19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as entradas apuntadas en Circus cyaneus. No Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica

rapina, que nunha das acepcións identifica con rapina cincenta e rapina arpella (a primeira para C.

pygargus e a segunda para Circus aeruginosus) e tamén a entrada xenérica rapiña, que nunha das

acepcións define como "ave de rapina de corpo, cauda e asas longos, que voa lenta e vacilantemente a

rente das toixeiras. O macho é de cor cincenta clara e asas con riscas negras nas pontas" e identifica

con C. pygargus (noutra acepción, identifica rapiña con Accipiter nisus; noutra, rapiña arpella con C.

aeruginosus); por outro lado, este dicionario non identifica tartaraña co xénero Circus, senón con

Buteo buteo. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, identifica unha das

acepcións da entrada xenérica tartaraña (que recolle como galega e preferente) con C. pygargus

(noutra acepción, o mesmo termo xenérico, para C. aeruginosus).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz tartaraña nas letras

galegas, véxase Circus cyaneus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, rapina, caçador e similares aluden aos

hábitos cazadores deste paxaro; cincenta fai referencia á cor da plumaxe do macho, gris nas partes

dorsais. Non é propiamente unha aguia, malia ser esta unha denominación popular portuguesa para

este paxaro. Non se encontrou explicación semántica para a denominación tartaraña ou tartaranhão.

tartaraña das xunqueiras Circus aeruginosus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Rapiña sapeira foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte (5B), os autores propuxeron o nome

de rapiña arpella no canto do anterior; utilizouse na primeira guía de aves destes autores e recolleuse

noutras publicacións (1A, 2A e 11B). Na segunda guía de aves destes autores (5A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións ornitolóxicas recolleuse ou utilizouse rapina arpella

(3A, 4A, 6A, 11A e 18A). Noutras publicacións empregouse ou recolleuse rapina das xunqueiras e

rapina sapeira (3A, 4A e 7A). Tartaraña das xunqueiras foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na última guía de Pedreira e Penas,

usouse tartaraña arpella (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son tartaranhãoruivo-dos-pauis

e águia-sapeira (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. Canto ás denominacións populares galegas, A. Villarino Gómez rexistrou

para Circus aeruginosus ave rapina e barrapina nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia,

Ourense (9A). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa apuntan para todo o xénero Circus os nomes

populares de gabián, miñato, aguia e tartaraña, malia algúns seren ben propios doutras especies ou

doutros xéneros (10B). X. M. Penas e C. Pedreira apuntan o nome popular de rapina tamén para todas

as especies do xénero Circus (1A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as entradas xenéricas apuntadas en Circus cyaneus.

Ademais, inclúen as voces galegas arpella e arpeu identificándoas coa voz castelá cernícalo (é posíbel

que a identificación non sexa correcta; outros autores identifican arpella con C. aeruginosus). No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a

denominación xenérica rapina, que nunha das acepcións especifica con rapina cincenta e rapina

arpella (a primeira para Circus pygargus e a segunda para C. aeruginosus); aparece tamén entrada

xenérica rapiña, que nunha das acepcións identifica con C. pygargus; noutra, con Accipiter nisus;

noutra, especifica rapiña arpella para C. aeruginosus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, identifica unha das acepcións da entrada tartaraña (que recolle como

galega e preferente) con C. aeruginosus (outra acepción, co mesmo termo, sen modificador, para C.

pygargus).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz tartaraña nas letras

galegas, véxase C. cyaneus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, rapina e similares aluden aos hábitos

cazadores deste paxaro; probabelmente tamén arpella e arpeu, que parecen relacionar as poutas

desta ave co aparello de ferro con ganchos; sapeira fai referencia á súa alimentación e das

xunqueiras e dos-pauis ao seu hábitat, as zonas húmidas. Non é propiamente unha aguia, malia ser

esta unha denominación popular portuguesa para este paxaro. Non se encontrou explicación semántica

para a denominación tartaraña ou tartaranhão.

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!