19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

doutras especies, como Falco tinnunculus, non do xénero Circus), e testaraña, que define como ave de

rapina. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984),

da editorial Akal, identifica coa voz castelá aguilucho as galegas aguíucho e peneiriño. Inclúe a voz

galega tartaraña, identificada de maneira imprecisa coa voz castelá cernícalo (que é unha

denominación castelá propia doutras especies, como Falco tinnunculus, non do xénero Circus). No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

entradas apuntadas en Circus pygargus e Circus aeruginosus, e ademais fornela, que nunha das

acepcións identifica con gata-fornela (que non ten entrada propia); este dicionario non identifica

tartaraña co xénero Circus, senón con Buteo buteo. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparece a entrada franxo (como galega, mais non preferente) para ese

referir, nunha das acepcións, a gata fornela, ave de rapina, e noutra a gabián; tamén franxón (como

galega e non preferente), con estas dúas acepcións; gatafornela (como galega e preferente) defínese

como "ave de rapina de cola, corpo e ás longos, de cor cincenta clara os machos e cor parda as femias"

e identifícase como Circus cyaneus. Nun dicionario que nomeamos puntualmente neste traballo, o de L.

Carré Alvarellos (1979), recóllense como voces galegas fornela e gata fornela, indicando que a

segunda é como, se usa xeralmente e definíndoa como águila blanca más pequeña que el águila

común, que podría tratarse desta especie (11G). Noutros moitos dicionarios aparece a voz tartaraña

identificada de modo pouco preciso como ave de rapina ou como cernícalo (8G, 11G, 3C).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O nome xenérico de tartaraña tense recollido nas

letras galegas xa no século XIX, concretamente o 5 de febreiro de 1812, na Carta recomendada que

escribía R. González Serna na Gazeta Marcial y Política de Santiago: "... a tartaraña que andaba

encima de nós, e nos rapaba todo... ". Con sentido figurado, emprégao Celestino Cabarcos Suárez en

Cóxegas (1955): "Era un crecas pró traballo, un berrallón cos veciños, un tartaraña para todo...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, rapina alude aos hábitos cazadores

deste paxaro. Azulada, cinzento ou branca fan referencia á cor da plumaxe do macho, azul ou gris

nas partes dorsais e branca nas partes ventrais; seguramente tamén gata-fornela, gato fornelo e

similares, pois a fornela ou fornalleira é o oco que está debaixo do forno, onde se recolle a cinza (pode

dar a impresión de que o macho está lixado con cinza). Gato ou gata poden estar relacionados co seu

aspecto, porque os ollos amarelos, o ollar penetrante e as poutas afiadas poden lembrar algo un gato.

Non se encontrou explicación semántica para as denominacións tartaraña, franxo e franxón (as

últimas talvez con franxer ou franxir, quebrar, escachar, ou con franxa, o tecido de liño, e nese sentido

ter relación con tecelán, un nome empregado para outras aves de rapina: Falco tinnunculus e Accipiter

nisus).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Talvez sería

interesante empregarmos o nome estándar de tartaraña azulada para Circus cyaneus no contexto da

ornitoloxía especializada, seguindo a proposta de M. A. Conde e T. A. Vidal. O uso de tartaraña como

denominación xenérica para todas as especies de Circus sería máis sistemático e mellor de lembrar,

manténdomos tartaraña cincenta para Circus pygargus e tartaraña das xunqueiras para Circus

aeruginosus.

tartaraña cincenta Circus pygargus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Rapiña cincenta foi o nome inicialmente proposto por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B); utilizouse na primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación

ornitolóxica (1A, 2A e 11B). Nas outras guías de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións ornitolóxicas empregouse rapina cincenta (3A, 6A

e 11A; ou rapina cinsenta, nalgunha). Tartaraña cincenta foi a denominación proposta en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou

recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son tartaranhão-caçador e águia-caçadeira (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o segundo).

● Nomes populares. Xa Martín Sarmiento, no século XVIII, recollía a voz galega tartaraña como

especia de ave de rapina, apuntando o Deza como lugar onde cría que a recollera (1G). J. L. Couceiro

Pérez rexistrou a voz tartaraña en Feás, que se identificou coa castelá cernícalo (3C). M. A. Conde

Teira e T. A. Vidal Figueroa apuntan para todo o xénero Circus os nomes populares de gabián,

miñato, aguia e tartaraña, malia algúns seren ben propios doutras especies ou doutros xéneros

(10B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recollen o nome xenérico popular de rapina tamén para

o xénero Circus (1A). Xurxo de Vivero, ao mencionar para esta especie outro nome galego, apunta

tamén rapina (3A). C. Pedreira López et al. rexistraron rapiña e ave rapiña para Circus pygargus no

concello de Ames, A Coruña (9B). No Atlas de vertebrados de Galicia recóllese a denominación

tartaraña para Circus pygargus (3A).

86

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!