09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

febreiro 2015 concellos 11

Touro Qué pensa facer polo seu concello

UN GOBERNO CARO E ACABADO

Touro leva vintecinco anos ininterrumpidos co mesmo alcalde e con moitos dos mesmos concelleiros. Estamos nun declive moito máis pronunciado

que nos concellos limítrofes con unha perda de poboación alarmante, un número de parados que case é o mesmo que os de menores de 15

anos, ou unha renda media inferior nun 15% aos concellos cos que limitamos.

Temos un goberno caro. Cada concelleiro/a do PP cobra ao redor de 500 € ao mes en dietas, ao ano uns 6.000€, por 7 concelleiros saen

42.000€, máis os 48.000€ do alcalde resultan 90.000€ ao ano. Na lexislatura máis de 360.000€.

Un goberno con corruptos. O actual teniente de alcalde foi condenado xudicialmente por cobrar ilegalmente dunha das duas cooperativas que

levou a quebra., deixando aos gandeiros e aos traballadores sen cobrar. Pero o alcalde non quere, ou non se atreve, a cesalo dos seus cargos.

Un goberno con comportamentos clientelares. As asociacións que non son afíns ao PP son totalmente ignoradas ou desprezadas directamente.

Un goberno esgotado e sen ideas onde os problemas se eternizan. Un polígono industrial co record de CERO EMPRESAS!, un punto de atención infantil rematado

dende setembro pero valeiro todo este curso escolar, unhas minas de rio tinto que seguen contaminando e con cheiros insoportables, un núcleo de Fonte Diaz con aspecto

de semiabandono, excepto na rua onde ten a casa o alcalde... Son só algúns dos problemas que o BNG ven denunciando con insistencia e que o goberno ignora con

obstinación.

Desde o goberno municipal fixemos un esforzo ao longo deste catro anos por realizar unha xestión eficiente dos nosos recursos, reducindo gastos

na medida do posible e deixando de lado grandes proxectos que puidesen comprometer a situación económica do concello. Terminamos a construción

da Casa da Cultura e do punto de atención á infancia; fixemos un esforzo por levar a auga a todas as casas con fondos propios; arranxamos os

accesos e os camiños interiores das aldeas, parques públicos e a rede viaria; desenvolvemos programas de formación e impulsado plans de emprego

con fondos propios. Preocúpanos moito de potenciar o concello como punto turístico e por iso coidamos aos peregrinos que optan por esta vía; colaboramos

coa área turismo de Compostela para impulsar proxectos conxuntos e cos outros concellos que forman parte da tradición dos Xenerais dá

Ulla tentando que cada ano se consolide máis como cita no calendario do Entroido.

Desde o Partido Popular somos conscientes de que só con traballo pódese avanzar, por iso fixámonos a mesma meta para as eleccións de maio que nos impulsa cada día:

axudar aos nosos veciños nas súas necesidades e conseguir facer de Touro un lugar para vivir, con todos os servizos que o mundo de hoxe en día require e cunha clara vocación

residencial. Somos conscientes do desencanto de moitos votantes pero tamén cremos que a experiencia e o traballo realizado nos últimos 4 anos avala á nosa formación

en Touro.

Cara Maio

NOVAS

Negreira

O coordinador de Ciudadanos

(C’s) de Negreira, José Manuel

López, anunciou que Ciudadanos

(C’s) de Negreira concurrirá

ás eleccións municipais do

próximo 24 de maio.

Tras recibila aprobación do

Consello Nacional do partido,

José Manuel López apostou

por “unha administración local

máis transparente e participativa”.

E declaróu que “a configuración

das listas realizarase

durante as próximas semanas

mediante un proceso interno de

eleccións primarias”.

Brión

A Asemblea do PSOE de

Brión elixiu por unanimidade

a Xosé Luís García como candidato

á Alcaldía de Brión. Os

case douscentos simpatizantes

e militantes apoiaron a proposta

do actual alcalde de Brión, quen

agradeceu o respaldo unánime

dos presentes e animounos a

colaborar na campaña xa que “o

traballo que fixemos estes catro

anos aválanos para seguir traballando

por Brión outros catro

anos máis”.

Boqueixón

Presentouse a Candidatura

Aberta Veciños de Boqueixón

que está impulsada por distintos

concelleiros como Perfecto

Barcala que procede do Psoe e

Xavier Canaval que forma parte

de ANOVA; defínense como “

unha Agrupación de Electores

Independentes impulsada por

varios concelleiros municipais

de Boqueixón. Unha agrupación

que nos constituímos de

forma democrática e aberta, que

pretende promover o debate e a

participación directa dos veciños

de Boqueixón”.

A Agrupación local de Compromiso

por Galicia de Boqueixón

escolleu a Xesús Area

Gómez como novo Secretario

Xeral. Así mesmo a agrupación

publicou o calendario de

primarias no concello que se

inicia o dia 16 e rematará o 22,

un proceso do que sairá elixido

o candidato a alcaldía de Compromiso

X Galicia.

Ames

A asemblea aberta do BNG

de Ames reuniuse para debater

a proposta de candidatos e candidatas

ás vindeiras eleccións

municipais. A asemblea aprobou

por unanimidade a proposta

da comisión electoral, polo

que será David Santomil Mosquera

a persoa que encabece

a candidatura do BNG Asembleas

Abertas para as eleccións

de maio de 2015. Nos seguintes

postos da lista incorporaranse

Isabel Vaquero Quintela, Alberte

Souto Souto, Isabel Moares

Rei e Alonso Barreiro Caxade.

A asamblea aberta de Ames

Novo reuniuse para consensuar

coa cidadanía os dous documentos

que marcarán o traballo

da formación, o código ético e o

regulamento de primarias servirán

para concretar a fórmula de

elección da lista que concurrirá

as municipais e os compromisos

que ten que adquirir quen se

queira presentar.

O partido independente

PACTOxAMES confirmou a

Ramón garcía Argibay como

candidato a alcaldía nun acto

celebrado o pasado dia 30. Segundo

a formación “Despois de

dous anos dende a súa creación,

PACTOxAMES está consolidado,

con unhas estruturas fortes

e nas mellores condicións para

defender de forma totalmente

independente os intereses do

concello. Sen ataduras de ningún

tipo, sen dependencias de

outros poderes estatais ou autonómicos

e con experiencia

máis que demostrada en xestión

municipal”.

Teo

A asemblea local do BNG en

Teo elixeu o primeiro tramo da

candidatura nacionalista que vai

estar encabezada polo actual

portavoz municipal, Manuel

Anxo Fernández Baz, ao que

lle segue Ana Pintos Pérez, Renato

Núñez Dasilva, Almudena

Taboada Castro e Carlos Cebey

Olveira.

O responsábel local, Manuel

Rodiño, subliñou que “a previsión

é que a lista quede elaborada

ao longo do mes de xaneiro

incorporando as propostas que

se realizaron nas asembleas

abertas celebradas”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!