19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

esmorecida, / encantada e mal ferida, / ¿qué miñato te pillou?... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de miñato, millafre, bullafre e

similares, véxase M. migrans. Queima alude á cor da súa plumaxe, castaña escura e branca, que dá a

impresión de estar queimada. Outras denominacións, como pilla-ratos, fan referencia aos seus hábitos

cazadores. Non se encontraron explicacións semánticas claras para lamote e lamego, non sendo que

a súa plumaxe pode lembrar a cor da lama; o termo lamote, tamén, coa acepción de persoa que se

dedica á vida contemplativa está relacionado con este paxaro, pois a ave ten por costume pasar horas

parada no alto dun pau ou dunha rama, axexando (parece antes ben que o nome aplicouse ás persoas

a partir do nome do paxaro). Tampouco se encontraron explicacións para bexato, buxato ou

similares, pero poderían estar formadas a partir de miñato.

miñato mouro Buteo rufinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Miñato mouro foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas no ámbito

galego e estatal (10A, 13A e 14A). Miñato rubio foi utilizado por C. Pedreira López e X. M. Penas

Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son búteo-mouro e bútio-mourisco

(1D e 2D).

● Nomes populares. Buteo rufinus é unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, agás as xenéricas apuntadas en Buteo buteo.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Buteo buteo.

● Etimoloxía / motivación semántica. En relación coa etimoloxía de miñato, millafre e

similares, véxase Milvus migrans. Os adxectivos mouro e mourisco están relacionados coa súa

distribución xeográfica, no norte de África.

aguia manchada Aquila clanga

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Aguia manchada foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B). Noutra publicación utilizouse aguia berrona (22A, unha das guías

de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é águiamalhada

(2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de ocorrencia rara ou accidental na Galiza, e non se teñen

rexistrado denominacións populares, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Non se atoparon nomes para esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de aguia na nosa literatura,

véxase Aquila chrysaetos.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de aguia, véxase véxase Aquila

chrysaetos ou Aquila adalberti. Canto aos modificadores, manchada e malhada fan referencia á

plumaxe dos individuos máis novos, con numerosas manchas brancas; berrona é por causa do

característico berro que emite, semellante a un ladrido.

aguia imperial (ou aguia imperial ibérica) Aquila adalberti

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Aguia imperial foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

foi tamén o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); utilizouse ademais nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e tense

recollido ou utilizado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 5A, 8A, 12A, 13A, 14A, 18A, 22A e

11B; nunhas como aguia imperial e noutras como aguia imperial ibérica). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é águia-imperial ou águia-imperial ibérica (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, agás as xenéricas.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, recóllense as voces xenéricas apuntadas en Aquila chrysaetos. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas xenéricas de

aguia, aiga e aigue, as dúas primeiras como galegas e preferentes e a terceira como propiamente

91

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!