Versión en PDF - Coordinadora Galega de ENDL

Versión en PDF - Coordinadora Galega de ENDL Versión en PDF - Coordinadora Galega de ENDL

coordinadoraendl.org
from coordinadoraendl.org More from this publisher
21.01.2015 Views

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL B) PREXUÍZOS ASOCIADOS CO PROCESO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA e as medidas para manter e potenciar o galego que del se derivan. Neste apartado, non podemos esquecer que os obxectivos de calquera proceso de normalización lingüística son: aumentar o número de falantes e os ámbitos de uso da lingua e, en relación con isto, mellorar o seu prestixio. • galego estase impoñendo e isto atenta contra a liberdade individual e o dereito á elección de lingua. • A imposición do galego estase levando a cabo sobre todo no sistema educativo e no ámbito laboral. Conclusión: A marxinación do castelán e a discriminación dos castelanfalantes en Galicia. • Prexuízos cara a outras comunidades bilingües con políticas lingüísticas máis intensas e decisivas, en especial Cataluña e Euskadi. 4 O peso das actitudes na elección lingüística Nas comunidades bilingües, os individuos atópanse ante a alternativa de escoller a lingua ou linguas que van utilizar na súa vida cotiá. Poden decantarse por falar unha delas de xeito exclusivo, ou ben empregar unha nuns determinados contextos e outra noutros. Pero a cuestión é: trátase realmente dunha elección libre Escoller libremente significa dispoñer de dúas opcións en igualdade de oportunidades. Non obstante, en Galicia hai moitos factores que nos empurran a utilizar unha lingua e non outra. Pensemos no exemplo hipotético dun rapaz de 16 ou 17 anos, castelanfalante, pertencente a unha familia tamén castelanfalante e residente no ámbito urbano. Supoñamos que ten moi boas actitudes cara ao galego. Resultaríalle moi fácil instalarse nesta lingua (de xeito exclusivo ou maioritario) e ser consecuente así coas súas actitudes Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976 14

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL En realidade para levar a cabo este comportamento, tería que salvar uns cantos obstáculos. En primeiro lugar, falar unha lingua é un comportamento rutineiro, que temos interiorizado. Así, calquera cambio de lingua implica, de entrada, romper co hábito de levar toda a vida falando unha lingua diferente. De aí que resulte máis fácil empezar a falar unha lingua distinta con alguén que coñecemos por primeira vez que con amigos e familiares, cos que xa está consolidada unha lingua de relación (no noso exemplo, o castelán). Ademais, en principio na nova lingua sentirémonos menos competentes e, polo tanto, terá que pasar algún tempo ata que adquiramos a mesma fluidez e soltura que na nosa primeira lingua. Por outra parte, polo menos ata o momento, o sistema educativo non conseguiu cumprir o obxectivo establecido polo artigo 14. 3. da Lei de normalización lingüística: que os alumnos acaden o mesmo nivel de competencia en galego ca en castelán. Neste sentido, evidentemente resulta máis fácil decantarse por aquela lingua na que se ten maior competencia. En segundo lugar, a cidade non ofrece ámbitos de uso que animen a falar o galego. Todos os espazos que integran o contorno do noso suxeito hipotético terán probablemente o castelán como lingua predominante: o barrio (a veciñanza), a escola, os centros comerciais, os medios de comunicación (televisión, prensa, radio, internet), o cine, a música, etc. De novo, semella máis doado escoller como lingua habitual a maioritaria no contorno cotián. Por último, se un individuo empeza a falar unha lingua allea ao seu grupo de amigos, por exemplo, está desmarcándose dalgún xeito do grupo e isto pode provocar reaccións de rexeitamento por parte dos outros membros. Lembremos que nestas idades o desexo de integración grupal é moi poderoso. Obsérvese, por último, que no caso do ámbito rural a situación non é a inversa, é dicir, neste contexto algúns factores si favorecen o uso do galego, pero hai outros, sobre todo os relacionados cos medios de comunicación, que non varían e, polo tanto, seguen priorizando claramente o castelán. En definitiva, un rapaz que intente falar galego na cidade vai ter que realizar un esforzo extra, cousa que non ocorre no caso do castelán (lingua non marcada) e, desde este punto de vista, non podemos falar dunha elección libre, senón condicionada por toda unha serie de presións. De aí que, por moi boas que sexan 15 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº1 – Revista de sociolingüística da CGENDL

B) PREXUÍZOS ASOCIADOS CO PROCESO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA

GALEGA e as medidas para manter e potenciar o galego que del se derivan.

Neste apartado, non podemos esquecer que os obxectivos de calquera

proceso de normalización lingüística son: aumentar o número de falantes e os

ámbitos de uso da lingua e, en relación con isto, mellorar o seu prestixio.

• galego estase impoñendo e isto atenta contra a liberdade individual e o

dereito á elección de lingua.

• A imposición do galego estase levando a cabo sobre todo no sistema

educativo e no ámbito laboral.

Conclusión: A marxinación do castelán e a discriminación dos

castelanfalantes en Galicia.

• Prexuízos cara a outras comunidades bilingües con políticas lingüísticas

máis intensas e decisivas, en especial Cataluña e Euskadi.

4 O peso das actitudes na elección lingüística

Nas comunidades bilingües, os individuos atópanse ante a alternativa de

escoller a lingua ou linguas que van utilizar na súa vida cotiá. Poden decantarse por

falar unha delas de xeito exclusivo, ou ben empregar unha nuns determinados

contextos e outra noutros. Pero a cuestión é: trátase realmente dunha elección

libre Escoller libremente significa dispoñer de dúas opcións en igualdade de

oportunidades. Non obstante, en Galicia hai moitos factores que nos empurran a

utilizar unha lingua e non outra. Pensemos no exemplo hipotético dun rapaz

de 16 ou 17 anos, castelanfalante, pertencente a unha familia tamén

castelanfalante e residente no ámbito urbano. Supoñamos que ten moi boas

actitudes cara ao galego. Resultaríalle moi fácil instalarse nesta lingua (de xeito

exclusivo ou maioritario) e ser consecuente así coas súas actitudes

Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

14

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!