19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse ou recolleuse na guía de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 8A, 10A, 18A, 12A, 13A, 14A,

16A e 11B). Nas outras guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López e no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) utilizouse a denominación de lagarteiro peneireiro (5A, 7A e 22A). Noutra publicación,

peneireiro común (3A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son peneireiro,

peneireiro-vulgar e peneireiro-dorso-malhado ou peneireiro-de-dorso-malhado (2A, 10A, 11B,

1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. No tocante aos nomes populares galegos vivos na fala, A. Villarino Gómez

rexistrou para Falco tinnunculus as denominacións de tecelán, lagarteiro, peneireiro e o

castelanismo gavilán nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). C. Pedreira López et

al. rexistraron lagarteiro e lagarteira (con e sen gheada) para Falco tinnunculus no concello de Ames,

na Coruña (9B). F. Bernis Madrazo rexistrou para esta especie ballarín, lagarteiro, peneireiro e o

catelanismo *gavilucho na Galiza, e peneirego nalgunha zona de Asturias, posibelmente de fala galega

(11B). Nalgunhas localidades do Bierzo tamén recibe o nome de peneireiro (recollido polo autor do

presente traballo). M. R. Martínez Martínez rexistrou lagarteiro en Curtis; C. García González, en

Compostela; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. D. García Rojo, en Monterroso; R. Fraga

García, en Melide; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín; X. Pena Seixas, en Guitiriz; M. C. Gil Suárez, en

Vilardevós; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós; M.

A. Fraiz Barreiro, en Codeseda; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; S. López Facal, en Toba;

J. López Fernández, en Novefontes; M. I. Vázquez Fernández, en Pereiramá (3C). M. J. Morandeira

Lores rexistrou a variante lagarteira en Laxe e R. Seco Fernández en Santa Comba (3C). X. de Vivero

apunta lagarteiro e tecelán como outros nomes galegos da especie (3A). A. Reboreda, C. Álvarez, E.

Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen tercelán para F. tinnunculus na comarca de

Verín (23B). No Atlas de vertebrados de Galicia tamén se recollen para esta especie os nomes

populares de paxaro da chuvia, peneireiro e peneiriño (7A). G. Baamonde Traveso rexistrou a voz

lamote en Cedofeita, que foi identificada coa voz castelá cernícalo (3C). J. L. Couceiro Pérez rexistrou

a voz tartaraña en Feás, que se identificou coa castelá cernícalo (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada xenérica arpella defínida dunha maneira imprecisa, como una

especie de cernícalo; tarataraña tamén está identificada coa voz cernícalo e co sinónimo lagarteiro;

lagarteiro identifícase coa voz cernícalo, e dá bexato como sinónimo, aínda que despois identifica a

entrada bexato con milano, non con cernícalo; peneireiro defínese como ave rapaz, sen identificar,

mais non aparece como entrada senón na entrada "peneireo", que é o voo axitado que fai o

peneireiro, e entón explica que é unha ave de rapina. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M.

Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as voces xenéricas

arpella, arpeu, buxarelo, lagarteiro, tartaraña, badoco e paioio na entrada castelá cernícalo; as

dúas últimas en sentido figurado, aínda que o indica tamén para buxarelo. O Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, presenta as entradas bailarete,

lagarteiro, lagarteira, torcellán, peneireiro e peneiriño para se referir a F. tinnunculus; ademais,

na entrada tecelán refírese, en dúas acepcións diferentes, a dúas especies: F. tinnunculus (dá os

sinónimos lagarteiro e peneireiro) e Accipiter nisus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de

M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle bailarete, buxato,

francello, garduño, lagarteira, lagarteiro, peneireiro, pineireiro, lamote, miñato, peneiriño,

pillarratos, tartaraña, tatabello, tecedeiro e tecelán como sinónimos para F. tinunculus (aínda que

algúns destes nomes, como lamote, miñato, buxato ou tartaraña son propios doutras especies). O Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, refírese especificamente nas entradas

peneireiro, lagarteiro, bailarete e tecelán a F. tinnunculus (todas consideradas como galegas

preferentes).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Tanto peneireiro como lagarteiro son voces

empregadas na nosa literatura. Antonio María de la Iglesia, por exemplo, xa recolle peneirerio en El

idioma Gallego, su antigüedad y vida (1886): "... e deixaron ir libre coma un peneireiro ó acusado... ".

Igualmente, o escritor Álvaro Cunqueiro n' A cociña galega (1973): "...unha fraga mesta, na que o lobo

se escusa, e sober da que sempre voan aves de rapiña que nos nosos chamamos peneireiros... ".

Lagarteiro xa aparece nuns versos de Rosalía de Castro, en Cantares Gallegos (1863): "Din

que parés lagarteiro desprumado; / se é verdá / ¡meu lagarteiro ténm'o coraçón prendado!". E

tamén, por exemplo, na publicación periódica Paróla Gallega, no ano 1886: "... soaba queixumbroso o

vento forte e chiaba na torre o lagarteiro... ". Ou nestes versos de Ramón Cabanillas en No desterro

(1913): "Balboa rei vixilaba, con ollos de lagarteiro... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. No que atinxe á motivación semántica, lagarteiro estaría

relacionado coa súa alimentación e peneireiro co xeito de voar, quedando quieto nun punto do aire,

abaneando as ás (peneireo ou voo peneirado). Tamén a este típico voo aluden seguramente ballarín,

forma local de bailarín, e talvez torcellán. O modificador portugués de-dorso-malhado indica unha

característica que distingue esta especie de Falco naumanni, para o que se emprega de-dorso-liso, e

aluden a se teñen ou non pintiñas no lombo. Paxaro da chuvia probabelmente é por causa de crenzas

95

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!