19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

peixeira, a denominación proposta por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño. No entanto, antes que

calquera formulación proposta no ámbito da ornitoloxía, sería preferíbel adoptarmos o modificador

empregado en portugués, perfectamente válido e ben propio do galego: aguia pesqueira, xa que non

existen nomes vernáculos identificados para esta especie (un caso moi diferente de martiño peixeiro ou

de melro peixeiro, que levan séculos na lingua e que teñen ese matiz particular de "andar co peixe").

Familia Accipitridae

miñato abelleiro Pernis apivorus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Miñato abelleiro foi o nome proposto por en 1977-

1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves de C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado

tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 3A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e

18A). Nunha publicación tamén se lle chamou buxato abelleiro (3A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son falcão-abelheiro e bútio-vespeiro (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o segundo con

máis frecuencia).

● Nomes populares. Unha chea de denominacións xenéricas populares que podería recibir

tamén esta especie están apuntadas en Buteo buteo.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Buteo buteo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego da voz miñato na nosa

literatura, véxase Buteo buteo.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de miñato, véxase Buteo buteo.

Os nomes xenéricos de Pernis apivorus, falcão, bútio e buxato, o mesmo que miñato, son propios

doutras aves de rapina que non teñen relación con esta especie: o primeiro, con Falco peregrinus; os

outros, con Buteo buteo (Pernis apivorus ten moito parecido físico) e co xénero Milvus; porén aplícanse

tamén a esta especie co modificador abelleiro ou vespeiro, que aluden á súa peculiar alimentación,

que o diferencia das outras especies de aves de rapina.

peneireiro cincento Elanus caeruleus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Peneireiro cincento foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (2A, 6A e 18A); tamén foi a denominación proposta en 1991 no traballo de

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B). Lagarteiro cincento foi proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); tense utilizado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A e

14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é peneireiro-cinzento (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. É unha ave rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares, agás os

xenéricos. Peneireiro utilízase sobre todo no oriente galego e lagarteiro é predominante no occidente

(10B).

● Dicionarios consultados. Non aparecen denominacións específicas para Elanus caeruleus.

Inclúen, porén, as denominacións xenéricas de Falco tinnunculus que tamén se empregan para E.

caeruleus. Só nun dicionario que non citamos habitualmente neste traballo, o Gran dicionario Cumio da

lingua galega (2004), recóllese especificamente peneireiro cinsento, identificado co nome científico

Elanus caeruleus (15G).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Tanto a voz lagarteiro como peneireiro téñense

empregado na nosa literatura (véxase F. tinnunculus).

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de lagarteiro e peneireiro,

véxase F. tinnunculus. O modificador cinsento ou cincento fai referencia á cor gris da súa plumaxe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Tanto peneireiro

como lagarteiro son dous nomes xenéricos igual de válidos para a especie. Ambos os dous están

recollidos a miúdo nas publicacións ornitolóxicas. Ambos os dous son, xa que logo, nomes xenéricos

aplicábeis a todos os lagarteiros (ou peneireiros): E. caeruleus, F. tinnuculus, F. naumanni e F.

vespertinus.

Para esta especie en concreto, C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño propuxeron e usaron

79

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!