19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

galega mais non preferente, e rexeita as voces águila e águilla, que indica como non galegas; dentro da

entrada aguia especifica a denominación de aguia imperial ou coroada para A. heliaca.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz aguia na nosa literatura,

véxase Aquila chrysaetos.

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas explica que o termo castelán águila desce

como semicultismo do latín aquila (e do mesmo xeito, o galego aguia). Imperial é un cualificativo

algunha vez engadido ao nome xenérico dunha ave para a identificarmos como especie, e ten relación

cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ou cunha certa maxestade no xeito

de camiñaren, de voaren ou de se moveren en xeral, ou coa súa forza (na nomenclatura galega das

aves empregouse só para dúas especies: para esta, Aquila adalberti, e tamén para Ardea purpurea,

garza imperial).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O criterio científico

actual é distinguir entre Aquila adalberti (que ten distribución ibérica, con aparición esporádica na

Galiza) e Aquila heliaca (que habita exclusivamente no leste europeo e nunca se ten observado na

Galiza) como dúas especies diferentes. Antano foron consideradas dúas subespecies: A. heliaca

adalberti e A. heliaca heliaca. Do mesmo modo que noutras linguas europeas, existe a posibilidade de

empregar en galego aguia imperial ibérica e aguia imperial oriental, respectivamente, se se quixer

marcar esta especificidade.

aguia real Aquila chrysaetos

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Aguia real foi a denominación proposta en 1977-1978

por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado ou recollido

ademais nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López, no Atlas de vertebrados de Galicia e

noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 3A, 5A, 7A, 8A, 10A, 18A, 6A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A,

16A, 22A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é águia-real (2A, 10A, 1D, 11B, 2D e

3D).

● Nomes populares. No Atlas de vertebrados de Galicia recóllense para esta especie as

denominacións populares galegas de aigue, ave, aiga e ave-garduña (7A). A. Sánchez Sánchez

rexistrou o nome xenérico de aguia en Montederramo e M. C. Rodríguez Lago no Porto, Zamora (3C).

M. I. González Fernández rexistrou o nome xenérico de aiga en Burón, M. T. Acosta García en Pedrafita

e M. González González no Incio (3C). A. Santamarina Fernández rexistrou o nome xenérico de aigue

no Val do Suarna e M. E. Vázquez Santamaría na Gudiña (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas águia, que identifica coa voz castelá águila e cos sinónimos

galegos aiga e aiguia (que non ten entrada propia); aiga, que remite a águia; e aigue, que identifica

coa voz castelá águila. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, dá aguia, aiga e aigue como equivalentes á voz castelá águila.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recóllense as

voces águia, aiga (como forma dialectal de águia) e aigue (como forma popular e dialectal de águia);

na entrada águia especifícase a denominación de águia real para A. chrysaetos; recolle tamén as

voces aguioto e aigote para se referir ás crías das águias. O Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, inclúe as entradas xenéricas de aguia, aiga e aigue, as dúas

primeiras como galegas e preferentes e a terceira como propiamente galega mais non preferente, e

rexeita as voces águila e águilla, que indica como non galegas; dentro da entrada aguia especifica a

denominación de aguia real para A. chrysaetos; recolle tamén as voces aguiacho e aigote para se

referir ás crías das aguias.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz águia está recollida con frecuencia nas letras

galegas. Así, xa aparece na prensa de 1884, en concreto n' O Tío Marcos da Portela: "... aguia voadora

que feliz traspondo con fortes aas a rexión... ". Tamén a emprega Ramón Cabanillas en Na noite

estrelecida (1926): "... os da caste baril de azas fortes de aguia e poutas de león... ". Ou, por

exemplo, Álvaro Cunqueiro n' As crónicas do sochantre (1956): "Seguía dacabalo da águia de San

Xoán... ". Ramón Cabanillas usa especificamente aguia reial en Na noite estrelecida (1926):

"Apreixada nas firentes poutas dun aguia reial... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas explica que o termo castelán águila

descende como semicultismo do latín aquila (e do mesmo xeito, o galego aguia). Real é un

cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificar como especies, que no caso

desta ave de rapina seguramente ten relación cunha certa beleza ou vistosidade no seu voo ou co seu

tamaño e a súa forza. Garduña ten relación co mamífero carniceiro, Martes foina, co que Aquila

chrysaetos comparte os hábitos predadores.

92

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!