19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Cabalar (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada falcón identificada coa voz castelá halcón. O Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a

voz castelá halcón a voz galega falcón. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada falcón, que nuhna das acepcións identifica con Falco

peregrinus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle falcón común e falcón peregrino como sinónimos para F.

peregrinus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

xenérica falcón coa subentrada falcón peregrino, que identifica especificamente con Falco

peregrinus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz falcón ten sido empregada con moita

frecuencia na nosa literatura. Como exemplos, podemos citar o uso que fai Antonio López Ferreiro n' A

tecedeira de Bonaval (1895): " ... estaba unha donna soltando un falcón sobr'un bando de pombas ...

". Ou, por exemplo, Eduardo Pondal nun poema titulado A Curros Enríquez (Poemas inéditos,

publicados no ano 1935): " ... e luita por romper súas cadeas, / coma un falcón intrépido e salvaxe ...

". Ou, por exemplo, Álvaro Cunqueiro n' As crónicas do sochantre (1956): "...a súa casa e a miña

pintan un falcón en gules... ".

Ademais, algún dito testemuña a popularidade da voz falcón: "O azor, no pau; e o falcón, na

mao".

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas explica que o termo castelán halcón

descende do latín tardío falco, -onis (e do mesmo xeito o galego falcón), de orixe incerta,

probabelmente a mesma que o adxectivo castelá que se emprega para as persoas as dedas ou os pés

tortos, que deriva de falx, fouce; a aplicación á ave de rapina sería por mor das poutas curvadas. O

modificador peregrino talvez faga referencia aos seus hábitos migratorios, sobre todo nos falcóns da

Europa do norte, que no inverno se desprazan para o sur; real é un cualificativo engadido ao nome

xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, que no caso desta rapina seguramente

ten relación cunha certa beleza ou vistosidade no seu voo ou co seu tamaño (é a maior das Falconidae

presente das nosas latitudes) e a súa forza.

falcón xerifalte Falco rusticolus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Falcón albar foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (1A, 2A, 5A, 22A

e 11B). Falcón xerifalte foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunha publicación (10A e 13A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son falcão-gerifalte e gerifalte (2A, 11B, 1D, 2D e 3D; o

segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Falco

peregrinus. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

ademáis da entrada xenérica falcón, inclúe a entrada xerifalte ou xerifalto, que nunha das acepcións

identifica con Falco rusticolus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez

e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle xerifalte e falcón albar como sinónimos para F.

rusticolus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

xenérica falcón coa subentrada falcón albar, que identifica especificamente coa voz xerifalte; tamén a

entrada xerifalte, que nunha das acepcións define e identifica con Falco rusticolus e con falcón albar.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz falcón na nosa literatura,

véxase Falco peregrinus. Para alén diso, Ramón Cabanillas utiliza xerifalte n' O mariscal (1926): " ¡De

azas forte e de longa envergadura é o novo xerifalte!".

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e a significación de falcón, véxase F.

peregrinus. O cualificativo albar está referido á cor da súa plumaxe e xerifalte, como significa tamén

a palabra –persoa que sobresae en certa cousa–, ao seu tamaño, forza e beleza.

98

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!