09.02.2015 Views

LINDEIROS 21 FEBREIRO 2015

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

En este númeor faamos da Colexiata de Sar en Santiago, entrevistamos a Ghaleb Jaber, contamos todo o necesario para desfrutar do entroido e dedicamolles unha páxina o mundo da patinaxe por grupos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

COLEXIATA DE

DE STA MARÍA A

MAIOR E REAL DE SAR

Cara Maio

Qué pensa facer

polo seu concello:

Padrón e

Touro p. 10 e 11

Novas

O concello de o Pino pode

quedar en bancarrota

Veciños de Padrón en contra

das modificacións da variante

Pasou:

Nace a asociación de albergues de

Galicia

Entregáronse os premios do

concurso de Fotografía do

Polígono Novo Milladoiro

Pasará:

Datas dos encontros dos

Xenerais da Ulla

I Feira de oportunidades en Ordes

Deportes:

Club de patinaxe Campus Stellae

O equipo feminino do Santiago

Rugby Club disputou o seu

primeiro encontro

Febreiro 2015

N 21 MENSUAL

A calidade na porta da casa

2

Editorial

Asembleas e democracia

Lindeiros

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Este mes tiven a oportunidade de asistir en 3 días consecutivos a 3 asembleas abertas, ese modelo de participación

cidadá que, a raíz do 15M e do ascenso de Podemos, está tan de moda. Foron tres organizacións

distintas e de todos os encontros tirei proveito, aínda que teño a sensación de que non é tampouco a solución

definitiva os nosos problemas de xestión.

As mellores noites de festa son sempre as que non estaban programadas, aquelas que xorden de forma espontánea

e coas asembleas sucede un pouco o mesmo; o 15M foi especial porque non existía, pese o que

pensan algúns, un impulsor claro e iso mesmo foi o que acabou con el, a falta de liderazgo. As asembleas

que mellor funcionan son aquelas que teñen detrás unha organización clara, un orden a seguir e un funcionamento

que non deixa moito espazo a improvisación: tempos medidos, capacidade para saber cando un debate

está esgotado e hai que votar e vontade xeral de asumir os resultados das votacións; pero todo isto soe ser

un escenario idílico que non se corresponde coa realidade aínda que teño que engadir que das 3 asembleas

das que falaba dúas de elas funcionaron así de ben.

Pero o problema de este tipo de democracia non acaba aí porque xa se fala duns gobernos municipais que

lle darán a cidadanía a posibilidade de decidir sobre o que se fai. Teño escoitado dicir que non todo o mundo

manexa internet ou o móbil como para andar votando cada día, como si o problema fora si se pode ou

non tomar decisións de cidade coas novas tecnoloxías; o problema para min está en que, a marxe do método

elixido para que os veciños poidan participar, e preciso decidir que cousas se poderán votar e cales non.

Temos que lembrar que estamos en Galicia e aquí ninguén me move o marco; ¿imaxina o lector unha votación

sobre por que rúa se empezan uns arranxos ¿ou si se debe sancionar ou non a os que saquen o can sen

correa é evidente que chegan tempos novos, moi distintos os que vivimos, despois do mes

de maio en moitos concellos e moi probable que cambien as cousas pero se nos esquecemos

da experiencia de todos estes anos no valerá de nada.

Toca participar en esas asembleas, toca acudir a elas pero dispostos a escoitar, e en moitas ocasións a escoitar

cousas que non nos gusten; toca respectar aos outros e chegar a acordos que sexan o mellor para todos,

incluso para os que non van as asembleas; toca en resumen recuperar o tempo perdido nos últimos 20 anos e

aprender dunha vez por todas o verdadeiro sentido da democracia.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

febreiro 2015 novas da bisbarra 3

O proxecto do polígono arruina

ao concello de O Pino

A xustiza ratifica sen posibilidade de recurso que é responsable e

ten que pagar as expropiacións con intereses de demora

O proxecto de polígono arruína

ao concello do Pino

A xustiza ratifica sen posibilidade

de recurso que é responsable

e ten que pagar as

expropiacións

O proceso para a construción

do polígono industrial do Pino

é un dos mellores exemplos de

falta de xestión por parte dunha

administración local; o concello

púxose desde o primeiro momento

de costas aos propietarios

dos terreos, por cuxos intereses

debía velar, e a xustiza fallou

agora a favor deles.

Aínda que son varios os procesos

xudiciais que se seguiron,

e séguense, relacionados co

conflito do Pino neste caso trátase

do pago das expropiacións

dos terreos; os técnicos municipais

asignaron un prezo de 6

euros metro cadrado, moi lonxe

da realidade do momento, e os

propietarios acudiron ao Xurado

de expropiación de Galicia

que acabou por fixar unha cantidade

de 18 euros por m2, o

triplo ; é a diferenza entre ambas

cantidades a que agora ten

que pagar o concello, preto de

2.000.000 de euros que, para un

municipio cun orzamento anual

de 2,8 millóns, supón na práctica

a bancarrota inmediata; en

xaneiro terminou o prazo para o

pago e os propietarios reclamaron

xa a execución da sentenza.

Pero o proceso deixa claras

ademais cuestións importantes

para calquera concello e

para calquera veciño. O Pino

reclamou a nulidade do proceso

xudicial aducindo que a responsable

do pago era Martinsa

Fadesa, en concurso de acredores,

e a sentenza tira por terra

esta argumentación ; explica

en primeiro lugar que o diñeiro

da expropiación é o que garante

que se leve a cabo, que unha administración

non pode facerse

cuns bens sen unha contrapartida

e que esa contrapartida se

debe entregar antes de facer uso

dos bens expropiados xa que

pola contra situaríase o proceso

fóra da legalidade e da constitución;

a continuación o documento

di “a administración non

é allea ao procedemento expropiatorio

polo feito de existir un

beneficiario da expropiación,

moi ao contrario segue sendo

titular da potestade expropiatoria,

conserva o control do procedemento

e das decisións máis

relevantes que no mesmo han

de producirse e de ningún xeito

pode desentenderse do cumprimento

do orzamento” , co que

insiste en que unha administración

debe de velar polos intereses

dos seus administrados.

O día 15 o alcalde de o Pino,

Manuel Taboada, e o arquitecto

Pablo Martín Fernández,

terán que declarar novamente

nun proceso impulsado desde a

asociación Manos Limpas polas

valoracións do chan en todo

o proceso; ao pouco tempo de

fixar en 6 € m2 a expropiación

fixábana en máis de 100 € m2

cando os terreos considerábanse

xa propiedade de Martinsa Fadesa;

tratase do arquitecto que

foi contratado para as primeiras

valoracións e que acabou por ser

o arquitecto municiapl. A pesar

de todo o contado o pasado día

31 o partido Popular ratificaba

a Manuel Taboada como candidato

á alcaldía nas próximas

municipais, inexplicable cando

ao longo destes anos os propietarios

fixéronlle chegar ao presidente

da Xunta, Alberto Núñez

Feijoo, toda a documentación e

as súas reclamacións; mentres

que outro alcaldes do Partido

Popular na comarca doron pouco

a pouco substiutidos, Padrón,

Teo ou Ames, o de O Pino segue

ahí pese a arruinar o concello.

En maio os veciños terán a

posibilidade de decidir que tipo

de rexidor prefiren.

Fonte: Lindeiros

Queixas polo trato

recibido nas

urxencias do CHUS

Unha veciña de Ames esperou 6 horas

por unha ambulancia

Isabel é unha veciña de

Ames que presentou distintas

queixas ante o SERGAS polo

mal funcionamento do servizo

de urxencias do CHUS; a

súa nai ten 90 anos e o trato

recibido puido complicar todo

aquilo que se acababa de controlar

collendo unha pulmonía

ou tendo un accidente ó subir

a casa.

A primeira queixa data do

día 2 xaneiro; tras acudir a urxencias

a doutora da o alta e

Isabel solicita que se lle axude

para poder cambiar a súa nai

de roupa ao que se lle indica

que “non hai persoal sanitario

suficiente” polo que a enferma

continúa co camisón sanitario

e unha simple manta; tras esperar

neste estado 5 minutos

na rúa, con tódolos riscos que

iso conleva para unha persoa

da súa idade, cando se chega

ao domicilio a ambulancia

non dispón de cadeira de rodas

polo que Isabel ha de subir a

casa e baixar unha cadeira de

cociña coa que se sobe á enferma

ao domicilio.

O 11 de xaneiro Isabel volve

pasar por urxencias coa

súa nai e tras o alta solicita de

novo unha ambulancia para

trasladar ao seu domicilio á

enferma; a ambulancia chegou

tras unha espera de seis

horas e media, as explicacións

que se lle deron a Isabel é

que “só hai unha ambulancia

para Santiago e os pobos

de ao redor” algo incrible se

Academia

Cursos

de iniciación

a partir del

1 de Febrero

Personal nativo

e-mail: academiahannover@gmail.com

www.academiaalemansantiagodecompostela.com

pensamos nun volume de poboación

de máis de 150.000

habitantes; a consecuencia

desa espera de 6.30 horas puido

ser unha nova infección da

súa nai pola gran cantidade

de persoas que nos cubículos

estaban con problemas respiratorios;

por se todo isto fose

pouco Isabel denuncia que

o asento do acompañante da

ambulancia tiña o cinto atrancado

e non o puido abrochar

en todo o traxecto.

En cuestións como a sanitaria

xeneralizar nunca é bo

pero este é un exemplo máis

do caos que viven algúns dos

servizos de urxencias e dos

recortes sanitarios; á marxe

das opinións persoais é evidente

que unha ambulancia,

para trasladar pacientes, para

unha poboación de máis de

150.000 habitantes directos e

por encima con problemas tan

serios como a falta dunha cadeira

de rodas ou un cinto de

seguridade defectuoso non é

algo opinable, son datos coñecidos

e denunciados que

nos fan pensar en cantos máis

haberá que descoñezamos.

Isabel lamentábase na nosa

conversa con ela do pouco

que se reclama en Galicia en

comparación co País Vasco

onde viviu ata fai pouco; o

mellor e o momento de mudar

de comportamentos.

Fonte: Lindeiros

Aprende alemán

fácilmente

C/ Santa Marta de Arriba, nº 18-bajo

15706 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 973 893

690 072 464

4 novas da bisbarra

A nova potabilizadora de Ames e Brión

podería funcionar antes do verán

A conselleira de Medioambente visitou as instalacións xunto cos

alcaldes de ambos concellos

A Conselleira Ethel Vázquez

visitou as obras da estación de

tratamento de auga potable que

completa o novo sistema de abastecemento

dos concellos de Ames

e Brión xunto cos rexedores Santiago

Amor e José Luís García.

As obras da nova instalación

supoñen un investimento de máis

de oito millóns de euros financiados

nun 80% pola Consellería e o

20% restante polos concellos; con

esta infraestrutura Ames e Brión

disporán por primeira vez dun

sistema de abastecemento propio

desde o río Tambre sen depender

doutras traídas, dando servizo a

42.000 habitantes. A nova ETAP

está situada preto da aldea de

Ponte Maceira e terá unha capacidade

de 175 litros por segundo;

o proxecto inclúe 12 quilómetros

de tubaxe, xa instalados na súa

totalidade, así como un deposito

de regulación e de cabeceira

de 10.000 metros cúbicos que se

conectará por gravidade e subministrará

auga cara os depósitos xa

existentes nos municipios; a nova

potabilizadora podería entrar en

funcionamento antes do verán segundo

as palabras da Conselleira.

No encontro falouse tamén da

ampliación da depuradora de Sisalde

na que se investirán máis

de 6 millóns de euros con fin de

duplicar a súa capacidade, un

proxecto que se atopa en fase de

redacción.

Fontes: Xunta de Galicia, concello de

Ames, Lindeiros

Lindeiros

A conselleira cos alcaldes na visita das instalacións. Foto: concello de Ames

Teo remata o asfaltado

da pista de Penelas

Está na parroquia de Cacheiras e era unha

constante reclamación dos veciños

A pista de Penelas foi tradicionalmente

a que o unía o lugar

cos de Raxó e Cacheiras, coa

construción da autovía fíxose

necesaria unha ponte que a xunta

comprometeuse a facer no 2007

pero para elo teríase que cambiar

a denominación de pista forestal

que aparece no PXOM e o concello

tería que asfaltala; o tema da

denominación quedou arranxado

xa que se tratou dun erro técnico

pero seguía pendente o asfaltado

que agora ven de rematarse.

O asfaltado de esta pista permitiu

a colocación dunha base

para a colocación de dous colectores

de recollida selectiva, un

verde e outro amarelo, xa que ata

agora o camión que os baleira

non podía acceder a zona.

Este tramo de pista de 600 metros

ven a completar o arranxado

hai dous anos de 700 metros, ambas

melloras fixéronse con rego

asfáltico e o custo dos asfaltados

supuxo para o concello 36.000 €.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Ültimo tramo da pista de Penelas. Foto: concello de Teo

febreiro 2015 novas da bisbarra 5

A variante de Padrón podería

derrubar 27 depósitos de auga

Os depósitos ameazados substitúen a outros derrubados para as

obras da mesma variante

O grupo Converxencia de

Independentes de Padrón ven

de presentar ante a Demarcación

de carreteras del estado

en Galicia unha alegación a

variante de Padrón no que explica

que a construción dunha

rotonda de servizo para o polígono

de A Picaraña obrigaría a

derrubar 27 depósitos de auga

que pertencen a comunidade de

regantes de Vista Alegre en Iria

Flavia. O mais curioso e que

os depósitos substitúen a outros

que foron derrubados para

construír a mesma variante,

foron levantados hai 3 anos tan

so e o custo chegou os 48.000 €.

5 dos depósitos pertencen a parroquia

de Herbón e o seu derribo

deixaría sen auga os veciños

xa que as alternativas pasan por

unha estación de bombeo o que

supón un custo que os veciños

O Plan de Aforro e Investimento

da Deputación da Coruña

destinará este ano 25 millóns

de euros a realizar prestamos os

concellos da provincia destinados

a reducir o endebedamento

ou realizar inversións financeiramente

sostibles; as características

do programa contempla

uns prestamos sen xuros e con

dous anos de carencia polo que a

súa devolución no comezará ata

o 2017 e poderá facerse a partir

de ese momento en 10 anos.

No caso de Frades o préstamo

que se solicitará supón un aforro

de 15.000 € en xuros xa que se

cancelará o préstamo asinado

con Bankia destinado o Plan de

Pago a Provedores que era o que

tiña os xuros máis altos. cancelarase

tamén a maior parte doutro

crédito concedido polo BBVA

do que quedarán pouco máis de

13.000 euros que se poderán pagar

con fondos do municipio.

O pleno aprobou tamén o regulamento

da sede electrónica

que estará xestionada pola Deputación

e a que se poderá acceder

por medio da páxina web do

concello en calquera momento.

Sobre o problema do peche da

gasolineira de Ponte Carreira o

alcalde, Roberto Rey, dixo que

non poderían asumir.

A rotonda que obrigaría o

derrubo dos depósitos consta

como necesaria como servizo

para o polígono da Picusa, a

CIPA propón que de ser necesaria

fágase nos terreos do propio

polígono ou ben se manteña

tan so o enlace coa autoestrada

AP9.

Fontes: CIPA, Lindeiros.

Frades eliminará a débeda do

concello este ano sumándose o

PAI da Deputación

O pleno aprobou tamén a posta en marcha da sede electrónica

“Segundo nos informaron, a

concesionaria ten un acordo con

outra empresa que se faría cargo

da estación e dos traballadores,

un acordo que agora lle vai presentar

a Repsol. Se hai acordo,

calculan que a finais de xaneiro

ou principios de febreiro a gasolineira

volvería abrir”.

Podes seguir cada día as novas

sobre este e outros temas en

www.lindeiros.es

Fontes: Psoe Ames, Lindeiros

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

Rois aproba os seus

orzamentos con

críticas da oposición

O BNG destaca que é o orzamento máis

baixo dos últimos 8 anos

O concello de Rois aprobou

en xaneiro un orzamento de

algo máis de dous millóns e medio

de euros que se converte no

máis baixo dos últimos 8 anos.

O BNG pon enriba da mesa un

informe de intervención que

desvela contratacións de xeito

irregular e critica os excesos de

contratacións que non cumpren

os principios de transparencia

e publicidade; os nacionalistas

critican tamén polo aspectos

moi concretos dos orzamentos

como o feito de que o capitulo

de inversións descenda un 6%

mentres os gastos correntes e

Denuncian o estado

do campo de fútbol

de Biduido en Ames

O Psoe explica que no mes de decembro

sufriu danos por valor de 6.000 euros

Informan os Socialistas que

durante o pasado Nadal nunha

visita ao campo de fútbol desta

parroquia atoparon infinidade

de desperfectos e danos nas

instalacións deportivas; según

denunciou a directiva do clube

os vándalos romperon cristais,

fiestras, e ata queimaron os

asentos e estantes dos vestiarios,

chegando os danos ao teito

de pladur; estropearon a porta

da cantina e causaron bastantes

danos na mesma, queimando

incluso os estantes da mesma.

Según contan os socialistas o

equipo valora os danos en máis

de 6.000 euros; os destrozos

foron postos e coñecemento da

Garda Civil e da policía local e

solicitouse unha reunión co alcalde

Santiago Amor, chamaron

en máis dunha ducia de veces

sen que ata o momento de escribir

esta crónica conseguiran

unha resposta do alcalde.

os servizos aumentan un 8%. A

privatización de servizos públicos

e segundo o BNG outro dos

problemas de estes orzamentos,

privatizacións como a da

escola de música ou a limpeza

dos colexios de Dices e Urdilde.

Os nacionalistas lembran

tamén que a débeda do concello

e de case 400.000 euros e a

súa amortización posponse para

dentro de moitos anos polo que

se compromete o futuro económico

do concello.

Fontes: BNG Rois, Lindeiros

Os socialistas mostran o seu

apoio o Clube de fútbol do Biudido

e denuncia o desamparo no

que se atopa a entidade o non

contar co respaldo municipal.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros.

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

El nuevo año amaneció con

un nuevo record en la comarca:

237.810. Este es el número

de peregrinos que han visitado

Santiago y han conseguido la

Compostela. Casi doscientas

treinta y ocho mil personas que

han decidido hacer caminando,

en bicicleta o a caballo el camino

de Santiago. Cada uno tendrá

una motivación diferente

para hacerlo. Cada uno habrá

sentido algo distinto al terminarlo.

Pero seguro que todos

los que hayan visto el vuelo del

botafumeiro se habrán quedado

sorprendidos y asombrados.

Quizá tanto como los visitantes

de la Feria Internacional del

Turismo de Madrid, en donde

la representación gallega ha llevado

unas gafas para poder ver

su majestuoso vuelo, pero de

forma virtual.

El botafumeiro es un caso

casi único en el mundo. Hoy,

gracias al ingeniero estradense

Juan Ramón Sanmartín

Losada, profesor de la Universidad

Politécnica de Madrid,

sabemos mucho más sobre su

física. Realmente, en la Catedral

de Santiago existen dos.

Uno de latón plateado del siglo

XIX, y otro en plata, reproducción

de 1971. El primero pesa

53 kilogramos y se cuelga de

un soporte que está 20 metros

por encima. Este soporte es

una parte fundamental de la

magia de su vuelo. Consta de

un eje en donde existen dos

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

El vuelo del botafumeiro

tambores por donde pasa la

cuerda que lo sujeta. Del más

grande, con 58 centímetros de

diámetro, cuelga directamente

el botafumeiro. Esta continúa

hasta llegar al segundo, con

solo 29 centímetros, y baja de

nuevo hasta donde están los tiraboleiros.

Estos son un equipo

de 6 a 8 personas que en cada

paso del botafumeiro por su

posición, tiran de él. Ellos bajan

aproximadamente un metro

y medio, pero la estructura de

los tambores que comparten el

eje de giro, hace que el incensario

suba tres metros. Es por

tanto un mecanismo multiplicador.

Inmediatamente después,

cuando alcanza el punto

más alto de su movimiento

y está casi parado en el aire,

vuelven a su posición. En cada

tirón, le añaden energía al sistema,

que va incrementando

poco a poco la amplitud de la

oscilación, ganando en velocidad

y en altura. El mecanismo

se asemeja al de un columpio

en donde los padres o madres

empujan a sus hijos para que se

balanceen como un péndulo,

adelante y atrás.

Pero en el caso del botafumeiro

hay todavía más física.

Debido a su configuración, la

amplitud máxima de su movimiento

no puede pasar de 82

grados, llegando a alcanzar los

68 kilómetros por hora cuando

pasa al lado de los tiraboleiros.

Por muy poco no rompe la bóveda

de la catedral. Se salva

gracias a que la resistencia del

aire limita la amplitud que puede

alcanzar este movimiento

pendular.

Hoy conocemos bastante

bien la física de nuestro singular

incensario. Esta nos da

también una pista de porqué es

único. Las catedrales se construyeron

cada vez más altas y

como consecuencia, para hacer

volar un botafumeiro que llegara

casi hasta el techo, tendría

que pesar muchísimo más y

tener un número de operarios

mucho más grande.

Nosotros ahora podríamos

diseñar un botafumeiro a medida

de cada sitio, pero el de

Santiago fue diseñado y construido

mucho antes de que se

conociera en detalle la física

del péndulo más sencillo. ¡Casi

400 años antes de los estudios

sobre el movimiento del péndulo

de Galileo! No sabemos

ex actamente como se construyó,

pero está claro que ha tenido

que ser fruto de muchos

años de observación y mejora

continua en el “laboratorio”.

Avanzando paso a paso. Como

decía Antonio Machado: “Caminante

no hay camino, se

hace camino al andar”.

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Evernote

http://evernote.com é, para

min, un dos máis importantes

servizos que hai en Internet.

¿Que facedes cando vedes unha

páxina interesante Polo que

teño falado coa xente, coñezo

unhas cantas e variadas reaccións:

a maioria o que fai é gardar

a ligazón nos favoritos do

navegador. Sei doutra xente que

ten un documento de Word para

escribir esas cousas. Outros

apuntan a ligazón nunha libreta.

E tamén sei de que se envía a si

mesmo un correo electrónico

coa ligazón desa páxina web a

modo de recordatorio.

Eu uso Evernote.

Anoto todo o que me interesa

nun servizo web que se

chama Evernote. Todo é todo.

Se teño tempo engado un pequeno

comentario que me

axudará a recuperala máis

adiante, cando me volva a facer

falla. Pero se teño tempo.

Faime caso: crea unha conta en

Evernote. Tes opción gratuita

ou de pago. A gratuita vale

perfectamente para a maioría

da xente. Coa conta creada, fai

duas cousas: instala o complemento

“Evernote Webclipper”

no navegador do teu ordenador.

Unha vez instalado verás o característico

icono da cabeza de

elefante na barra superior do

teu navegador. Aí o tes. Instala

tamén a app “Evernote” no

teu teléfono móbil e/ou tableta.

Unha vez instalada verás o seu

icono entre o resto de apps e

cando queiras compartir algo,

Evernote será uha das opcións.

Listo. A partires de agora cada

cousa que te chame a atención

a gardas no Evernote. ¿Que estás

navegando pola web e ves

unha páxina interesante Ao

Evernote. ¿Que vas pola rúa

e ves un cartel sobre algo que

che interesa Foto, e ao Evernote.

¿Un texto que non podes

esquecer Escríbeo no Evernote.

¿Unha nota de audio

Grábaa co móbil, e ao Evernote.

Todo. Calquera cousa.

Evernote será a tua memoria.

O marabilloso é que podes recuperar

calquera cousa que

teñas no Evernote desde o teu

móbil ou desde calquera ordenador.

Eu gardo en Evernote

todo. Todo o que alí gardo é

para os meus ollos nada máis.

Pero se quero compartir algo

con outra xente, tamén podo.

Ligazóns, notas, imaxes, audios...

todo ben organizado con

etiquetas e comentarios. E ademáis

un eficaz buscador que,

por certo, busca incluso nas fotos.

Imaxina que estás lendo o

xornal na barra dunha cafetería

e ves unha nova que che interesa,

sácalle unha foto e ao Evernote!

Logo cando busques en

Evernote aparecerá entre os resultados

porque Evernote recoñece

o texto que sale nas fotos.

Impresionante.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

David Gómez Frieiro

febreiro 2015 novas da bisbarra 7

Licítase o punto limpo de Frades e Mesía

O prazo de execución é de catro meses

A Consellería de Medio, Territorio

e Infraestruturas sacou

a licitado a construción o Punto

Limpo que dará servizo a Frade

e Mesía, dous concellos que

por separado non xustificaban

a construción da infraestructura;

o investimento superará os

260.000 euros e unha vez posto

en marcha a súa xestión correrá

a cargo dos concellos.

O punto limpo estará situado

no lugar de Abeceira, na parroquia

de Céltigos, pertencente

a Frades pero moi próximo ao

limite con Mesía polo que facilitará

o acceso dos veciños de

ambos municipios.

O recinto contará cos habituais

colectores para papel, téxtil,

disolventes, vidro ou pezas

eléctricas e electrónicas pero

ademais terá un recinto pechado

para os plásticos agrícolas, algo

de especial importancia nunha

zona con gran actividade agrícola

e gandeira.

A Consellería foi a encargada

de elaborar o proxecto que agora

se licita e unha vez terminada

a obra, a instalación será cedida

aos concellos.

Fontes: concello de Frades,

Consellería de Medio Ambente,

Lindeiros, Lindeiros.

Lugar donde se instalará o punto limpo. Foto: concello de Frades

A Xunta traballa nos

carrís bicis e sendas

peonís da comarca

Comezou a redacción dos proxectos para a

posta en marcha de estas vías

O obxetivo do contrato licitado

en xaneiro e analizar o estado

das sendas peonís e ciclistas na

bisbarra de Compostela e as posibles

rutas de este tipo a crear, o

fin último é o impulso de medios

de transporte e viais alternativos.

A área de estudio centrarase

na comarca de Santiago, formada

polos seguintes concellos:

Ames, Boqueixón, Brión,

Santiago de Compostela, Teo,

Val do Dubra e Vedra, polo que

o contratos licitado no día de

hoxe suporá un beneficio para os

máis de 500.000 habitantes desta

comarca.

Mediante o estudo analizarse

a situación actual en relación ás

sendas peonís e/ou ciclistas na

rede de estradas autonómica, e

se proporán actuacións concretas

para favorecer unha mobilidade

urbana e interurbana mais

sostibles; de xeito especial, analizarase

a execución de sendas que

permitan unha conexión urbana

– rural para evitar a utilización

do vehículo privado de curto e

medio percorrido.

O estudo inicial de identificación

de sendas centrarase en

relacionar os focos de atracción

de peóns e/ou ciclistas (incluíndo

focos de tipo comercial,

sanitario, relixioso, deportivo,

lúdico, industrial, residencial,…)

cos puntos de orixe

mais habituais; a continuación,

deduciranse as rutas peonís e/

ou ciclistas que os deberían de

unir, identificando aquelas xa

existentes, as xa planificadas,

e outras onde podería ser necesario

executar algún tipo de

senda.

O tempo para o estudo e a redacción

do proxecto e de doce

meses e ten un orzamento destinado

de 100.000 €, o estudo

finalizado servirá para definir

aplicación de 28 millóns de euros

dos fondos europeos que o

presuposto comunitario 2014-

2020 destina ao fomento da

mobilidade sostible en Galicia.

Fontes: Xunta de Galicia, Lindeiros.

8

Ordes arranxa o centro da vila

A rúa do Recreo e a do Parque Municipal foron melloradas

Son dúas das principais rúas

do centro de Ordes e no mes de

xaneiro recibiron melloras de

distinto tipo. No caso da rúa do

Recreo trátase do segundo tramo

dos arranxos da rede de saneamento,

a intervención afecta

a uns 50 metros na zona pola

que pasa a ponte que cruza o

río Mercurín e trátase de obras

de canalización de saneamento

e pluviais que evitarán as filtracións

e inundacións nas vivendas

e baixos da zona; a inversión

realizada chega os 43.000 euros.

No caso da rúa do Parque

Municipal o investimento e

de 50.000 euros pertencentes

o plan DTC93 da Deputación

da Coruña e a previsión, si as

condicións metereolóxicas o

permiten, e que as obras estean

rematadas o longo do presente

mes. Repoñeranse 40 metros

lineais de beirarrúas con bordo

de granito e baldosa de formigón,

tras a demolición previa

da existente na actualidade; se

canalizarán pouco máis de 65

metros de tubaxe cos correspondentes

pozos e sumidoiros

para a recollida de pluviais para

a continuación mellorar a capa

de rodaxe mediante a aplicación

de conglomerado ao longo

de tres treitos cunha lonxitude

aproximada de 100 metros. A

maiores de estas intervencións

tamén se levará a cabo a instalación

dunha marquesiña con

reposición da cimentación, estrutura

e acristalamento destinada

ao servizo de taxis.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

A deputación da Coruña aportará

algo máis de 90.000 euros

para o arranxo e mantemento

de pistas e camiños interiores no

concello de Brión.

Segundo o alcalde, trátase de

camiños moi utilizados polos

veciños e veciñas que cos temporais

do ano pasado e sumando

este segundo inverno estaban en

un estado deficiente para a circulación.

Con esta renovación,

asumida en solitario pola Deputación,

facilitarase o acceso ao

Lindeiros

A Deputación coruñesa

financiará o arranxo

de camiños e pistas no

concello de Brión

José Luís García e Diego Calvo firmaron

un convenio no mes de xaneiro

tráfico rodado e garantirá un bo

estado dos viarios uns seis anos

máis. Nas pistas de Chave de

Ponte, A Telleira, Guisande, Pérros,

Lamiño e Vioxo de Abaixo

vaise realizar un tratamento superficial,

mentres que no camiño

de entrada á aldea de Gándara

(Bastavales) se prevé nivelar o terreo

e pavimentar con triplo rego

asfáltico.

Fontes: Deputación da Coruña,

Lindeiros

Denuncian que a piscina de Padrón non se pode usar

O concello anunciou a apertura pero o Psoe

di que non está en condicións de abrir

Melloras na rúa Parque Municipal de Ordes. Foto: concello de Ordes

O mes pasado o concello de

Padrón anunciaba a adxudicación

a empresa Aquacenit Ocio

y Deportes S.L. da xestión da

piscina municipal e que a abriría

o día dous de este mes de

febreiro; posteriormente explicaba

que a empresa non se presentara

a firmar o contrato e que

polo tanto non sería posible a

apertura.

O Psoe denuncia agora o estado

no que se encontran as

instalacións; o portavoz socialista,

Camilo Forján, visitou recentemente

o lugar atopándose

con obras sen rematar, paneis

do teito sen colocar, escombros,

duchas e baños inutilizables

etc. O Psoe acusa o goberno de

Antonio Fernández Angueira

de mentir xa que con empresa

adxudicataria ou sen ela a piscina

non está en condicións de ser

usada.

Os socialistas esixen saber

cando se rematarán as obras

para poder abrir a instalación

e que sucederá cos 11 traballadores

que se atopan a dia de

hoxe en unha situación moi

complicada, o pechar a instalación

quedaron no paro e están

a espera de poder ser subrrogados

pola nova concesionaria do

servizo.

Fontes: Psoe Padrón, Lindeiros.

Camilo Forján revisando o estado das instalacións. Foto. Psoe Padrón

febreiro 2015 novas da bisbarra 9

Piden que o

Consorcio

subvencione

o illamento

das vivendas

da Cidade

histórica

O BNG pensa que

pode resolver o

conflito sobre a

programación de

música ao vivo

O portavoz do grupo municipal

nacionalista, Rubén Cela,

expuxo en rolda de prensa unha

proposta que o BNG trasladará

ao Consorcio da Cidade para

que subvencione nun 90% a

substitución de ventás na Cidade

histórica co fin de contribuír ao

illamento sonoro e térmico que

contribúa a minimizar o ruído.

Rubén Cela demandoulle ao

grupo de Goberno de Santiago

que teña unha “actitude moito

máis proactiva na busca dunha

solución ao conflito existente

no marco da programación de

música ao vivo en Santiago de

Compostela”. Nos últimos meses

o BNG reuniuse con veciños

particulares, co asociacionismo

veciñal da Cidade histórica, con

representantes da industria cultural

e dos músicos de Santiago

e tamén do tecido da hostalería

nocturna. “Do resultado desas

conversas, reafirmámonos en

que o Concello de Santiago ten

que arbitrar unha saída razoábel

a este conflito que permita compaxinar

o dereito da veciñanza

a poder descansar cunha programación

cultural que inclúa

música ao vivo á altura dunha

cidade coas características de

Compostela”, dixo.

Fontes: BNG Compostela, Lindeiros.

Denuncian o abandono do

barrio da Almáciga

O Psoe esixe que se respecte o proxecto

Urbana Norte

O voceiro do grupo municipal

socialista, Paco Reyes, visitou as

inmediacións do parque da Almáciga

xunto a representantes

veciñais do barrio, que lamentan

que o goberno de Agustín Hernández

estea a facer cambios

no proxecto Urbana Norte para

este barrio sen contar con eles.

O voceiro socialista denunciou

que o goberno do PP “desnaturalice”

o proxecto, incumprindo

o anteproxecto que tiña o visto

e prace dos veciños e non explique

“a onde vai o investimento

que ía ter este barrio”. Puxo

como exemplo a desaparición

do corredor que estaba deseñado

“para non ter que atravesar

o centro sociocultural cada vez

que alguén queira acceder ás

hortas urbanas”. “O barrio está

abandonado polo Concello,

hai dous días puxeron luz no

parque despois de tres meses a

escuras”, explicou Paco Reyes.

O presidente da asociación de

veciños da Almáciga, Santiago

Martínez, dixo “non entender”

como estaba a quedar o parque

e a zona do que serán hortas

urbanas, “cun terraplén perigoso”.

“Hai unhas escaleiras que

non chegan a ningún lado, na

rúa Vagalume está todo levantado

desde hai tempo e o parque

tamén, as árbores sen podar...

Na rúa Escultor Asorey “hai

problemas para acceder a algúns

garaxes”, elimináronse as

escaleiras da igrexa... Tamén

considera “inaceptable” que se

dividan as rúas que entran no

proxecto de xeito que unhas levan

asfalto e outras formigón e

reclama que se repoñan as barandas

en Escultor Asorey, para

subir e baixar por mor do desnivel

da costa. “O que pedimos

é que antes de facer as cousas

falen connosco, estamos abandonados”,

incidiu Martínez,

“porque esta non é a maneira de

proceder dun Concello”.

Fontes: Psoe Santiago, Lindeiros.

Denuncian a falta de

información sobre a

Carreira do Conde

Esquerda Unida di que a xestión é

incompetente

EU Compostela critica duramente

a xestión do concello

nas obras da Carreira do Conde;

considera inadmisible a falta de

información de cara os veciños

que teñen dereito a coñecer con

anticipación que reformas se farán

no seu barrio.

EU pon como exemplo que

para eles primeiro teríase que

facer un plan de mobilidade

para o ensanche antes de peatonalizar

unha rúa e se preguntan

quen tomou a decisión e con

quen consultou. A crítica ven

tamén pola parte económica xa

que esquerda Unida considera

que os 600.000 euros que custará

a reforma deberían empregarse

en outras moitas obras que

son necesarias por seguridade e

non por estética.

Fonte:s Esquerda unida Santiago,

Lindeiros.

Aprobado o Plan especial

do Parque Arqueolóxico

do Castelo da Rocha

Ten como obxectivo a recuperación e posta

en valor dos restos do castelo

A Corporación municipal

aprobou definitivamente e por

unanimidade o plan especial de

protección e acondicionamento

do parque arqueolóxico da Rocha

(PE-7R). Este documento,

formulado polo Consorcio de

Santiago, ten como obxectivo

a recuperación e posta en valor

dos restos do castelo e dos elementos

asociados, coa creación

dun parque arqueolóxico no que

se permita a observación, análise

e estudo dos devanditos bens

culturais.

Contémplase un programa

a seguir que inclúe a organización

de accesos, as áreas de

recepción e a organización e

integración de áreas estanciais.

Así, na área cualificada como

dotacional permitirase a edificación

nunha ocupación igual ao

10% da superficie e unha altura

máxima de baixo e unha planta,

respectando o sistema de muros

perimetrais existente.

Este plan especial propón a

ampliación do ámbito delimitado

polo Plan Xeral de Ordenación

Municipal (PXOM),

incorporando os terreos situados

na marxe norte do regato

do Vilar, no tramo comprendido

entre a vía férrea e a desembocadura

do río Sar, co obxectivo

de salvar o noiro existente e

crear unha senda paralela ao regato,

sen afectar aos restos da

canle do muíño, ás terrazas e

ao arborado existente. Tamén se

incorporan os terreos situados

na marxe leste do río Sar, co fin

de recuperar o trazado do antigo

camiño de Escorredía, que se

estima máis idóneo que o fixado

polo PXOM para garantir a accesibilidade

peonil ao parque e

a súa conexión co Camiño Portugués

e co castriño de Conxo.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Preguntoiro, 19 - SANTIAGO

Praza da Pescadería Vella, 3 - SANTIAGO

10 concellos

Lindeiros

Padrón Qué pensa facer polo seu concello

A lexislatura 2011-2015 amosou a falla de resposta do PP para facer fronte aos grandes rectos e necesidades cotiás dos veciños/as. Foi un goberno

débil que tralo experimento fracasado dun pacto de gobernabilidade durante ano e medio co PGD e contando con maioría absoluta non foi quen de

elaborar nin o primeiro orzamento, un só orzamento en catro anos amosa o fracaso da política económica. A Administración precisa dunha reforma

e modernización diminuír tempos na concesión de licenzas e de resolución nas solicitudes e reclamacións. Precisase unha aposta decidida polas

novas tecnoloxías, solucionalos servizos básicos contratados en fraude de lei: urbanismo, oficina de rehabilitación, recollida de lixo, por en práctica

medidas efectivas para solucionalo deterioro do casco vello con numerosos edificios caéndose a cachos e xerando un perigo continuo, maior transparencia

na contratación de obras e traballos. Un plan dinamizador cultural e turístico que fixe a dirección, onde se teñan en conta as potencialidades

para poñelas en valor e uso. Todo isto precisa de respostas e solucións en Cipa estamos convencidos que podemos mudar a situación, xestionalos

fondos públicos propios e os procedentes doutras administración con rigorosidade e transparencia sacando deles a maior rendibilidade en beneficio dos nosos veciños/as.

A valoración que fai o Grupo Municipal Socialista, a través do seu portavoz Camilo Forján, é totalmente negativa. O mandato comezou

cun pacto de coalición, PP –PGD, que todos esperabamos pero que os dous grupos artífices del sempre negaron, precisamente adicándose,

debe ser que non había moito máis que criticar, a menoscabar ao goberno anterior por estar en coalición. É así como comezan a súa andadura

sobre unha grande mentira e incumplindo o que tanto pregoaran. De que serviu esta maioría absoluta en coalición..., se polas súas obras os

coñeceredes... , non serviu máis que para deixarnos uns badéns que non contentaron a ninguén, que mais ben incomodaron á maioría é que

nos custaron un riñón. A coalición rompe, di Angelito “que por el bien del pueblo” e sigue en solitario o PP en minoría. Podo enumerar en poucas palabras a súa xestión…

Obras: nin grandes obras, nin pequenas obras; urbanismo: nin preocupación polo casco histórico nin polas distintas parroquias, inversión: nin cultural nin deportiva…

moi equitativos, eso sí, nada de nada para todo o mundo .

Finalmente aclarar, hai que decir a verdade, que algunha cousa sí fixeron… executar os proxectos e plans tramitados e ou iniciados polo goberno anterior con alcalde

socialista, paseo canle derivación río Sar, alcaltarillado en Carcacía, hormigonado pistas de Pazos, Parque infantil do Xuzgado de Padrón, Mellora Xardín, Plan especiais

de Iria e Padrón, actualización PXOU... e menos mal que tiñan ao seu favor gobernos amigos do PP tanto na Xunta de Galicia como na Deputación Provincial como en

Madrid que se non… Catro anos perdidos.

O PGD de Padrón ten claro o futuro e pasa por que debe efectuarse un gran esforzo de reducción, contención e limitación ao máximo dos

gastos, e por outra banda débense seleccionar e dar prioridade a aqueles que se estimen absolutamente necesarios.

1.- Actualizar todas as concesións que estean caducadas, e decir, Guardería, Servizo de RSU, Centro Social, Piscina Municipal

Cuberta. E licitar as que nunca se licitaron SAF, Servizo de Mantemento de Alumeado Público para este ano 2015 pasamos

a 180.000 euros de gasto deste servizo cando noutros Concellos limítrofes co dobre de luminarias que Padrón paganse 90.000

euros. Exemplo: Concello de Teo con 7.800 luminarias paga 90.000 euros ano, Padrón con 4.000 luminarias pagamos 180.000 euros.

2.-A elaboración da RPT ( Relación de Postos de Traballo ) do persoal do Concello; a RPT organiza dun modo claro a distribución de responsabilidades

e a situación de cada posto de traballo, de xeito que, queda claro para o traballador o que se espera del e para o Concello o que pode esixirlle ao traballador. Con

isto mellórase a xestión e rendimento da organización do Concello, polo que coa RPT pretendemos buscar un cambio, e o mesmo tempo unha mellora, tanto dos servizos

públicos coma dos funcionarios.

3- Tramitación e resolución das licenzas de obra según marca a lei, obra menor 1 mes e obra maior 3 meses.

4- Tramitación e aprobación do PXOM e Plans Especiais do noso Concello.

5- Potenciar e continuar co Servizo de Emerxencias Comarcal, a día de hoxe o GES.

6- Aumentar a partida orzamentaria destinada aos Servizos Sociais.

7.- Supresión de axudas públicas aos Grupos Políticos Municipais, o que suporía unha reducción de máis de 8.000 euros anuais en gasto de carácter político.

O PGD empregaremos a filosofía de dar prioridade a aqueles gastos que se estimen absolutamente necesarios para poder manter unha axeitada xestión dos servizos públicos,

reducindo gasto público sen mermar servizos, e con esas premisas traballar no día a día.

TEMPO MORTO PARA UN GOBERNO INCAPAZ DO PARTIDO POPULA, PRESIDIDO POR ANTONIO FERNÁNDEZ ANGUEIRA

A valoración das actuacións deste goberno é negativo porque non fixo nada. Foi un goberno incapaz. Incapaz de manter o seu grupo de goberno,

debido ao cese ou dimisión forzada dunha concelleira. Incapaz de manter un acordo de goberno con outro grupo político que lle proporcionara a tan

suplicada maioría plenaria; pero sobre todo, absolutamente incapaz de dar resposta ás grandes cuestións que están a estrangular Padrón. Non cumpriu

coa obriga primeira dun Goberno Municipal de regularizar os contratos coas empresas que prestan servizos públicos en Padrón. Recollida de

lixo: a empresa leva prestado o servizo desde hai case catro anos cando o seu contrato era por tres meses e improrrogable. Piscina municipal:logo

de cuantiosos investimentos públicos se pecha. Padrón sen piscina. Os traballadores sen traballo e o Goberno do P.P. que non resolve. O mantemento

do alumeado público e a facturación ao concello por empresas que prestan unha ampla gama de servizos son sistematicamente reparados (“advertidos”) pola “Intervención”

do propio concello que vela pola escrupulosa regularidade administrativa destas facturas. O goberno municipal do P.P. mira para outro lado.

O problema do aparcamento, mellora da praza de abastos, ordenación do mercado dominical, reordenación do tráfico, mellora na atención á dependencia, mellora do

transporte cos núcleos rurais, plan de saneamento nas parroquias (Carcacía aínda no o ten!!!). Nada diso hai na acción do goberno do P.P. de Padrón. ¿Por que. Porque non

teñen proxecto. A súa actuación foi aplicar disciplinadamente os recortes ordenados por Feijó e Rajoy que están a estrangular a Padrón e aos seus veciños.

O BNG de Padrón puxo propostas e proxectos a disposición do goberno en cada un dos grandes problemas de Padrón, que non interesaron moito ao este goberno do P.P.

O BNG considera que as nosas propostas si lle van interesar aos veciños e veciñas de Padrón. En pouco poderán decidir.

febreiro 2015 concellos 11

Touro Qué pensa facer polo seu concello

UN GOBERNO CARO E ACABADO

Touro leva vintecinco anos ininterrumpidos co mesmo alcalde e con moitos dos mesmos concelleiros. Estamos nun declive moito máis pronunciado

que nos concellos limítrofes con unha perda de poboación alarmante, un número de parados que case é o mesmo que os de menores de 15

anos, ou unha renda media inferior nun 15% aos concellos cos que limitamos.

Temos un goberno caro. Cada concelleiro/a do PP cobra ao redor de 500 € ao mes en dietas, ao ano uns 6.000€, por 7 concelleiros saen

42.000€, máis os 48.000€ do alcalde resultan 90.000€ ao ano. Na lexislatura máis de 360.000€.

Un goberno con corruptos. O actual teniente de alcalde foi condenado xudicialmente por cobrar ilegalmente dunha das duas cooperativas que

levou a quebra., deixando aos gandeiros e aos traballadores sen cobrar. Pero o alcalde non quere, ou non se atreve, a cesalo dos seus cargos.

Un goberno con comportamentos clientelares. As asociacións que non son afíns ao PP son totalmente ignoradas ou desprezadas directamente.

Un goberno esgotado e sen ideas onde os problemas se eternizan. Un polígono industrial co record de CERO EMPRESAS!, un punto de atención infantil rematado

dende setembro pero valeiro todo este curso escolar, unhas minas de rio tinto que seguen contaminando e con cheiros insoportables, un núcleo de Fonte Diaz con aspecto

de semiabandono, excepto na rua onde ten a casa o alcalde... Son só algúns dos problemas que o BNG ven denunciando con insistencia e que o goberno ignora con

obstinación.

Desde o goberno municipal fixemos un esforzo ao longo deste catro anos por realizar unha xestión eficiente dos nosos recursos, reducindo gastos

na medida do posible e deixando de lado grandes proxectos que puidesen comprometer a situación económica do concello. Terminamos a construción

da Casa da Cultura e do punto de atención á infancia; fixemos un esforzo por levar a auga a todas as casas con fondos propios; arranxamos os

accesos e os camiños interiores das aldeas, parques públicos e a rede viaria; desenvolvemos programas de formación e impulsado plans de emprego

con fondos propios. Preocúpanos moito de potenciar o concello como punto turístico e por iso coidamos aos peregrinos que optan por esta vía; colaboramos

coa área turismo de Compostela para impulsar proxectos conxuntos e cos outros concellos que forman parte da tradición dos Xenerais dá

Ulla tentando que cada ano se consolide máis como cita no calendario do Entroido.

Desde o Partido Popular somos conscientes de que só con traballo pódese avanzar, por iso fixámonos a mesma meta para as eleccións de maio que nos impulsa cada día:

axudar aos nosos veciños nas súas necesidades e conseguir facer de Touro un lugar para vivir, con todos os servizos que o mundo de hoxe en día require e cunha clara vocación

residencial. Somos conscientes do desencanto de moitos votantes pero tamén cremos que a experiencia e o traballo realizado nos últimos 4 anos avala á nosa formación

en Touro.

Cara Maio

NOVAS

Negreira

O coordinador de Ciudadanos

(C’s) de Negreira, José Manuel

López, anunciou que Ciudadanos

(C’s) de Negreira concurrirá

ás eleccións municipais do

próximo 24 de maio.

Tras recibila aprobación do

Consello Nacional do partido,

José Manuel López apostou

por “unha administración local

máis transparente e participativa”.

E declaróu que “a configuración

das listas realizarase

durante as próximas semanas

mediante un proceso interno de

eleccións primarias”.

Brión

A Asemblea do PSOE de

Brión elixiu por unanimidade

a Xosé Luís García como candidato

á Alcaldía de Brión. Os

case douscentos simpatizantes

e militantes apoiaron a proposta

do actual alcalde de Brión, quen

agradeceu o respaldo unánime

dos presentes e animounos a

colaborar na campaña xa que “o

traballo que fixemos estes catro

anos aválanos para seguir traballando

por Brión outros catro

anos máis”.

Boqueixón

Presentouse a Candidatura

Aberta Veciños de Boqueixón

que está impulsada por distintos

concelleiros como Perfecto

Barcala que procede do Psoe e

Xavier Canaval que forma parte

de ANOVA; defínense como “

unha Agrupación de Electores

Independentes impulsada por

varios concelleiros municipais

de Boqueixón. Unha agrupación

que nos constituímos de

forma democrática e aberta, que

pretende promover o debate e a

participación directa dos veciños

de Boqueixón”.

A Agrupación local de Compromiso

por Galicia de Boqueixón

escolleu a Xesús Area

Gómez como novo Secretario

Xeral. Así mesmo a agrupación

publicou o calendario de

primarias no concello que se

inicia o dia 16 e rematará o 22,

un proceso do que sairá elixido

o candidato a alcaldía de Compromiso

X Galicia.

Ames

A asemblea aberta do BNG

de Ames reuniuse para debater

a proposta de candidatos e candidatas

ás vindeiras eleccións

municipais. A asemblea aprobou

por unanimidade a proposta

da comisión electoral, polo

que será David Santomil Mosquera

a persoa que encabece

a candidatura do BNG Asembleas

Abertas para as eleccións

de maio de 2015. Nos seguintes

postos da lista incorporaranse

Isabel Vaquero Quintela, Alberte

Souto Souto, Isabel Moares

Rei e Alonso Barreiro Caxade.

A asamblea aberta de Ames

Novo reuniuse para consensuar

coa cidadanía os dous documentos

que marcarán o traballo

da formación, o código ético e o

regulamento de primarias servirán

para concretar a fórmula de

elección da lista que concurrirá

as municipais e os compromisos

que ten que adquirir quen se

queira presentar.

O partido independente

PACTOxAMES confirmou a

Ramón garcía Argibay como

candidato a alcaldía nun acto

celebrado o pasado dia 30. Segundo

a formación “Despois de

dous anos dende a súa creación,

PACTOxAMES está consolidado,

con unhas estruturas fortes

e nas mellores condicións para

defender de forma totalmente

independente os intereses do

concello. Sen ataduras de ningún

tipo, sen dependencias de

outros poderes estatais ou autonómicos

e con experiencia

máis que demostrada en xestión

municipal”.

Teo

A asemblea local do BNG en

Teo elixeu o primeiro tramo da

candidatura nacionalista que vai

estar encabezada polo actual

portavoz municipal, Manuel

Anxo Fernández Baz, ao que

lle segue Ana Pintos Pérez, Renato

Núñez Dasilva, Almudena

Taboada Castro e Carlos Cebey

Olveira.

O responsábel local, Manuel

Rodiño, subliñou que “a previsión

é que a lista quede elaborada

ao longo do mes de xaneiro

incorporando as propostas que

se realizaron nas asembleas

abertas celebradas”.

12 educación

Fátima García Doval

Desde que a revolución industrial

pariu os medios audiovisuais

o mundo da educación

viuse infestado de ogros e princesas.

Curiosamente, como

Ianus, o deus romano de dúas

caras que simboliza as transicións

e que dá nome a Xaneiro,

os ogros e as princesas

audiovisuais son, en educación,

o mesmo ente con diferentes

fachadas. Tanto grandes salvadores

chamados a revolucionar

a educación, como verdugos

implacables que veñen sumir

ás futuras xeracións no pantano

da superficialidade e a

incultura.

A invención do cinema vaticinou

a morte das escolas e

os seus mestres. Así, sucesivamente,

a radio, a televisión, os

computadores, os smartphones...

convertéronse, por rigorosa

orde, no malo maloso, o

Goldfinger e o Dr. Non duns

mestres 007, con licenza para

catear. Con máis colorins, con

máis tirón mediático, con máis

atractivo e con maior comodidade.

Sen saír da súa casa,

señora. Que o teño barato. Coñecemento

de marca. A bo prezo.

Todo satisfacción.

Paralelamente o mesmo cinema,

a mesma radio, a tele, a

informática toda e os teléfonos

intelixentes coa súa miríada de

aplicacións e funcionalidades,

foron caracterizados como ese

mal satánico que distrae do importante

e non serve para nada.

Fogos de artificio para pasar o

intre.

A realidade é que todos os

elementos mencionados pasaron

polas aulas sen pena nin

gloria, e sen deixar apenas pouso.

Facilitaron a vida do profesorado

e encheron de cor a vida

dos alumnos, sobre todo en

certas etapas. Pero non acabaron

cos mestres, nin cos libros

de texto, nin cos cadernos...

Nin sequera acabaron cos encerados,

que se se dixitalizaron

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y

lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía

e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de

educación especial en Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Ogros e princesas

pasando a ser, de vez, as pantallas

de proxección máis caras

da historia.

Propoño poñer en marcha

o Delorean, ou a máis compostelá

FluzoVespa, de Nacho

Mirás Fole, para darnos un paseo

temporal polo século XIX.

Supoñamos que da nosa visita

ao Españistán decimonónico

traémonos a un bo cirurxián.

Á nosa chegada, e para que

non se aburra, depositámolo

nun dos quirófanos do CHUS e

pedímoslle que proceda ao seu.

A súa reacción pode variar entre

gritar despavorido e caer en

posición fetal. Pero, de seguro,

non sabería por onde empezar

a tarefa, o pobre, nin coa axuda

de todo o equipo de adxuntos,

MIRes e enfermeiras que

se puidesen dar cita á súa ao

redor.

Supoñamos agora que, en lugar

de traernos a un cirurxián,

traémonos a un mestre. Á nosa

chegada facemos o propio e

depositámolo nunha aula calquera.

Talvez erga a cella un

pouco ao ver as pintas que nos

gastamos, o computador sobre

a mesa e o proxector colgando

do teito. Pero pasado ese susto

inicial, agarrado ao xiz como

un naufrago ao seu bote salvavidas,

empezaría a clase sen

pena nin gloria. E ao final da

mañá ninguén diría que non é

un profe máis.

Isto é así pola propia natureza

do proceso de ensino-aprendizaxe.

O que determina o seu

éxito (ou fracaso) é, por unha

banda, a capacidade do profesor

para guiar, estimular e animar

ao alumnado; e por outra,

a disposición e habilidade do

alumnado para procesar no seu

cerebro a información manexada

apropiándose dela e transformándoa

en coñecemento.

Todo o demais é accesorio.

Nin ogro nin princesa. Puro

complemento e ferramenta.

Como eses músicos ambulantes

que poboan os vídeos

virais tocando calquera instrumento

improvisado. É o

músico e non o instrumento, o

profesor e non o recurso educativo,

o que converte o son

en música e a información en

coñecemento.

Ilustración: Jorge del Oro

Novas da USC

Presentouse Cilenis, unha

empresa dedicada a tecnoloxías

da linguaxe

Cilenis e un spin-off da Universidade

de Compostela, unha

empresa que nace a partir dos

coñecementos adquiridos na

USC e baixo o seu amparo, que

naceu no 2011 recibindo ese

mesmo ano o Primeiro Premio

como Proxecto Empresarial Innovador.

En 2012, o empresario

e analista económico Marc

Vidal converteuse en socio de

Cilenis, adquirindo parte da

compañía a través da empresa

IDODI Labs.

O pasado ano Cilenis lanzou

o portal de ferramentas lingüísticas

Linguakit, que ofrece ao

gran público os últimos avances

en tecnoloxía lingüística. O seu

proxecto estrela é Avalingua, un

software de corrección automática

que permite avaliar o nivel

lingüístico de documentos escritos

galardoado coa Mención de

Honra no MIT Building Global

Innovators 2013. A presentación

foi realizada polo seu fundador

e actual co director Isaac

González.

Santiago atópase entre as

dez universidades españolas

cun maior compromiso

medioambiental

O GreenMetric University

Ranking, clasificación que compara

os esforzos de máis de 360

universidades de 62 países en

materia de sustentabilidade e

xestión medioambiental dos seus

campus, sitúa á Universidade de

Santiago no posto 149. Nesta listaxe

figuran un total de 21 universidades

españolas, de entre

as que a de Santiago é a única

galega e a novena de España.

Para a súa elaboración, seleccionáronse

unha serie de criterios

relacionados coa sustentabilidade

e valorados tendo en conta

o tamaño básico da institución,

o seu emprazamento (urbano,

suburbano ou rural) e o grao de

espazos verdes de que dispón.

Entre os datos valorados, tamén

se avaliou o consumo de electricidade,

auga ou xestión de refugallos,

entre outras cuestións. O

obxectivo é alcanzar unha imaxe

de como a universidade está

respondendo ou afrontando os

requirimentos da sustentabilidade

a través de programacións ou

accións concretas.

Lindeiros

Premio de Oral Diseases ao

mellor artigo científico do ano

para un traballo da USC

O traballo ‘HCV clearance

from saliva of HIV–HCVcoinfected

patients on treatment

with interferon plus ribavirin’,

da autoría dun equipo da USC,

foi galardoado co premio ao

mellor artigo de investigación

orixinal publicado en 2014 na

revista Oral Diseases, unha prestixiosa

publicación do ámbito da

odontoloxía.

Os autores do estudo Javier

F. Feijoo, Mirian Eirea, Maite

Abeleira, Isabel Ramos, Antonio

Ocampo, Pedro Diz e Jacobo

Limeres pertencen ao grupo

de investigación en Odontoloxía

Médico-Cirúrxica (OMEQUI)

da USC que dirixe este último.

A principal achega da investigación,

realizada na USC en

colaboración co Hospital Xeral-

Cíes (CHUVI), é que nos pacientes

con hepatite C crónica

coinfectados con VIH -nos que

cabe agardar unha certa sinerxía

viral- que responden ao tratamento

con interferón pegilado/

ribavirina as glándulas salivares

non representan un santuario

para o virus da hepatite C, aínda

que o aclaramento viral na saliva

pode ser máis lento que no

sangue.

Unha tese da USC acada

o Premio Nacional Literario

Lingua Nai de Italia

A doutora en Teoría da literatura

e literatura comparada

Federica Angelini acaba de gañar

o Premio Nacional Literario

Lingua Nai de Italia pola súa

tese ‘Il pensiero nomade. Scrittrici

migranti raccontano l’Italia

multietnica’ que defendeu na

Universidade de Santiago baixo

a dirección do profesor de Literatura

comparada da USC César

Domínguez.

O certame diríxese a estudantado,

persoal investigador e académico

universitario que elixe

como obxecto de investigación

da súa tese a competencia en

lingua materna. Trátase de ofrecer

así unha oportunidade para o

diálogo entre a universidade e o

tecido da cidade a fin de profundar,

cun novo enfoque científico,

pouco convencional e inspirado

no pensamento da diferenza sexual,

no fenómeno da migración

feminina.

Fontes: USC, Lindeiros

febreiro 2015 empresa 13

Congelados Asturgal

Calidade na porta da casa

Desde fai moitos anos é común

ver chegar as aldeas os

peixeiros ou os panadeiros vendendo

a súa mercancía; Astur

Galaica recolleu esa idea e ampliouna

para repartir polas casas

do rural produtos conxelados,

unha venda a domicilio e por

encargo que cubre unha ampla

zona do centro de Galicia.

A empresa Congelados Astur

Galaicos chegou a Santiago hai

máis de 15 anos e o longo de

todo este tempo foi recollendo

unha clientela que creceu ano a

ano e que foi variando as necesidades

e os costumes. José María

é un dos responsables “faise

como toda a vida, as furgonetas

tocan a bucina e os veciños saen

a comprar, algunha xa di desde

a ventá que non, que queda

para a semana seguinte”. As

distintas furgonetas teñen 5 rutas,

unha por cada día da semana,

pero si alguén chama para

solicitar que o sirvan inclúese

o lugar “nos cada día abrimos

clientela nova, incluso algúns

indícannos que paremos nas

casa de algún familiar o veciño

que probou algo e tamén quere

comprar”. Unha vez rematadas

as festas de Nadal onde o marisco

e sen duda a estrela a hora

de vender, os condutores volven

os tres produtos máis demandados

“polbo, pescada e bacallau

son os tres estandartes nosos,

en Nadal o lagostino, cigala. boi,

vieira...”.

O lugar de venda é o rural

pero non so o máis agochado se

non ese outro que está as costas

das vilas “non ten porque ser o

rural agochado, tamén en zonas

rurais pegadas as vilas e as zonas

urbanas; creo incluso que

se vende máis porque nas vilas

os conxeladores das casas son

máis pequenos mentres que no

rural son máis grandes e cando

algo está bo e a bo prezo aproveitase

e compran máis cantidade,

as veces vendemos unha

caixa de polbo ou de pescada; si

un se fixa os grandes supermercados

como Gadis, ou grandes

cadeas como Gran Sol instalan

os seus negocios nas saídas das

cidades”.

En estes quince anos cambiou

moito o perfil do cliente e iso

obriga a cambiar os produtos e

as dinámicas de venda “cambiou

moito, tivemos que especializarnos

en produtos; antes a

xente quería cousa económica e

agora queren que teña bo prezo

pero tamén con boa calidade,

a xente prefire unha rodaja boa

que dúas cativas; antes traballabas

filete de batalla, filetes de

pescada que foran canto máis

económicos mellor e compraban

por prezo, agora mirase

moito o que se compra, buscase

un pouco máis a calidade”.

A dispersión da poboación

na nosa terra e o que posibilita

en gran medida que empresas

como Congelados Astur Galaicos

teñan un mercado tan extenso

pero non é menos certo que o

bo servizo e a calidade do produto

e o que fideliza o cliente.

Colaboración

Lindeiros e Congelados Astur

Galaicos inician un experimento

de colaboración que posibilitará

que o noso xornal chegue a

moitas casas do rural do mesmo

xeito que chegan s conxelados;

en moitas vivendas a prensa non

chega a non ser que se aproveite

unha viaxe a vila para comprala;

a intención e poder levar o noso

xornal a maior cantidade de

casas para contar o que sucede

non so nos seus concellos se non

tamén nos lugares da contorna.

Fotos: Loli Fdez.

FreireGarabal

asesoría xurídica

Herdanzas: testamentos, particións, declaración herdeiros

Administrativo: multas, licenzas, expropiacións

Asesoría: contratos, documentos, xestións catastro

MJ Freire-Garabal Núñez. AVOGADA

Travesía de Cacheiras, 37, baixo, Cacheiras, 15886 Teo

Tfno. 981 935 000 Móbil 616 281 008

freiregarabal@avogacia.org

14 antonte

Lindeiros

Colexiata de Santa María a

Maior e Real de Sar

Santiago ten a súa particular

torre inclinada de Pisa aínda

que está agochada no interior da

Colexiata de Sar, sorprende ver

como as columnas inclínanse

como se todo o conxunto fora

caer de un momento a outro,

pero a Colexiata ten moito máis

que ver e moito máis que contar.

Munio Alfonso, membro do

cabildo da Catedral, é proposto

como arcebispo de Mondoñedo

por Diego Xelmirez no

ano 1112; alí pasaría 22 anos e

volvería a Compostela coa intención

de fundar un pequeno

mosteiro rexido por unha comunidade

de monxes agostiños,

ese foi o xermolo do que hoxe é

a Colexiata. Munio morreu pero

deixou o encargo o seu amigo

Xelmirez que consegue que os 3

meses da morte, o 1 de setembro

do 1136, fírmese o diploma

fundacional, un documento que

aínda se conserva no museo do

templo; menos dun ano despois

en xullo de 1137 o rei Fernando

VII confirma o documento o

que converte o proxecto na primeira

comunidade agostiña de

Galicia.

Xelmirez e determinante nos

primeiros tempos xa que promove

a relación cos coengos

da Catedral e comprometese a

manter os privilexios dos que se

queiran trasladar a Sar. No ano

1140 o propio Xelmirez consagra

as capelas da cabeceira da

igrexa, os primeiros edificios en

rematarse de todo o conxunto;

unha construción fortemente

influenciada pola fábrica da Catedral

e polo estilo do Mestre

Mateo.

A Colexiata foi seguramente

rematada por completo nos

primeiro anos do século XIII;

a partir de ese momento o respaldo

da coroa mediante a concesión

de dotacións, exencións e

privilexios a comunidade agostiña

foi unha constante o longo

de toda a idade media; distintos

arcebispos de Santiago foron incorporando

os bens do mosteiro

pequenos cenobios rurais sobre

todo no século XIV, San Estebo

de Anós en Cabana, Santo

Tomé de Nemeño en Bergantiños

ou o máis próximo de San

Xoan da Coba na Ulla foron

exemplo de estas cesións.

No século XVI comeza o

declive do priorato que se converte

en esta etapa en colexiata,

por aquel entón o responsable

era Jacome Álvarez que segue

enterrado na igrexa. O último

prior que tivo Sar foi no século

XVIII; Pedro de Acuña e Malvar

loitou por unha certa recuperación

do poder e prestixio do

templo, home estudado chegou

a ser Dean da Catedral e ministro

de graza e xustiza do rei

Carlos V.

No século XIX a Colexiata

pasa de xeito definitivo a ser

unha parroquia da cidade e en

1895 o edificio e declarado Patrimonio

Nacional. Na actualidade

é unha das comunidades

mais activas de Compostela e

desde as administracións véñense

desenrolando distintas

tarefas de rehabilitación.

E rematamos no principio,

coas columnas inclinadas para

as que non hai unha clara explicación;

uns apuntan a un erro

na construción a a excesiva altura

das naves laterais, outros

creen que foi feito aposta e outros

falan dunha consecuencia

da inestabilidade do terreo que

o situarse o carón do río vese

inundado as veces; sexa como

sexa é unha construción para

contemplar con calma, unha

igrexa para disfrutar e que forma

parte da historia da cidade

tanto como a propia Catedral.

Fotos: Loli Fdez.

febreiro 2015 e ti de quén ves sendo 15

Ghaleb Jaber Ibrahim, Presidente de la

Fundación Araguaney Puente de Culturas

Es una de las personas que

mejor pueden conocer la historia

reciente de Compostela, ya

sea por medio de la Fundación

Araguaney, del hotel con todos

sus servicios o de la productora

y estudio de doblaje CTV Ghaleb

ha estado de una forma u

otra a la ciudad desde hace más

de 40 años y sobre ella tiene su

propia opinión “las inquietudes

de mi grupo son por un lado culturales

y por otro económicas y

por eso hemos estado muy vivos

en la ciudad, desgraciadamente

yo veo que la ciudad ha evolucionado

en cuanto a cemento

pero sin orden, sin modelo; los

políticos han trabajo mucho

sobre la ciudad vieja, sobre el

prestigio de la ciudad vieja y se

olvidaron de que la ciudad es la

ciudad vieja con otras cosas []

para mí ha sido una evolución

desordenada que ha mirado

más por intereses personales y

partidistas y sin pensar que no

existe un modelo bueno si no

es sostenible; un buen ejemplo

es que tenemos 108 hoteles en

la ciudad pero la ocupación no

llega al 20% al año, y sucede

lo mismo con restaurantes, con

bares...”.

Ghaleb llegó a España a finales

de la década de los 60; se

licenció y doctoró en medicina

en la Universidad de Santiago

de Compostela y en el 2003 en

Periodismo por la Complutense

además de contar un Master

en dirección de empresas; le

preguntamos por su paso por

la Universidad y la valoración

que hace del momento actual

“cuando llegué en 1970 me impresionó

lo que vi, yo venía de

Palestina y me encontré una

universidad viva, en ebullición;

esto se mantuvo hasta que se

disgregó en 3 universidades,

algo que me disgustó profundamente

y que creo que tampoco

fue del gusto de la comunidad

universitaria; en vez de crear

una Universidad de Galicia y 3

o 5 campus, algo que no es incompatible,

pero con una sola

universidad, con una sola política

universitaria sin embargo

se ha hecho una barbaridad, el

modelo es también insostenible.

Los problemas económicos y

presupuestarios de la universidad

impiden que se profundice

en un modelo universitario

como Dios manda”.

La ciudad vive en muchos

casos de espaldas a esa universidad

y a otras muchas cosas,

aunque la culpa no sea solo de

los ciudadanos “la Universidad

vive de espaldas a la ciudad y la

ciudad no hace nada para exigir

que la Universidad no se separe

de ella; el elitismo universitario,

la “casta” llamémosle así, siempre

ha tenido una política equivocada.

Yo he sido miembro del

consejo social de la Universidad

y todo el esfuerzo que estamos

haciendo es cubrir el presupuesto

y superar este momento, pero

nunca conseguimos llegar a un

segundo nivel de crear una Universidad

incorporada a la sociedad,

que trabaje por la sociedad;

en lo cultural, en lo educacional,

en lo social, en lo político,

en todo esto prácticamente la

Universidad es una isla; pero

además la iglesia es una isla, la

política autonómica es una isla,

al final la ciudad es tan solo un

gobierno que busca el ladrillo y

que se abran negocios como sea

y la oposición tampoco tiene un

modelo de ciudad definido”.

El ámbito cultural es uno de

los espacios en los que Ghaleb

ha volcado gran parte de sus esfuerzos,

la Fundación Araguaney

Puente de Culturas es desde

el 2008 miembro de la Alianza

Internacional para la diversidad

cultural que forma parte de la

UNESCO, la Fundación programa

habitualmente exposiciones,

conferencias o ciclos de

cine como Amal; en todo esto

Ghaleb insiste también en modelos

racionales y sostenibles

“yo he defendido tanto en el

ayuntamiento como en la universidad

un modelo sostenible

basado en que las instituciones

no tienen que programar; los

programadores culturales tienen

que tener una coordinación con

los municipios y estos ser supervisores

y derivar sus medios

a las asociaciones, a las fundaciones

y a esos programadores;

si al final todos programamos ,

al final no tenemos nada; la labor

del ayuntamiento ha de ser

conseguir que los demás hagan,

ha de ser un gestor, un distribuidor;

cuando me pongo a organizar

una cabalgata de reyes, que

no tengo por qué saber de eso,

en vez de encargarle a un profesional

para que lo haga, termino

gastando el mismo dinero y sale

mucho peor, el ayuntamiento lo

que tiene es que saber quién es

el mejor para organizarlo”.

Ghaleb habla también de la

función social del dinero y del

papel de las empresas a la hora

de participar en la sociedad “los

clientes del hotel, de mis empresas,

son lo más importante pero

también es importante el resto

de la gente; los que vienen aquí

los atiendo maravillosamente,

son los que me dan fondos y

parte de ese dinero lo dedico a

devolverlo en acciones sociales

y creo que esa función social del

dinero es de lo que carecemos a

nivel general. Tenemos una Cámara

de comercio inoperante,

asociaciones de hostelería inoperantes,

una Universidad para

muchas cosas inoperante, un

ayuntamiento también para muchas

cosas inoperante y es entonces

la ciudadanía la que tiene

que moverse pero el problema

es que cuando se mueve le llamamos

otra cosa”. Ghaleb está

muy dolido con el trato recibido

en algunas cuestiones como

el festival Amal, pero lejos de

parar todo decide seguir en solitario

“al final me dio la sensación

de que desde hace 4 o 5

años al mundo político y municipal

parece que le molesta que

hagas cosas, y yo al final hago

las cosas para los ciudadanos y

tomo la decisión de que para no

molestar a los políticos no les

invito ni siquiera a los actos; y

en vez de un festival haces un

ciclo de cine, porque el cine es

el protagonista y no las fiestas ni

los pinchos; los políticos noven

que Amal no se hace solo aquí,

se hace en Riveira, en Coruña,

pero también en Caracas, Buenos

Aires o Palestina y esto es

lo que coloca a Santiago a nivel

internacional”.

Nos vamos con la sensación

de que la ciudad debería escuchar

más, debatir más, que hay

ideas y modelos que llevan pugnando

por salir muchos años

pero que los tópicos y las etiquetas

impiden que se tengan en

cuenta.

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

febreiro 2015 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

Éxito do Festival de aninovo de Oroso

A Aula de Música reuniu a máis de 200 personas

Máis de douscentos veciños e

veciñas encheron o salón de actos

do centro cultural Fernando Casas

e Novoa de Sigüeiro durante

a terceira edición de Festival de

Aninovo da Aula de Música de

Oroso; un concerto no que participaron

máis de medio cento

de rapaces e rapazas, de idades

comprendidas entre os 8 e os 15

anos, que amosaron os grandes

avances acadados ao longo dos

últimos anos. A diferenza de

edicións anteriores, nesta ocasión

a música clásica chegou a

perder o seu protagonismo fronte

a cancións pop, bandas sonoras,

jazz e rock, o que sorprendeu aos

presentes e foi moi aplaudido; un

apoio que foi agradecido polo director

da Aula de Música de Oroso,

Juan Salgueiro.

O festival arrancou coa actuación

dos máis pequenos, os

nenos e nenas de Música e Movemento,

de idades comprendidas

entre os 4 e os 7 anos, que

interpretaron unha canción popular

instrumental cos seus violíns

e instrumentos de percusión;

a actuación máis aplaudida da

noite foi tamén a máis numerosa,

pois reuniu á orquestra e coro da

Aula de Música de Oroso, que interpretaron

tres pezas: “Sad Movie”,

“Bela e besta son” (da BSO

“A Bela e a besta”) e mesmo se

atreveron a cantar en francés

“Vois sur ton chemin” (da BSO

“Os chicos do coro”); o broche

de ouro e a actuación máis sorprendente

da noite foi a de “Os

Ghunmimákina´s”, un combo de

música moderna formado por

cinco mozos orosáns que comezaron

con “Work song” (Cannonbal

Adderley), sorprenderon

cun “Sweet home Chicago” (Robert

Johnson) e arrincaron unha

gran ovación co coñecido “7 nation

army” de The white stripes.

O concelleiro de Cultura, Antonio

Leira, foi o encargado de

dar a benvida aos máis de douscentos

veciños que ateigaban o

centro cultural de Oroso e destacou

especialmente o traballo

desempeñado ao longo dos últimos

anos pola Aula de Música

de Oroso, “onde conseguimos

un centro no que os nosos nenos

aprende e, sobre todo, disfrutan

coa música”.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Lindeiros

As festas da Peregrina de

Bertamiráns xa teñen

comisión de festas

Foi reciba o pasado mes de xaneiro polo

alcalde Santiago Amor

O alcalde de Ames, Santiago

Amor, recibiu na Casa Consistorial

aos novos membros

da comisión de festas da Virxe

da Peregrina; o seu presidente,

Andrés Núñez, acompañado do

vicepresidente, a secretaria e o

tesoureiro, solicitou ao rexedor

local a colaboración do Concello

na organización das festas

patronais de Bertamiráns.

Os actos celebraranse a segunda

fin de semana de agosto,

sábado 8 e o domingo 9, e

aínda que non teñen pechada a

programación, Núñez adianta

que actuarán dúas orquestras

cada día, haberá unha sesión

vermú, atraccións para os máis

pequenos e os tradicionais actos

relixiosos; previamente, no mes

de xuño, a comisión organizará

unha sardiñada popular para recadar

fondos.

As festas da Peregrina foron

organizadas no 2014 pola

Asociación de Comerciantes

de Bertamiráns despois de que

ningún veciño quixera facerse

cargo e impulsados polo equipo

de goberno municipal; a nova

comisión recoñece que “aínda

hai moito que facer e son tempos

difíciles para as familias

pero estas datas son festexadas

por todos os veciños e é importante

continuar celebrando a

festa da Peregrina”.

Fontes: concello de Ames Lindeiros.

Coro e orquesta da aula de música de Oroso. Foto: concello de Oroso

A Comisión de Festas da Peregrina co alcalde Santiago Amor. concello de Ames

Nace o Círculo Cultural Hispano Árabe

Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney, é membro fundador

O pasado día 15 de xaneiro

presentouse e asinouse na

sede da Casa Árabe en Madrid

a acta fundacional do Círculo

Cultural Hispano Árabe; trátase

dunha nova institución que

nace co obxectivo de ser o punto

de encontro entre cidadáns españois

e árabes do que Ghaleb

Jaber Ibrahim (Presidente da

Fundación Araguaney-Ponte

de Culturas) é membro fundador

xunto a María Vitoria Caro

Bernal (xestora cultural), Ghanem

Aldroubi Chaban Kabakibo

(médico oftalmólogo), Jesús

Antonio Núñez Villaverde (Codirector

do Instituto de Estudos

sobre Conflitos e Acción Humanitaria

IECAH, Abdel-Wahhab

Tounsi Mohd (editor da revista

Palestina Dixital).

Entre os socios honoríficos,

atópanse personaxes de recoñecido

prestixio como o profesor

Federico Mayor Zaragoza

ou o arabista Pedro Martínez

Montávez así como Carmen

Ruiz Bravo-Villasante, Pilar

Tormo Martín e Mahmud Sobh

Ao-Kurdi.

O proxecto bota a andar nuns

momentos complicados para

a imaxe do mundo árabe e dos

seus concidadáns e pretende ser

un eixo para o fomento cultural

de forma independente e autónoma.

As actividades que este

círculo desenvolverá serán diversas,

cubrindo todo o espectro

cultural: Literatura, Artes, Ciencias...

coñecementos que farán

posible crear un espazo común.

Premios ao xornalismo, á literatura

ou ás artes ademais de

festivais, conferencias e talleres

que terán lugar en varios puntos

da xeografía española.

Fontes: Fundación Araguaney,

Lindeiros

Membros fundadores do Círculo Hispano Árabe. Foto: Fundación Araguaney

febreiro 2015 pasou 19

A Asociación de Empresarios do Polígono Novo Milladoiro

entregou os premios do concurso de fotografía

Victor Piñeiro foi o gañador do primeiro

premio

O pasado mes celebrouse a

gala de entrega dos premios

do concurso de fotografía organizado

pola Asociación de

Empresarios do Polígono Novo

Milladoiro, unha primeira edición

que recibiu 61 imaxes que

foron expostas na Casa da Cultura

do Milladoiro.

A intención do concurso segundo

a asociación é “achegarse

á visión da empresa

actual por medio da fotografía

e ofrecer unha maior difusión

comercial aos nosos negocios

locais” segundo explica Salomé

Blanco responsable de

prensa do Polígono; un espazo

empresarial que acolle na actualidade

a 190 firmas.

O primeiro premio foi para

Victor Piñeiro por unha imaxe

dun loft na que o xurado valorou

o tratamento da luz; Belén

Outón e Xaime Cortizo

obtiveron respectivamente o

segundo e tercer posto. O xurado

estivo composto por Xoan

A. Soler e Raquel Di Carvalho

que destacaron o bo nivel dos

participantes.

Fontes: AEPNM, Lindeiros

O cuarteto de Mijail Moriatov nun momento da gala. Foto Manel Pardo

O Mago Teto presentou o

espectáculo “O Afiador”

Unha combinación de maxia e tradición en

torno a pedra de afiar

O espectáculo de maxia “O

afiador” xira en torno a unha

roda de afiar dos anos 30 herdada

polo mago Teto dos seus

ancestros. Cun oficio que tivo

o seu apoxeo nos séculos XVIII

e XIX e practicamente extinguido

no século XXI, os afiadores

desprazábanse centos de

kilómetros coa única compaña

da súa roda; as súas historias e

aventuras, propias doutros tempos,

foron postas en escena

coa axuda do ilusionismo polo

mago Teto, quen emprega neste

show elementos típicos dos afia-

dores como poden ser coitelos,

tesoiras, navallas, paraugas…

sen esquecer, como é habitual

en estes espectáculos, a colaboración

do público.

Descubrir o que pasa pola

mente dun espectador, atravesar

a gorxa doutro cunha espada ou

mover os obxetos que cremos

nun sitio a outros onde nunca

estiveron, unha hora e media

de boa maxia e moitas risas que

conquistaron o Teatro Principal

de Compostela.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

20 pasou

Lindeiros

O Consorcio traballa nos debuxos das monteas de Santa Clara

O traballo permitirá mostrar de xeito máis claro as marcas que usaban os canteiros

As monteas son debuxos ou

trazas a tamaño natural de elementos

arquitectónicos ou estruturais

realizados preto do seu

lugar de ubicación e que servían

de guía á hora de construílos; as

de Santa Clara, “de gran valor

histórico-artístico, documental

e patrimonial” segundo os técnicos,

considéranse de sumo

interese, pois parecen realizadas

polas cuadrillas de canteiros

encargados da construción

do último corpo da fachada da

portería do convento, así como

da talla do seu complexo aparato

decorativo a base de placados

xeométricos e outros elementos

como arcos e volutas. Todo, probablemente,

baixo a dirección

do famoso arquitecto compostelán

Simón Rodríguez, mestre

de obras do convento entre 1719

e 1724.

No proceso de musealización

habilitáronse en determinadas

zonas 18 caixóns disimulados

e con asas incrustadas para que

se poidan sacar e deixar á vista

as singulares marcas na pedra,

pero este uso reservarase exclusivamente

a investigadores e

especialistas. O público en xeral

poderá ver as monteas trazadas

sobre a madeira. A arquitecta

Idoia Camiruaga, encargada

do levantamento das monteas,

explica que se usou un verniz á

auga para que non borre as liñas,

ao tempo que destaca o labor

investigador dos historiadores

Taín e Calvo, xa que están a facer

un “magnífico traballo de

análise e contextualización” do

achado, segundo precisa a arquitecta.

Tamén está previsto facer

un levantamento da fachada

conventual en 3D.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Piden que se nomee filla

predilecta a Isabel Zendal

Gómez

Foi unha das persoas que entre 1803 e 1814

distribuíu a primeira vacina contra a viruela

O PSOE de Ordes propuxo

o nomeamento como filla predilecta

do Concello de Ordes a

título póstumo de Isabel Zendal

Gómez, veciña da parroquia

de Parada e que foi un dos piares

da expedición filantrópica

contra a viruela que entre 1803

e 1814 distribuíu polo mundo

a primeira vacina da historia

contra esta enfermidade. A proposta

que os socialistas levaron

á sesión plenaria de xaneiro no

foi apoiada polo BNG e o PP

polo que os socialistas buscarán

outras fórmulas para conseguilo

e homenaxear como se merece

a esta veciña da Grela, que foi

a única muller que participou

na Expedición Filantrópica do

doutor Balmis para distribuír de

xeito gratuíto a primeira vacina

contra a viruela por todo o mundo

e que está considerada como

a primeira enfermeira da historia

da saúde pública en México”.

Isabel Zendal Gómez (Para-

da 1773) era a rectora da Casa

de Expósitos da Coruña e o 30

de novembro de 1803 partiu

coa Expedición Filantrópica do

doutor Francisco Xavier Balmis

para facerse cargo dos 22 nenos

galegos que trasladaron nos

seus brazos a vacina da viruela

a América, así como dos 26 nenos

que viaxaron posteriormente

dende México a Filipinas.

Xesús Pedreira considera que

“no caso de Isabel Zendal concorren

de sobra todos os requisitos

esixidos no Regulamento de

Honras e Distincións do Concello

de Ordes para que se lle outorgue

o título de filla predilecta

a título póstumo”. Agora intentarán

que a proposta fágase desde

a alcaldía xa que esa fórmula

perimitiría axilizar o expediente

de nomeamento.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

Nace a Asociación Galega de

Albergues Privados

Constituíuse en Santiago e é a primeira destas características

Preto de 50 albergues privados

de Galicia, estiveron representados

na reunión que se ha

celebrou na sede da Confederación

de Empresarios de Galicia

(CEG), situada en Santiago de

Compostela, para promover a

creación da primeira Asociación

Galega de Albergues Privados.

A reunión serviu para

sentar as bases da entidade, que

terá como principais obxectivos

defender os intereses destes empresarios

fronte aos albergues

públicos, pavillóns, “pisos patera”

ou calquera competencia

desleal.

A Asociación pretende mellorar

a imaxe de marca destes

establecementos e reducir o esforzo

publicitario grazas á unión

de todos, así como brindarlles

a oportunidade de acceder a

posibles axudas económicas

de entidades públicas. Entre os

obxectivos atópase a creación

dunha plataforma que actúe

como central de reservas e unha

aplicación móbil que permita ao

peregrino seleccionar e reservar

o albergue no que desexe pasar

Os arquitectos trazando os debuxos das monteas. Foto: Consorcio de Santiago

a noite segundo o seu avance

no camiño. Os portavoces da

entidade esperan alcanzar o

centenar de albergues adheridos

tras o arranque da asociación,

xa que esta ofrecerá formación

continua a todos os propietarios

co fin de mellorar a experiencia

dos peregrinos, así como un gabinete

de defensa xurídica.

Ademais, está previsto contar

cun representante da asociación

en cada localidade, o que permitirá

trasladar ás administracións

locais as inquietudes dos empresarios,

así como a realización de

estudos que permitan coñecer a

percepción dos peregrinos para

que os albergues adheridos poidan

enfocar as súas melloras

nesta liña.

Segundo todos os asistentes é

indispensable unha asociación

que loite por estes obxectivos, e

está previsto que comece a funcionar

a pleno pulmón no mes

de marzo para poder recibir a

tempada 2015 que comeza a recibir

usuarios devandito mes.

Fontes: Asociación de Albergues

Privados de Galicia, Lindeiros

Un momento da reunión. Fonte Asociación de Albergues Privados

febreiro 2015 pasou 21

Os cativos de Sigüeiro

aprenden de reciclaxe

150 alumnos do CEIP participaron nunha

xornada formativa

Arredor duns 150 nenos e

nenas, de terceiro a sexto de

Educación Primaria, do CEIP

de Sigüeiro participaron nunha

divertida xornada formativa

sobre importancia da reciclaxe.

Durante a charla, os pequenos

recibiron un xogo de mesa,

cunha dinámica moi semellante

ao xogo da Oca, protagonizado

por Troi, a mascota que o

Concello de Oroso está a utilizar

para achegar o mundo dos

tres erres aos nenos e nenas do

municipio.

Isto é así porque, como asegurou

o concelleiro de Ensino,

Antonio Leira, “queremos

que os nenos e nenas fagan de

profes cos seus pais, para insistirlles

na necesidade de facer

unha boa separación en orixe

pois iso será positivo tanto para

o noso medio ambiente como

para a economía de todos, pois

reducirase a factura do lixo”. O

Concello de Oroso editou un

total de 3.000 exemplares deste

xogo de Troi, co propósito que

chegue a todas as familias con

nenos do municipio.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Os contos do animalario en Ordes

Daboapipa presentou un espectáculo destinado os máis cativos

Novamente a biblioteca municipal

de Ordes converteuse en

punto de encontro e centro de

diversión para decenas de nenos,

nenas, pais e e nais grazas ás Tardes

de contos e lendas. Unha cita

na que se mesturaron a narración

oral de contos e historias ben divertidas

coa música e o baile. Os

encargados de facer todo isto posible

foron os integrantes do grupo

Daboapipa, que para a ocasión

ofreceron os seus ‘Contos de animalario’,

unha peza que segundo

a compañía é “Unha viaxe polos

montes, prados e camiños máis

verdes que puideramos ver, chea

de encontros cos animais máis

marabillosos: toupas choscas,

chivos enormes e ogros torpes,

pombas doces e dragóns atroces,

bechos estraños, cabalos azuis

e cantigas de fai anos e non tantos…”.

Daboapipa é unha compañía

de recente formación que

naceu no verán do 2013; está

formada por Santi Prieto, que estudou

solfexo, piano e harmonía

no Conservatorio de Santiago de

Compostela; e Vero Rilo que é

educadora na Rede de Escolas da

Galiña Azul e contadora.

As tardes de contos e lendas é

un programa da Biblioteca muicipal

de Ordes destinado os máis

pequenos e que serve para introducilos

no mundo da cultura, dos

espectáculos e dos libros con actividades

de distinto tipo.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

ENTROIDO FRADES 2015

CONCURSO DE DISFRACES

Domingo 15 de febreiro, 17:00 h.

Pavillón Municipal de Ponte Carreira

PARA PARTICIPAR, HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES

DO 13 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. O DÍA DO CONCURSO NON SE

INSCRIBIRÁ. OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H.

PREMIOS

Infantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 €

Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

(se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto)

Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 €

PREMIO ESPECIAL: ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades: 120

FESTA DE ANIMACIÓN CON XOGOS, INCHABLES,

OBRADOIROS E GRAN CHOCOLATADA

Organiza:

Tempo máximo

da actuación:

5 MINUTOS

Concello

de Frades

22 pasou

Entregados os premios do

Santiago (é)tapas

Repartironse máis de 31.000 petiscos

Un ano máis o Santiago(é)Tapas

funcionou como un revulsivo

para a hostalaría compostelá

no mes de novembro cun total

de 69 establecementos participantes

e 111 tapas distintas, que

foron moi ben acollidas entre

uns clientes que destacaron a súa

calidade. Os premios foron entregados

nun acto celebrado no

Hostal dos Reis Católicos.

Listaxe de premiados

O Premio do xurado á Mellor

Tapa 2014 foi para A Tafona,

con Moengas, cogomelos

e Touza Vella, o premio está

dotado con 1.000 euros, un curso

de inglés orientado á hostalería

e un lote de produtos

gastronómicos.

O primeiro premio á Tapa

Creativa 2014 foi para Manso,

con Sopa Express, o premio

conta con 500 euros. O segundo

premio á Tapa Creativa 2014

recaeu no Caney by Siro González,

con Outono; que recibe 300

euros.

O primeiro premio á Tapa

Tradicional 2014 foi para O

Afiador, por Vaca3; o premio

conta con 500 euros. O segundo

premio á Tapa Tradicional

recaeu en La Bodeguilla de San

Roque, con Quiche de lacón con

grelos e queixo Arzúa-Ulloa,

merecente de 300 euros.

O xurado profesional do

Santiago(é)Tapas decidiu que

o gañador ao Premio Tapa

Estrella Galicia é A Moa, por

“Perrito quente” de lebre como

petisco que mellor marida coa

cervexa 1906 Black Coupage. O

galardón leva consigo 500 euros

en produtos de Hijos de Rivera

O Primeiro Premio Tapa do

Público ´14 foi para A Grella,

co seu petisco Brotes Verdes, o

galardón conta con 800 euros.

Pola súa parte, Susos e a súa

tapa Negro Lambón levaron o

Segundo Premio de Tapa do

Público ‘14 e 400 euros.

O Premio (é)XCELENTE

2014 recaeu en Venecia, que recibe

400 euros por ser o establecemento

mellor valorado polos

clientes como experiencia global

no concurso.

O Premio á Tapa con máis

Chispa, da man de Coca Cola

Iberian Partners, é para Artesana

con Unha cunca de viño.

Fontes: Hostalería de Santiago

Lindeiros

Son algo máis de 32.000 euros

os que a Deputación da Coruña

aportará os fondos da casa

de Rosalía de castro en Padrón

e que se destinarán a modernizar

os servizos de información

aos visitantes. O pasado

mes de xaneiro o presidente da

Deputación, Diego Calvo, e o

presidente da Fundación, Anxo

Angueira Viturro, firmaron o

acordo na casa de A Matanza

coa presenza dos alcaldes de

Padrón, Antonio Fernández

Angueira, e Rois, Ramón Tojo.

Cos cartos subvencionarase

a compra de material como

un novo proxecto de vídeo de

alta resolución para visionado

cenital, equipos de son, equipos

audiovisuais de edición de

contidos e mobles, rotulación

e vitrinas que servirán para a

montaxe dunha exposición sobre

a poetisa. Todas estas novidades

localizaranse na planta

baixa do edificio, a zona que

Lindeiros

A Deputación da Coruña colabora coa

Casa de Rosalía

A súa aportación destinarase a equipamento tecnolóxico

en peores condicións está o

museo, “Estamos encantados

de contribuír á mellora desta

Casa-Museo na que viviu

unha persoa fundamental na

historia de Galicia”, sinalou

o presidente da Deputación,

que se comprometeu a manter

colaboracións con este tipo de

obxectivos xa que “favorecen

a difusión da cultura entre todos

os veciños e veciñas da

provincia”.

A Deputación da Coruña

xa colaborou o ano pasado coa

Fundación Rosalía de Castro

coa cesión temporal de bens

pertencentes á institución provincial

e que agora poden ser

observados na Casa Museo de

Padrón. Entre estes obxectos

destaca un cadro de Modesto

Brocos e Gomes porque é o

único retrato feito en vida que

se conserva da poetisa galega;

trátase dun óleo sobre lenzo

que foi adquirido en 1997 pola

Deputación aos herdeiros de

Juan Naya Pérez. Tamén hai

outras cinco pinturas de Ovidio

Murguía, fillo da poetisa; catro

delas (Primavera, Verano, Otoño

e Inverno) conforman unha

serie sobre unha mesma paisaxe

en distintas estacións do

ano e a quinta titúlase Muller

lavando. Por último, a Deputación

tamén facilitou un tresillo

isabelino de caoba que se trasladou

dende o Pazo de Mariñán

á Casa da Matanza porque

pertencía á familia Murguía-

De Castro e que tamén é propiedade

da Deputación dende

1997.

Todos os bens, que están valorados

en 51.000 euros, foron

cedidos en depósito a través

dun convenio de colaboración.

Fontes: Deputación da Coruña

Lindeiros

febreiro 2015 pasará 23

Xenerais da Ulla

Comeza o entroido 2015

Desde primeiros de este mes

o Entroido ten nome propio na

bisbarra de Compostela, os Xenerais

da Ulla; trátase dunha

tradición da que se ten testemuña

desde mediados do século

XIX e que sobreviviu a guerra

civil ou a ditadura porque nace

nas casas dos veciños, alí se

conserva o seu espírito pasando

de xeración en xeración.

Os personaxes máis importantes

son os xenerais e correos

a cabalo, que percorren as parroquias

ao longo do día dando

vivas a veciños e visitantes,

acompañados dun “exército” de

abandeirados, coros, comparsas

e parrandas. Rematan escenificando

un atranque ou alto,

enfrontamento dialéctico por

parellas, aproveitado para facer

burla e sátira de asuntos locais,

de política ou do corazón, acontecidos

durante o ano.

Moitos dos traxes que lucen

os Xenerais veñen de moitos

anos atrás e son auténticas xoias

que pasan de xeración en xeración;

como tamen se ensina os

fillos a votar vivas ou a loitar

dialecticamente cunha retranca

que so se pode atopar na nosa

terra.

O carón de este texto tedes as

próximas citas para que non vos

perdades ningunha; pero si estades

pensando xa o disfraz ou

pertencedes a algunha comparsa

lembrade que nos concellos

da bisbarra hai distintos concursos

e festas nas que participar,

o 14 a cita é en Oroso, o 15 en

Frades, o 16 en Ames e o 17 en

Ordes; como vedes poderedes

amortizar o traballo feito aínda

que algún terá que pedir uns

días no traballo; de todas esas

festas tes os datos en distintas

páxina de este mesmo xornal,

horarios, premios e categorías,

así que ¡¡a disfrutar do Entroido

2015!!.

Alcaldes ee concelleiros no acto de presentación dos xenerais 2015. Foto: Lodi Fdez.

DOMINGO 8/02/2015

Bama (Touro) Campo da Festa GPS 42º52’45” / 8º21’58” . 16:00 h.

Merza (Vila de Cruces) Campo da festa de Merza

GPS 42º46’9” /8º15’34” .17:00 h.

Angrois (Santiago de Compostela) Campo da Festa de Soutiño

GPS 42º51’35”/8º31’41”. 19:00 h.

Vilanova (Vedra) Campo da Festa de Picón GPS 42º47’17,28”/8º26’98” .18:30 h.

Reis (Teo) Campo da Festa GPS 42º46’17,9”/8º33’10,1” .19:00 h.

SÁBADO 14/02/2015

A Bandeira (Silleda) Praza da Feira GPS:42º43’49”/8º18’10” .17:30 h.

Entroido Municipal de Vedra: Campo da festa de Vedra

GPS 42º46’33,26”/8º28’30,80” .18:00 h.

Aríns (Santiago de Compostela) Campo da Festa na r/ San Mariño

GPS 42º51’50”/8º30’14” .18:30 h.

Santa María de Teo (Teo) Campo da Festa GPS 42º45’52,5”/8º31’14,3” .20:00 h.

Cacheiras (Teo) Campo da Festa GPS 42º49’17,8”/8º32’38,2” .20:00 h

DOMINGO 15/02/2015

Piloño (Vila de Cruces) Campo da Festa GPS42º47’55”/8º15’31” .16:30 h.

Couso (A Estrada) Campo da Festa GPS 42º44’56,74”/8º32’52,49” .19:00 h

O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto, Sta. Lucía

GPS 42º50’52,74/8º31’25,36” .19:00 h.

Sergude (Boqueixón) Campo da Festa GPS 42º49’38/8º27’48” .19:30 h.

Cacheiras (Teo) Campo da Festa GPS 42º49’17,8”/8º32’38,2” .20:00 h.

MARTES 17/02/2015

Fao (Touro) Campo da Festa GPS 42º50’53”/8º17’58” .16:00 h.

Santiago de Compostela. Desfile de Entroido. Rúas da Cidade. 17:30 h.

Entroido Municipal da Estrada. Campo da Feira

GPS 42º41’25,43/8º29’11,83” .18:00 h.

SÁBADO 21/02/2015

Oca (A Estrada) Colexio de Oca GPS 42º44’53,11/8º23’7,74” .17:00 h.

San Xián de Sales (Vedra) Campo da Festa GPS 42º44’55,1”/8º30’41,4” .19:00 h.

Santeles (A Estrada) Campo da Festa GPS 42º44’22,79”/8º29’27,04” .19:00 h.

DOMINGO 22/02/2015

Salgueiros (Vila de Cruces) Campo da Festa GPS 42º49’2”/8º15’42” .16:00 h.

Lestedo (Boqueixón) XXXII Festa da Filloa GPS 42º47’55”/8º28’11” .17:00 h.

Vilariño (Teo) Campo da Festa GPS 42º46’23”/8º31’40” .19:00 h.

Trobe (Vedra) Campo da Festa - Local multiusos

GPS42º45’57,5/8º30’20,4” .19:00 h.

Santeles (A Estrada) Campo da Festa GPS 42º44’22,79”/8º29’27,04” .19:00 h.

DOMINGO 1/03/2015

Bamonde (Teo) Campo da Festa GPS 42º78’40,55”/8º51’12,29” .20:00 h.

24 pasará

II Certame de canción

de autor en galego

O concello de Teo da de prazo ata o 29 de

marzo para o envío de maquetas

O pasado mes foi presentada

a segunda edición do Certame

de Canción de Autor en Galego

‘Concello de Teo’. Na dita

presentación compareceron a

concelleira de Cultura do Concello

de Teo, Carme Hermida,

o secretario xeral de Política

Lingüística, o delegado para

Santiago de Gadisa, Román

Roo, Valentín García, o director

artístico do evento, Xoán

Curiel e a gañadora da primeira

edición, Alba María.

Carme Hermida amosouse

orgullosa de poder celebrar

tanto a primeira e como esta

segunda edición do certame,

un proxecto que definiu como

“único” no panorama da música

en Galicia, xa que ningún

ten as características deste.

Un EP —xunto co deseño do

mesmo—, concertos e promoción

destes, así como un ano

de cota de socio/a de Músicos

ao Vivo son algún dos premios

que poderá recibir a persoa gañadora

desta segunda edición

do Certame de Canción de

Autor en Galego ‘Concello de

Teo’. Tamén haberá novidades

nos accésits da gala final, entre

outras. As bases poden consultarse

na web www.concellodeteo.com

Tal e como afirma Xoán Curiel,

tras o primeiro Certame

“houbo xente que tamén nos

demandou unha segunda edición.

Aí vemos que a creatividade

está viva e que hai xente

que está desexando amosar o

que fai”, remarcou o artista.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

O Museo Fundación Eugenio

Granell presentou a exposición

“Instinto animal” de Philip West,

que permanecerá aberta ata o 21

de xuño.

Con esta mostra, realizada

con obras dos fondos do Museo,

a Fundación Granell continúa

a súa actividade expositiva que

conmemora a celebración do seu

20 aniversario (1995-2015). Revisar

a obra de Philip West, supón

un exercicio de complicidade co

discurso vital do propio creador.

O relato sérvese nun corto período

de tempo, como unha película

corta na que o principal protagonista

é o artista camuflado, fundido

en animais, polos que non

sentía un especial aprecio.

Desta forma encontramos a

un creador que se autorepresenta

nunha conciliación obrigada co

medio, cunha necesidade imperante

de reforzarse, coma se fose

un animal que supera conflitos

internos e sobre todo físicos.

Nesta aparente perda de esperanza

o artista describe o seu propio

corpo, mostrándose como entomólogo

ou ornitólogo, nun xogo

de autosuxestión que ofrece o

pulo necesario para continuar.

Esta mostra afonda no máis

primixenio do creador, no instin-

Lindeiros

“Instinto Animal” de Philip West

na Fundación Granell

A mostra pódese visitar ata o 21 de xuño

to de supervivencia, na conversión

forzosa á que se ve sometido

pola súa propia vida. Philip cambia

a súa aparencia humana para

renacer nun acto poético, como

un ente fusionado co natural, valente

e atacante.

A auga e o sangue xogan no

lenzo, como unha sentencia, da

que só sobrevivirá o disfrace

que serviu como escudo, pero

que acaba como un resto de ter

existido.

James Hunter estará de novo na

Capitol o 14 de este mes

En abril do ano pasado dou un dos mellores concertos do ano na

sala Compostelá e volta coa mesma formación

James Hunter é un músico

branco con alma negra. Británico

de nacemento, domina á perfección

as claves do soul e R&B

de primeira escola norteamericana.

Pasou de ser o “apadriñado

de Van Morrison” a facerse

un oco dentro dos soulman actuais

máis respectados. Proba

diso son os seus 2 nomeamentos

aos Grammys e as súas xiras

xunto a nomes como Aretha

Franklin, Etta James, Sharon

Jones, Willie Nelson...

En 20 anos de carreira publi-

cou 4 discos pero conseguiu facerse

cun público fiel que valora

o seu estilo, un soul clásico no

concepto e unha forma única de

interpretalo en directo que converte

cada un dos seus concertos

algo único; en abril pasado

os afortunados que pasaron pola

Capitol descubriron a un gran

músico que volve para levarnos

unha vez máis aos mellores 50’.

James Hunter terá de teloneros

a unha das bandas revelación

do panorama nacional, The

Limboos son un grupo madrileño

que ven de publicar o seu

primeiro disco, unha grabación

na que combinan a perfección

o estilo New Orleans cos tintes

caribeños e latinos que se

puxeron de moda nos anos 40.

Roi, Daniela, Marcos e Sergio

din ser máis unha familia que

un grupo e serán o perfecto entrante

para o concerto de James

Hunter o 14 na Sala Capitol de

Compostela.

febreiro 2015 pasará 25

Novas experiencias alternativas

na sala Zona C en Bonaval

As actuacións están dentro da programación do Bono de Teatro

Galego o que permite descontos por acudir a todas

Propostas que nos levan a

universos paralelos, a lugares

onde experimentar, a descubrir

novos mundos e o que o longo

de todo o mes poderase disfrutar

na Zona C, a sala alternativa

de Compostela despois do

obrigado peche da Nasa hai xa

uns anos. Estes son algúns dos

espectáculos.

FRAGMENTOS DO DES-

TERRO de nenoescuro 12 e 13

de febreiro ás 20.30h

Músico, artista sonoro e videocreador,

nenoescuro investiga no

lado sombra do son, na suspensión

da conciencia ordinaria a

través de abismos perceptivos,

integrando sons primarios, instrumentación

analóxica e síntese

electrónica nunha sonoridade de

estraña raíz e difícil localización

que se entrelaza con atmosferas

visuais conformando un ámbito

intermedial de exploración entre

o lírico e o narrativo.

SUPERMARKET de Esther

F. Carrodeguas

ButacaZero Do 19 ao 22 de

febreiro ás 20.30h (domingo ás

19.30h)

Por que brillan tanto as mazás

Que ten dentro o colacao É

mellor limpar con lixivia ou con

disiclín E sobre todo... van os

expresidentes do Goberno ao supermercado

Supermarket ofrece

ao espectador 59,99 minutos

de auténtico e orixinal “stand

up poetry” para partirse de risa.

Esther F. Carrodeguas comeza

xogando ás tendiñas con cartos

que son pedras para entrar máis

tarde nun hipermercado e construír

historias dentro dos iogures

que deixarán o público cun doce

sabor de boca.

1. WHO IS INSIDE THE

CAMERA de Roi F.F. estrea

absoluta

Do 25 ao 27 de febreiro ás

20.30h

1, 2, 3. Si Hello Santiago. I

am 1. Vouche contar a miña historia

–teño que facelo perfecto.

Son un estándar singular, bastardo

entre a norma e a excepción.

Ben, síntoo. Non era así. I’m so

sorry. –Entro en bucle. Teño que

ser eu mesmo. Son unha icona

única, ideal coma un algoritmo,

exacto coma unha máquina.

Gústame que me mires. Perdón,

quen está dentro da cámara

Think positive. Be yourself.

Feel the energy. Come on girls!

Are you ready for love! Moitas

grazas.

PSICÓPATA de Antón Coucheiro

/ Manuel Cortés

Do 4 ao 8 de marzo ás 20.30h

(domingo ás 19.30h)

Germán Serra é un verdadeiro

monstro. Coñecido coma

o “artista do cúter”, deixou un

regueiro de asasinatos e pezas

de arte con cadáveres que o fixeron

famoso. Despois de dez

anos en cadea, accedeu a realizar

unha serie de performances

organizadas por Institucións

Penitenciarias para reducir a súa

condena. Leva unha década sen

matar, pero hoxe pode ser diferente...

Suspense, interactuación

co público, vídeos, cancións,

humor gráfico, gore, playmobils,

dj, provocación, efectos especiais,

un pouco de terror e, sobre

todo, humor negro...

O Auditorio Abanca acolle

“De mutuo desacuerdo”

Trátase dunha comedia protagonizada por

Iñaki MIramón e Toni Acosta

Escrita por Fernando J. López

(autor de novelas como ‘La edad

de la ira’ (finalista do Premio

Nadal) e obras como ‘Cuando

fuimos dos’ (actualmente na

súa terceira tempada no Teatro

Infanta Isabel) ‘De mutuo desacuerdo’

é un relato das novas

familias do século XXI no que

non hai bos nin malos, tan só

dous personaxes que se equivocan

e que tentan emendar eses

erros do mellor modo posible.

Na obra abórdanse temas como

a parella, a paternidade e a familia

desde un punto de vista

que evita toda clase de discursos

morais ou simplificadores

e onde ambos os personaxes

posúen as súas propias razóns e

argumentos, de modo que sexa

o público quen busque con cal

deles desexa identificarse.

Cun reparto que conta cos

famosos actores Toni Acosta e

Iñaki Miramón, a obra aborda

desde o humor o problema da

identidade despois dunha ruptura:

quen somos: o ex que desexa

reconstruírse ou o pai ou a nai

que sabe que non pode esquecer

que o seu cónxuxe seguirá sendo

importante na vida do seu

fillo Tanto Sandra como Ignacio

fan nesta función unha viaxe

desde a rabia que os separa nos

primeiros meses cara a un intento

de aceptación, tanto de si

mesmos como da nova situación

en que se achan e da relación

que teñen e queren construír co

seu fillo.

O director é Quino Falero e

o texto orixinal de Fernando J.

López

A cita o venres 13 de febreiro

ás 20:30 da tarde.

VEN

A NEGREIRA

26 pasará

El mago Yunke presenta en

Compostela “Conjuro”

Foi subcampeón do mundo de maxia no ano 2000

Salvador Vicent, máis coñecido

como Yunke, leva 18 anos

dedicado profesionalmente a

maxia; con 25 anos conseguía

o segundo posto no campionato

do mundo de grandes ilusións

celebrado en Lisboa. O

ano seguinte foi galardonado

xunto con David Copperfield

co Madrake D’or, un prestixioso

premio inspirado no mago

Mandrake e que recibiu polo

seu traballo no teatro Princesa

de Gracia de Montecarlo.

A súa maxia está chea de

misterio, as ilusións son unha

coidada posta en escea difícil de

esquecer. En esta ocasión presenta

“conjuro”, un nome máis

que apropiado para Galicia; un

espectáculo que non deixa indiferente

a ninguén e que se

poderá ver o 28 de febreiro no

auditorio de Abanca.

Lindeiros

Ariel Rot chega dentro do

ciclo Intimo & acústico

Outro clásico como Burning pasará tamén

pola cidade

Entre febreiro e os primeiros

días de marzo Compostela recibirá

a visita de músicos que

forman parte da memoria colectiva

de este país, artistas que

convenceron a varias xeracións

e que seguen a marcar a diferenza

hoxe en día.

O día 27 Ariel Rot ofrecerá un

concerto dentro do ciclo íntimo

e acústico coa única compañía

das súas guitarras e un piano,

o que fora membro fundador

de Tequila, de Los Rodriguez e

produtor de moitos artistas de

este país traerá as súas mellores

cancións sen ningún tipo de

efectos, dun xeito natural e moito

máis próximo o público.

Xa no mes de marzo, o día 6,

tócalle a unha das bandas máis

míticas desde hai 40 anos; Burning

son todo un exemplo de

resistencia e saber estar; chegan

co seu último disco “Pura sangre”

que reforza a idea de fortaleza

dunha banda que pasou

por enriba de tódolos tópicos do

rock para chegar ata os nosos

días.

Ernesto Sevilla e Santi Rodriguez no

ciclo falabaratos

Actuarán en Compostela o 20 o 26 de este mes

O ciclo falabaratos consta de

12 propostas formadas polos

mellores humoristas do pais;

dous deles actuarán este mesmo

mes. Ernesto Sevilla, que se dou

a coñecer en programas de televisión

como La Hora Chanante

ofreceranos o espectáculo “Si

a todo” no auditorio de Abanca

o día 21. O 26 pero en este caso

no Teatro Principal tocaralle o

turno a Santi Rodriguez, o coñecido

froiteiro de 7 vidas, cunha

posta en escea “Como en la

casa de uno... (como en ningún

sitio)”.

febreiro 2015 deportes 27

Club de Patinaxe

Campus Estellae

Teté e Paula Otero Davila levan

case 20 anos dedicadas á

patinaxe; desde hai 5 anos teñen

o seu propio club, o Campus Stellae,

que ten máis de 100 patinadores

federados con idades que

van dos 3 aos 23 anos; compiten

na categoría de grupos show tanto

a nivel comarcal, como autonómico

ou mesmo nacional pero

ao falar con Teté ela pon sempre

por diante da competición o traballo

como equipo “o enfoque

do noso traballo non é chegar ás

clases, dar unas cantas nocións

e a adestrar, para nós esta é

unha disciplina case “de autor”;

cada detalle que poidas ver nos

patinadores, desde a roupa até a

maquillaxe, o uniforme do Club,

todo é supervisado e elaborado

coa máxima dedicación; da

mesma forma preocupámonos

de coidar aos patinadores, gústanos

a competición pero non é

o principal; queremos coñecer a

cada patinador individualmente

para poder darlle un trato acorde

ás súas necesidades e as súas

capacidades; isto levámolo a

cabo día a día tanto cos máis pequenos

como cos que levan máis

tempo connosco”.

Como en moitos dos clubs

que presentamos nestas páxinas

o Campus Stellae dá moita importancia

aos valores do deporte

e preocúpase de inculcalos nos

seus alumnos, algo necesario

sobre todo nos máis pequenos

“desde que son pequeniños tes

que facer as clases máis lúdicas,

non aguantan tanto e ademais

no grupo de iniciación conviven

o máis tímido co máis lanzado

e tes que saber como falar con

cada un deles; é nesas clases

onde tes que ensinar a disciplina,

o respecto polo compañeiro,

é algo que os forma para a vida

e iso é máis importante que si se

poden converter en figuras do

deporte”.

Teté empezou en patinaxe nas

escolas deportivas de Santiago

“comezamos cando eramos 10

os que o practicabamos, aos poucos

a cidade abriuse a máis deportes

que o fútbol e hoxe podes

facer ballet, ximnasia rítmica ou

patinaxe; este é un deporte moi

belo que cando o ves engánchache,

a boca funcionou estes anos

e por iso chegamos aquí, cada

ano melloramos máis, agora xa

patinamos en parqué que é algo

fundamental para competir e en

realidade non temos máis alumnos

porque o concello non nos

pode dar máis horas para adestrar;

entendemos que as instalacións

son as que son e hai que

compartilas cos outros deportistas

da cidade”.

O Campus Stellae xa sabe o

que é a competición a nivel nacional

e Teté explica o gran nivel

que hai “este deporte engancha

moito e alarga moito a vida do

patinador, cando a nivel individual

ben por idade ou por dispoñibilidade

persoal non pode

competir nesta disciplina se ten

oco, iso fai que o nivel da competición

a nivel nacional sexa

moi alto; en Cataluña por exemplo

está o mellor do mellor, cada

ano é unha suma e segue, velos,

aprender, seguir mellorando e

tenta chegar máis lonxe”.

Un deporte divertido e no que

aprender o valor do compañeirismo

e o traballo en equipo.

Pódese contactar co

Campus Stellae por correo

electrónico

campusstellaepatinaxe@

gmail.com

e por teléfono no

667692996

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Ordes clausura o curso

federativo de monitor

de fútbol base

Regos e o vicepresidente da Federación

Galega de Fútbol foron os encargados de

entregar os diplomas

Manuel Regos, alcalde de

Ordes e presidente da Mancomunidade,

clausurou o curso de

monitor de fútbol base nivel 0

que se desenvolveu dende o pasado

mes de novembro. En total

ofertáronse 35 prazas con máis

65 horas de formación teórica e

práctica, que lles propicia a posibilidade

de expedir a licenza

federativa obrigatoria a partir da

vindeira tempada, e a validación

do bloque de prácticas do nivel

1 do curso federativo.

Regos manifestou a súa “disposición

para acoller novos

cursos deste tipo, ou calquera

iniciativa formativa no ámbito

do deporte”, ademais de felicitar

a Manuel Mosquera, director da

Escola Galega de Adestradores,

“polo gran traballo que está a

realizar”. Unhas palabras que tiveron

eco en boca de Mosquera,

que tamén sinalou as facilidades

e a boa sintonía que o ente que

preside mantén co Concello de

Ordes, “á hora de levar a cabo

iniciativas deste tipo”.

Este encontro foi o primeiro

ao que acudía o novo vicepresidente

da Federación Galega

de Fútbol, Juan Luís Villamisar.

Nel destacou a importancia que

ten a formación dos máis pequenos,

“xa que os monitores

van a extensión dos pais, e todo

o que lles poidan ensinar vai ser

vital na súa formación como

persoas”.

Lindeiros

O Millaraio campión galego de

campo a través por equipos

O logro lévaos a disputar o campionato de España no mes de marzo

O pasado domingo 26, disputouse

no circuíto de Cros de

Friol o Campionato Galego de

Campo a través por equipos,

onde o equipo cadete masculino

formado por Arturo Ramos,

Diego Alonso, Roberto Vieiro,

Hugo González e Pedro Sagastizabal

alzouse co título de

Campións Galegos por equipos

o que lles dá acceso a disputar,

por primeira vez na curta historia

do club, o Campionato de

España de campo a través por

equipos que se celebrará o 1 de

marzo en Cáceres.

Doutra banda o día anterior

na alameda de Santiago tivo

lugar a fase interprovincial escolar

de campo a través cunha

grandísima actuación do club,

logrando un total de 8 trofeos

por equipos (4 primeiros postos

e 4 segundos) conseguindo desa

forma clasificar a 8 equipos para

a fase provincial.

Se tes algo que

contar,

comunicar

denunciar

escríbe

contacto@

lindeiros.com

ou

chama ao tfno

634 747 956

COMPRO

ORO Y PLATA

Rosalía de Castro, 34

Local C - Milladoiro

Tfono: 981 533 636

Oroso acolleu un adestramento da

Selección Galega de fútbol gaélico

O equipo prepárase para o Mundial de Abu Dhabi que se celebra do 5 ao 8 de marzo

A Selección Galega de fútbol

gaélico adestrou na noite de onte

mércores no campo municipal

de fútbol de Sigüeiro (Oroso). Un

adestramento preparatorio do primeiro

Mundial desta modalidade

que se celebrará do 5 ao 8 de

marzo en Abu Dhabi.

O fútbol gaélico xógase en

equipos de 15 xogadores nunha

cancha de céspede rectangular

con porterías en forma de H a

ambos lados. O obxectivo principal

é anotar puntos pateando

ou golpeando o balón coas mans

e introducilo na portería rival. O

equipo con máis puntos ao final

do encontro gaña. Os xogadores

avanzan polo campo levando o

balón nas súas mans, pateándoo

e pasándoo entre compañeiros de

equipo.

O Concello de Oroso puxo a

disposición da Asociación Galega

de Fútbol Gaélico as instalacións

municipais de Sigüeiro para rea-

lizar este adestramento, no que

participaron un total de 30 xogadores

que se dedicaron a preparar

a que será a primeira participación

oficial dunha selección galega

nun Campionato do Mundo.

Na categoría masculina, Galicia

quedará encadrada no grupo

de Arxentina, África do sur e o

Golfo Pérsico e, a falta de confirmación,

tamén Italia, Francia

e India. Na categoría feminina

haberá un só grupo. A selección

nacional de fútbol gaélico xa ten

disputado encontros internacionais

contra Bretaña ou Irlanda,

berce deste deporte.

febreiro 2015 deportes 29

Premios

Santiago

Deporte 2014

Estes galardóns recoñecen

publicamente a persoas, entidades,

centros educativos e empresas

polo seu labor deportivo

no ano 2014 e serán entregados

na II Gala do Deporte de Santiago,

que se celebrará o martes 10

de febreiro, ás 20:30 horas, no

Auditorio de Galicia.

A patinadora artística Nadia

Iglesias foi designada como mellor

deportista feminina de 2014.

O premio ao mellor deportista

masculino recaeu

no atleta Pedro Nimo.

Para o xurado, a entidade

deportiva máis destacada

foi o Arteal Tenis de Mesa.

O galardón para o mellor

adestrador recaeu

en Santiago Valladares.

O premio ao mellor patrocinio

deportivo foi para Central de

Electrodomésticos del Noroeste

(Cenor).

Nesta gala tamén se recoñecerá

a mellor actividade

ou acción social,

realizada pola S.D. Compostela.

O IES Rosalía de Castro

recibiu o galardón á mellor

entidade educativa.

Finalmente, o premio honorífico

á traxectoria deportiva será

este ano para José Manuel Castelao,

fundador, xunto con Juan

José Ruibal e Santiago Caeiro,

do Club Baloncesto Cluny na

tempada 1975/76, equipo no

que permaneceu durante 39

anos como directivo, asumindo

diferentes responsabilidades.

Conta cunha longa traxectoria

persoal vinculada ao deporte de

Santiago.

XX Carreira Popular de Ordes o 1 de marzo

O prazo de inscrición permanecerá aberto

ata o 25 de febreiro

O vindeiro 1 de marzo o Concello

de Ordes celebrará unha

das súas citas deportivas máis

destacadas de todo o ano, a XX

Carreira Popular. Ata o 25 de

febreiro permanecerá aberto

no departamento de Cultura e

Deporte o prazo de inscrición.

Coma sempre haberá categorías

para xente de todas as idades

que queiran participar.

A organización ten previstos

premios en metálico de 150,

80 e 50 € para os tres primeiros

clasificados nas categorías

individuais, clubs federados,

grupos do municipio e outro de

150 para o centro académico do

municipio que achegue maior

número de corredores. Tamén

haberá trofeos para os tres primeiros

clasificados de cada categoría,

así como para os tres

primeiros homes e mulleres das

carreiras xuvenil, júnior, promesa,

sénior e veteranos. Ao podio

Duro primeiro partido das rapazas

do Santiago Rugby Club

que xogaron sobre a capa de

granizo que caeu antes do partido.

Aos poucos o adestrador

Fito camiña cara ao obxectivo

de consolidar unha sección feminina

que pode competir regularmente

como fan os mozos.

Os afeccionados que se achegaron

a darlles o seu apoio dirían

no terceiro tempo que se

notou que o pasaron en grande.

Así é como ten que ser.

tamén subirán os tres mellores

tempos rexistrados na proba absoluta

polos atletas censados no

municipio, así como os participantes

de maior e menor idade

que completen o percorrido.

Para o rexistro e a correcta

clasificación dos atletas participantes

empregarase o sistema

de cronometraxe da FGA e

Championchip. As bases desta

convocatoria xa se poden

consultar na web do Concello

(www.ordes.gal).

Un ano máis o Concello de

Ordes conta coa colaboración

de importantes firmas comerciais

da zona para a celebración

desta importante cita co atletismo

e o deporte. Entre elas destacan

Infantilandia, Cola Cao,

Carnicería Enrique, Seguros

Reale, asesoría Jaime Castro,

Pazo Bidueiro, Feiraco, Nocilla,

Gadis e Eurofrut, ademais de

Cruz Vermella Ordes.

1º partido do equipo feminino do Santiago Rugby Club

Enfrontouse en partido

amigable ao CD

Zalaeta

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso e enxeñeiro agrónomo e gandeiro, ademais de

ter un Master en Dirección de empresas e un Diploma en estudos avanzados

da USC. Naceu no concello de A Bola en Ourense aínda que desde fai

uns anos vive en Ames.

Formou parte do equipo que puxo en marcha o Banco de terras de Galicia

como responsable de aplicacións xeográficas. Ten publicados estudos sobre

o territorio tanto en torno o uso do solo como sobre cartografía de Galicia

ou usos medioambientáis. Colaborou en distintos congresos sobre o solo, o

uso dos maps e os cultivos ademais de dar conferencias e impartir distintos

cursos sobre estas temáticas.

Na actualidade traballa nun sistema de indicadores que axuden a seguir as

directrices de Ordenación do territorio e do Plan de Ordenación do Litoral e

no Plan territorial integrado na conca do río Eume.

A GANDERÍA ECOLÓXICA NOS NOSOS MONTES

GALICHICHAS

Pacían os becerriños na veira do río mentres cun bocadillo na man corría o neno detrás dun

balón,…

Lonxe está da nosa realidade actual que animais e persoas convivan nun mesmo espazo aberto, en

harmonía, sen amontoamentos, sen luces intensas, sen gaiolas que impidan o movemento ea relación.

Seres vivos en liberdade que non poñan carne sobre os seus malformados osos de forma compulsiva.

Animais obesos que case non poden camiñar. Xentiña que medra acorde cos ciclos naturais, as estacións

do ano, unhas veces mais outras menos. Seres vivos con conciencia de comerse os uns os outros,

de que a vida consiste en comer e reproducirse (sexo é violencia), pero que tamén é consciencia.

O xatiño brincaba no prado cando de lonxe veu aparecer o granxeiro que logo dunha silenciosa

despedida o envía o matadoiro. Lugar escuro e sinistro onde os haxa decorado con porcelana

branca, final dunha vida breve e intensa, …

Así nacen as galechichas, primas irmáns dos chourizos e do salchichón tradicional, pero criadas

no monte, entre toxos, prados e xesteiras. A sombra dos carballos e dos piñeiros, procedentes de

animais que pastan pastos, pois pasto e todo o que se pasta: gromos de toxo, ramón de aciñeira, uces

e herba. Gando vacún e cabalar, ovino e caprino, pitas e porcos son os corceis sobre os que cabalgan

as galechichas polos montes de Galicia tratando de recuperar o que nunca se debeu perder, un territoriohumanizado

que agora se ve asolagado polo lume da primavera o outono na busca davida que

el non ten. Os nosos impostos son estragados por este bicho sen entrañas. O suor do noso traballo é o

augardente que bebe a besta sen mais descanso co que nos ofrecen os xornais na súa impasible crónica

cas primeiras choivas.

Un exercito de galechichas estase alzando en son de guerra contra o lume, _imos a por el berraba

Antía con oito caldeiros en cada man_. Martíncheo de ira non dubidou en seguir a súa compañeiraberrando,

_a gandería de montaña acabará contigo lume cabrón!_. Empezou a guerra…

Un modelo territorial baseado no silvopastoreo propoñen estás

donas. Pouca vida lle queda a besta aínda que conta con grandes

aliados: a incultura, o medo a perder as eleccións, a preguiza de

non confiar en nos mesmos, o desamor pola cultura tradicional,

a fascinación polos escaparates, o medo a que os nosos fillos non

morran de vellos como nos queremos morrer, ben quentiños na camiña

collidos da man dunha fermosa enfermeira que nos dosifique

a morfina os poucos. Gañará batallas pero non a guerra. Tamén os

sátrapas do mundo van gañando pequenos outeiros pero o seu destino

é a mais cruel das derrotas, aquela que un atopa cando se da

conta de que está solo no mundo. As herbiñas nacen frescas polas

mañas, os poldriños saltan alegres coma saltóns, os años semellan

peluches, … por moi malo que sexa un pai un fillo semp re nace bo.

Xosé Marcial Díaz Manso

MERCADILLOS

Ames

- Milladoiro - Luns (83 postos)

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 15 de febreiro e 1 de marzo

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Martes - Mercadillo Lusco e Fusco en Belvís

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

febreiro 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20,

14:55, 16:05, 18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro:

981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns:

981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de

Lestedo: 981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de

Negreira: 981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa:

981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 10:55,

12:20, 14:55, 19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05,

12:20, 14:55, 19:25, 19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30,

15:20, 15:30, 18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00,

14:00, 16:00, 20:00, 20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30,

12:00, 18:00, 20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00,

12:00, 13:15, 14:00, 15:00, 16:00, 17:00,

18:00, 19:00, 20:00, 21:00, 22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30 (lectivo), 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 16:45, 18:00, 19:00, 20:20 ( L -X lectivos).

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30 ( lectivo)

14:00, 15:15, 16:30, 18:15( lectivo), 19:00, 20:30,

21:30 ( L - X lectivos)

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:00, 10:35, 12:45, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00,

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00,

18:00, 19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata

19:45 cada 2 h. e 21:45. *Bertamiráns 9:05

10:05 cada dúas horas ata 20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, 8:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata

20:45 cada 2 h. e 22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45

ata 20:45 cada 2 h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (venres

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25,

14:25, 15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25,

14,25, 17:25, 19:25, 21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

15:20, 17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00,

14:00, 16:00, 18:15, 20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:10, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25,

14:25, 15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30,

15:20, 17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00,

14:00, 16:00, 18:15, 20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 7:55, 8:10, 10:35, 12:05, 14:15, 14:55, 15:40,

18:05, 20:55. *por Arca 25 minutos despois, aprox.

Sábados: 8:10, 12:10, 10:30, 12:10, 15:45, 18:05

Domingos e festivos: 8:05, 12:05, 15:40, 18:05,

20:55 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00,21:00 ( Venres lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32

Lindeiros

Carmen

Figueiras

Veciña de Ames

Carmen contradice a mirada

coas palabras, mentres di que a

súa vida foi triste un ve nos seus

ollos os bos momentos que garda

para si; segue mantendo ese

caracter forte da muller galega

capaz de arranxar unha sola

todo un país e non lle importa

sacalo a pasear de cando en vez.

Naceu en Esteiro, parroquia

de Muros, pero vive xa hai algún

tempo no Milladoiro; a súa vida

está vinculada desde a nenez ó

mar, os pais traballaban nunha

conserveira polo que moitas veces

quedaba soa e non lle import

recoñecer que sempre que podía

deixaba de ir o colexio, aburríase

e iso o seu espíritu rebelde non o

levaba ben; aproveitaba o tempo

para roubar fruta e pasear polo

pobo, algo que en canto pode fai

de novo xa que é en Esteiro, na

súa casiña, onde mellor se atopa.

Lembra con especial emoción

as festas, as de Esteiro pero tamén

as de Abelleira o Muros, segue

a gustarlle cantar ainda que

agora xa non teña tantas oportunidades.

Foi nas festas onde coñeceu

o seu primeiro mozo, un

rapaz que pensou que tería máis

doado aproveitarse, unha noite

quixo ir máis alá do permitido

e Carmen tivo que scar a pasear

ese caracter do que fai gala

e, como non podía ser doutro

xeito, ahí rematou todo. O que

realmente a acompañou toda a

vida foi un mariñeiro que ainda

que xa non estea entre nos segue

facendo que brilen os ollos de

Carmen, un bo marido que levou

mal a última etpa da súa vida y

e que os mariñeiros sacarlles o

mar e sacarlles o aire.

Cando pensaba en descansar,

xa que os fillos eran maiores,

esas cousas que ten a vida a fixo

de novo nai ainda que en este

caso de dous dos seus netos que

criou mentres a nai gañábase a

vida o outro lado do mundo.

Xa sexa por como está todo

ou por casualidade os seus

fillos están espallados polo

mundo, Estados Unidos, Xinebra,

Barcelona; moitos de eses

sitios visitounos Carmen pero

di convencida que non é vida,

que van demasiado deprisa, e

un ve de novo que so unha enfermidade

foi o que puido sacar

a Carmen de Esteiro para

levala a Ames; cando lle preguntas

polo que vota de menos

resposta antes de que remates

de preguntar “a miña casiña” e

rapidamente aclara que os fins

de semana os pasa alí y que en

verán pasa todo o tempo nela;

escoitándoa un comeza a entender

porque escapaba do colexio,

porque di que foi unha

vida triste; a Carmen non lle

chega o tempo para desfrutar

do seu pobo e da súa casa, non

se cansa de estar alí porque alí

e onde sempre se sentiu libre,

onde a rebelde Carmen é feliz.

Urdilde, 29 de enero de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!