19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Familia Tetraonidae

pita do monte Tetrao urogallus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pita do monte foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B). Pita do

monte foi tamén a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López, no

Atlas de vertebrados de Galicia e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas

(1A, 2A, 5A, 7A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 18A, 22A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son tetraz, tetraz-real e tetraz-grande das-serras (2A, 10A, 1D e 2D).

● Nomes populares. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan tamén o nome galego de

pita montesa para esta especie (1A). M. C. Rodríguez Lago rexistrou piarro no Porto, Zamora, para

se referir ao galo do monte (3C).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, recolle na entrada pita a subentrada pita do monte, que identifica coa voz castelá

urogallo. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo

(1984), da editorial Akal, dá para o termo castelán urogallo os galegos *urogalo e pita do monte. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

entradas pita-do-monte e *urogalo (co sinónimo pita-do-monte) para se referir especificamente a

Tetrao urogallus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle galo bravo, galo monteiro, pita do monte e pita

montesa como sinónimos para T. urogallus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, inclúe na entrada pita as subentradas pita do monte, que define e identifica con T.

urogallus, e pita montesa, que remite a pita do monte; na entrada galo inclúe a subentrada galo do

monte, que define como macho da pita do monte.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Álvaro Cunqueiro emprega pita do monte e tamén

*urogalo n' A cociña galega (1973): "...Aínda nos montes de Cervantes se pode cazar a pita do

monte, o urogalo... ". X. M. Penas patiño e C. Pedreira López recollen unha poesía de E. Rico que fai

mención a esta especie: "Cantan as pitas do monte / toliñas por se casar, / pechan os dourados ollos;

/ súa amada, ¿quen será? " (1A).

● Etimoloxía / motivación semántica. As denominacións pita do monte, pita montesa e

similares fan referencia ao seu parecido cun galo ou cunha galiña e ao seu hábitat silvestre. Piarro

talvez aluda aos píos que dá. O nome portugués tetraz deriva do latín tetrax, segundo indican os

dicionarios portugueses. *Urogalo é un castelanismo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que para nos referirmos só ao macho –non á especie en xeral–

empregaremos o nome de galo ou galo do monte (10B).

Familia Phasianidae

paspallás da California Callipepla californica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paspallás de California tense empregado para

chamar a esta especie nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A e 10A). Na segunda guía de aves de X.

M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A) e nalgunha outra publicación utilizouse *colín de California

(13A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é codorniz da Califórnia (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie foránea con interese cinexético, introducida ou asilvestrada

no noso país, bastante rara, e polo de agora non se lle coñecen denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Coturnix

coturnix.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz paspallás na nosa

literatura, véxase C. coturnix.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica de paspallás, véxase

C. coturnix. O modificador de California (ou da California) alude á súa área de distribución orixinaria.

O termo *colín, do latín colinus, non se atopou en ningún dos dicionarios galegos revisados nin noutras

fontes lexicográficas, nin tampouco en portugués; en principio, consideraríase un castelanismo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En consonancia co

99

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!