19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

aguia cobreira Circaetus gallicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Aguia branca foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte (5B), os autores propuxeron o nome

de aguia albela en vez do anterior; esta segunda denominación utilizouse ou recolleuse nas guías de

aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A, 11A, 18A e 11B). Aguia cobreira foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (3A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son águia-cobreira e gincho-da-taínha (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o primeiro

con máis frecuencia).

● Nomes populares. E. Rivas Quintas recolle alvela (que identifica coa denominación castelá

águila culebrera) en Boimente de Viveiro, en Lugo (14G). Xurxo de Vivero apunta para esta especie,

referíndose a outros nomes galegos, aguia alba, aguia albela e aguia branca, aínda que sen indicar

se fan referencia a voces vivas na fala (3A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece culabrela como unha especie de aguia e remite a aguia. O Diccionario de

usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá os

termos xenéricos aguia, aiga e aigue como equivalentes á voz castelá águila, e especifica culabrela e

culebrela para o castelán águila culebrera. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995),

da editorial Sotelo Blanco, recóllense as voces xenéricas águia, aiga (como forma dialectal de águia) e

aigue (como forma popular e dialectal de águia); na entrada águia especifícase a denominación de

águia branca para Circaetus gallicus; recolle tamén as voces aguioto e aigote para se referir ás crías

das águias. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle aguia albela e aguia branca como sinónimos

específicos para C. gallicus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores,

aparecen as entradas xenéricas de aguia, aiga e aigue, as dúas primeiras como galegas e preferentes

e a terceira como propiamente galega mais non preferente; rexeita as voces águila e águilla, que non

considera galegas; dentro da entrada aguia especifica a denominación de aguia albela para C.

gallicus; recolle tamén as voces aguiacho e aigote para se referir ás crías das aguias.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz aguia na nosa literatura,

véxase Aquila chrysaetos.

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas explica que o termo castelán águila

descende como semicultismo do latín aquila (e do mesmo xeito, o galego e portugués aguia). Os

modificadores alba, albela e similares fan referencia á rechamante cor branca da plumaxe das partes

ventrais; cobreira e similares aluden á alimentación desta ave, baseada en réptiles.

tartaraña azulada Circus cyaneus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gatafornela foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); foi tamén o

nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse ademais nas guías de aves

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 3A, 8A, 10A, 18A, 11A,

12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran o nome

de tartaraña azulada (10B). Nunha publicación chamóuselle rapina branca (3A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son tartaranhão-azulado e tartaranhão-cinzento (2A, 1D, 2D e

3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. Xa Martín Sarmiento, no século XVIII, recollía a voz galega tartaraña como

especia de ave de rapina, apuntando o Deza como lugar onde cría que a recollera (1G). J. L. Couceiro

Pérez rexistrou a voz tartaraña en Feás, que se identificou coa castelá cernícalo (3C).M. A. Conde

Teira indica que o nome popular de gatafornela se rexistra no Courel e Cervantes (Lugo), e tamén que

o nome de gato fornelo para esta especie recolleuno Castroviejo et al. nos Ancares (12B). A. Villarino

Gómez rexistrou para Circus cyaneus as denominacións populares de ave rapina, barrapina e paxaro

da neve nas terras da desaparecida lagoa de Antela, en Ourense (9A). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa apuntan os nomes xenéricos populares de gabián, miñato, aguia e tartaraña para todo o

xénero Circus (10B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan o nome xenérico popular de

rapina para o xénero Circus (1A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz tartaraña, que remite a lagarteiro (que é unha denominación propia

85

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!