09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

10 concellos

Lindeiros

Padrón Qué pensa facer polo seu concello

A lexislatura 2011-2015 amosou a falla de resposta do PP para facer fronte aos grandes rectos e necesidades cotiás dos veciños/as. Foi un goberno

débil que tralo experimento fracasado dun pacto de gobernabilidade durante ano e medio co PGD e contando con maioría absoluta non foi quen de

elaborar nin o primeiro orzamento, un só orzamento en catro anos amosa o fracaso da política económica. A Administración precisa dunha reforma

e modernización diminuír tempos na concesión de licenzas e de resolución nas solicitudes e reclamacións. Precisase unha aposta decidida polas

novas tecnoloxías, solucionalos servizos básicos contratados en fraude de lei: urbanismo, oficina de rehabilitación, recollida de lixo, por en práctica

medidas efectivas para solucionalo deterioro do casco vello con numerosos edificios caéndose a cachos e xerando un perigo continuo, maior transparencia

na contratación de obras e traballos. Un plan dinamizador cultural e turístico que fixe a dirección, onde se teñan en conta as potencialidades

para poñelas en valor e uso. Todo isto precisa de respostas e solucións en Cipa estamos convencidos que podemos mudar a situación, xestionalos

fondos públicos propios e os procedentes doutras administración con rigorosidade e transparencia sacando deles a maior rendibilidade en beneficio dos nosos veciños/as.

A valoración que fai o Grupo Municipal Socialista, a través do seu portavoz Camilo Forján, é totalmente negativa. O mandato comezou

cun pacto de coalición, PP –PGD, que todos esperabamos pero que os dous grupos artífices del sempre negaron, precisamente adicándose,

debe ser que non había moito máis que criticar, a menoscabar ao goberno anterior por estar en coalición. É así como comezan a súa andadura

sobre unha grande mentira e incumplindo o que tanto pregoaran. De que serviu esta maioría absoluta en coalición..., se polas súas obras os

coñeceredes... , non serviu máis que para deixarnos uns badéns que non contentaron a ninguén, que mais ben incomodaron á maioría é que

nos custaron un riñón. A coalición rompe, di Angelito “que por el bien del pueblo” e sigue en solitario o PP en minoría. Podo enumerar en poucas palabras a súa xestión…

Obras: nin grandes obras, nin pequenas obras; urbanismo: nin preocupación polo casco histórico nin polas distintas parroquias, inversión: nin cultural nin deportiva…

moi equitativos, eso sí, nada de nada para todo o mundo .

Finalmente aclarar, hai que decir a verdade, que algunha cousa sí fixeron… executar os proxectos e plans tramitados e ou iniciados polo goberno anterior con alcalde

socialista, paseo canle derivación río Sar, alcaltarillado en Carcacía, hormigonado pistas de Pazos, Parque infantil do Xuzgado de Padrón, Mellora Xardín, Plan especiais

de Iria e Padrón, actualización PXOU... e menos mal que tiñan ao seu favor gobernos amigos do PP tanto na Xunta de Galicia como na Deputación Provincial como en

Madrid que se non… Catro anos perdidos.

O PGD de Padrón ten claro o futuro e pasa por que debe efectuarse un gran esforzo de reducción, contención e limitación ao máximo dos

gastos, e por outra banda débense seleccionar e dar prioridade a aqueles que se estimen absolutamente necesarios.

1.- Actualizar todas as concesións que estean caducadas, e decir, Guardería, Servizo de RSU, Centro Social, Piscina Municipal

Cuberta. E licitar as que nunca se licitaron SAF, Servizo de Mantemento de Alumeado Público para este ano 2015 pasamos

a 180.000 euros de gasto deste servizo cando noutros Concellos limítrofes co dobre de luminarias que Padrón paganse 90.000

euros. Exemplo: Concello de Teo con 7.800 luminarias paga 90.000 euros ano, Padrón con 4.000 luminarias pagamos 180.000 euros.

2.-A elaboración da RPT ( Relación de Postos de Traballo ) do persoal do Concello; a RPT organiza dun modo claro a distribución de responsabilidades

e a situación de cada posto de traballo, de xeito que, queda claro para o traballador o que se espera del e para o Concello o que pode esixirlle ao traballador. Con

isto mellórase a xestión e rendimento da organización do Concello, polo que coa RPT pretendemos buscar un cambio, e o mesmo tempo unha mellora, tanto dos servizos

públicos coma dos funcionarios.

3- Tramitación e resolución das licenzas de obra según marca a lei, obra menor 1 mes e obra maior 3 meses.

4- Tramitación e aprobación do PXOM e Plans Especiais do noso Concello.

5- Potenciar e continuar co Servizo de Emerxencias Comarcal, a día de hoxe o GES.

6- Aumentar a partida orzamentaria destinada aos Servizos Sociais.

7.- Supresión de axudas públicas aos Grupos Políticos Municipais, o que suporía unha reducción de máis de 8.000 euros anuais en gasto de carácter político.

O PGD empregaremos a filosofía de dar prioridade a aqueles gastos que se estimen absolutamente necesarios para poder manter unha axeitada xestión dos servizos públicos,

reducindo gasto público sen mermar servizos, e con esas premisas traballar no día a día.

TEMPO MORTO PARA UN GOBERNO INCAPAZ DO PARTIDO POPULA, PRESIDIDO POR ANTONIO FERNÁNDEZ ANGUEIRA

A valoración das actuacións deste goberno é negativo porque non fixo nada. Foi un goberno incapaz. Incapaz de manter o seu grupo de goberno,

debido ao cese ou dimisión forzada dunha concelleira. Incapaz de manter un acordo de goberno con outro grupo político que lle proporcionara a tan

suplicada maioría plenaria; pero sobre todo, absolutamente incapaz de dar resposta ás grandes cuestións que están a estrangular Padrón. Non cumpriu

coa obriga primeira dun Goberno Municipal de regularizar os contratos coas empresas que prestan servizos públicos en Padrón. Recollida de

lixo: a empresa leva prestado o servizo desde hai case catro anos cando o seu contrato era por tres meses e improrrogable. Piscina municipal:logo

de cuantiosos investimentos públicos se pecha. Padrón sen piscina. Os traballadores sen traballo e o Goberno do P.P. que non resolve. O mantemento

do alumeado público e a facturación ao concello por empresas que prestan unha ampla gama de servizos son sistematicamente reparados (“advertidos”) pola “Intervención”

do propio concello que vela pola escrupulosa regularidade administrativa destas facturas. O goberno municipal do P.P. mira para outro lado.

O problema do aparcamento, mellora da praza de abastos, ordenación do mercado dominical, reordenación do tráfico, mellora na atención á dependencia, mellora do

transporte cos núcleos rurais, plan de saneamento nas parroquias (Carcacía aínda no o ten!!!). Nada diso hai na acción do goberno do P.P. de Padrón. ¿Por que. Porque non

teñen proxecto. A súa actuación foi aplicar disciplinadamente os recortes ordenados por Feijó e Rajoy que están a estrangular a Padrón e aos seus veciños.

O BNG de Padrón puxo propostas e proxectos a disposición do goberno en cada un dos grandes problemas de Padrón, que non interesaron moito ao este goberno do P.P.

O BNG considera que as nosas propostas si lle van interesar aos veciños e veciñas de Padrón. En pouco poderán decidir.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!