián.

Á nosa chegada, e para que

non se aburra, depositámolo

nun dos quirófanos do CHUS e

pedímoslle que proceda ao seu.

A súa reacción pode variar entre

gritar despavorido e caer en

posición fetal. Pero, de seguro,

non sabería por onde empezar

a tarefa, o pobre, nin coa axuda

de todo o equipo de adxuntos,

MIRes e enfermeiras que

se puidesen dar cita á súa ao

redor.

Supoñamos agora que, en lugar

de traernos a un cirurxián,

traémonos a un mestre. Á nosa

chegada facemos o propio e

depositámolo nunha aula calquera.

Talvez erga a cella un

pouco ao ver as pintas que nos

gastamos, o computador sobre

a mesa e o proxector colgando

do teito. Pero pasado ese susto

inicial, agarrado ao xiz como

un naufrago ao seu bote salvavidas,

empezaría a clase sen

pena nin gloria. E ao final da

mañá ninguén diría que non é

un profe máis.

Isto é así pola propia natureza

do proceso de ensino-aprendizaxe.

O que determina o seu

éxito (ou fracaso) é, por unha

banda, a capacidade do profesor

para guiar, estimular e animar

ao alumnado; e por outra,

a disposición e habilidade do

alumnado para procesar no seu

cerebro a información manexada

apropiándose dela e transformándoa

en coñecemento.

Todo o demais é accesorio.

Nin ogro nin princesa. Puro

complemento e ferramenta.

Como eses músicos ambulantes

que poboan os vídeos

virais tocando calquera instrumento

improvisado. É o

músico e non o instrumento, o

profesor e non o recurso educativo,

o que converte o son

en música e a información en

coñecemento.

Ilustración: Jorge del Oro

Novas da USC

Presentouse Cilenis, unha

empresa dedicada a tecnoloxías

da linguaxe

Cilenis e un spin-off da Universidade

de Compostela, unha

empresa que nace a partir dos

coñecementos adquiridos na

USC e baixo o seu amparo, que

naceu no 2011 recibindo ese

mesmo ano o Primeiro Premio

como Proxecto Empresarial Innovador.

En 2012, o empresario

e analista económico Marc

Vidal converteuse en socio de

Cilenis, adquirindo parte da

compañía a través da empresa

IDODI Labs.

O pasado ano Cilenis lanzou

o portal de ferramentas lingüísticas

Linguakit, que ofrece ao

gran público os últimos avances

en tecnoloxía lingüística. O seu

proxecto estrela é Avalingua, un

software de corrección automática

que permite avaliar o nivel

lingüístico de documentos escritos

galardoado coa Mención de

Honra no MIT Building Global

Innovators 2013. A presentación

foi realizada polo seu fundador

e actual co director Isaac

González.

Santiago atópase entre as

dez universidades españolas

cun maior compromiso

medioambiental

O GreenMetric University

Ranking, clasificación que compara

os esforzos de máis de 360

universidades de 62 países en

materia de sustentabilidade e

xestión medioambiental dos seus

campus, sitúa á Universidade de

Santiago no posto 149. Nesta listaxe

figuran un total de 21 universidades

españolas, de entre

as que a de Santiago é a única

galega e a novena de España.

Para a súa elaboración, seleccionáronse

unha serie de criterios

relacionados coa sustentabilidade

e valorados tendo en conta

o tamaño básico da institución,

o seu emprazamento (urbano,

suburbano ou rural) e o grao de

espazos verdes de que dispón.

Entre os datos valorados, tamén

se avaliou o consumo de electricidade,

auga ou xestión de refugallos,

entre outras cuestións. O

obxectivo é alcanzar unha imaxe

de como a universidade está

respondendo ou afrontando os

requirimentos da sustentabilidade

a través de programacións ou

accións concretas.

Lindeiros

Premio de Oral Diseases ao

mellor artigo científico do ano

para un traballo da USC

O traballo ‘HCV clearance

from saliva of HIV–HCVcoinfected

patients on treatment

with interferon plus ribavirin’,

da autoría dun equipo da USC,

foi galardoado co premio ao

mellor artigo de investigación

orixinal publicado en 2014 na

revista Oral Diseases, unha prestixiosa

publicación do ámbito da

odontoloxía.

Os autores do estudo Javier

F. Feijoo, Mirian Eirea, Maite

Abeleira, Isabel Ramos, Antonio

Ocampo, Pedro Diz e Jacobo

Limeres pertencen ao grupo

de investigación en Odontoloxía

Médico-Cirúrxica (OMEQUI)

da USC que dirixe este último.

A principal achega da investigación,

realizada na USC en

colaboración co Hospital Xeral-

Cíes (CHUVI), é que nos pacientes

con hepatite C crónica

coinfectados con VIH -nos que

cabe agardar unha certa sinerxía

viral- que responden ao tratamento

con interferón pegilado/

ribavirina as glándulas salivares

non representan un santuario

para o virus da hepatite C, aínda

que o aclaramento viral na saliva

pode ser máis lento que no

sangue.

Unha tese da USC acada

o Premio Nacional Literario

Lingua Nai de Italia

A doutora en Teoría da literatura

e literatura comparada

Federica Angelini acaba de gañar

o Premio Nacional Literario

Lingua Nai de Italia pola súa

tese ‘Il pensiero nomade. Scrittrici

migranti raccontano l’Italia

multietnica’ que defendeu na

Universidade de Santiago baixo

a dirección do profesor de Literatura

comparada da USC César

Domínguez.

O certame diríxese a estudantado,

persoal investigador e académico

universitario que elixe

como obxecto de investigación

da súa tese a competencia en

lingua materna. Trátase de ofrecer

así unha oportunidade para o

diálogo entre a universidade e o

tecido da cidade a fin de profundar,

cun novo enfoque científico,

pouco convencional e inspirado

no pensamento da diferenza sexual,

no fenómeno da migración

feminina.

Fontes: USC, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!