19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

non incorporar as denominacións castelás ao galego para nomear estes patos.

Curiosamente, en galego existe a palabra "malvasía" para designarmos especificamente a cepa

de videira orixinaria da Grecia, e tamén para nos referirmos a esa clase de uva e ao viño que se fai con

ela. Porén, non existiu nunca en galego *malvasía como denominación para estes patos (nin se recolle

na tradición lexicográfica galega). O español é a única lingua do mundo que ten este nome tan

particular, malvasía, para os patos do xénero Oxyura. Para alén diso, como apuntamos, a motivación

semántica do nome castelán destes patos non se sabe exactamente cal foi (J. Corominas e J. A.

Pascual, 1981). Pato de rabo alzado, polo contrario, si que ten unha clara motivación (a característica

posición vertical do rabo das anátidas do xénero Oxyura) e axústase perfectamente ao xeito galego de

denominarmos a realidade. A este respecto, e para máis información, o autor do presente traballo xa

publicou unha nota intitulada "Oxyura", no web O Cartafol / Un idioma preciso, do Servizo de

Normalización Lingüística da USC (Ref. 18B).

Pato de rabo alzado ten o incoveniente de que é un nome algo longo para formarmos outros

nomes para as especies do xénero Oxyura, se lle engadimos un modificador. Porén, raboalzado,

proposta que achegamos neste traballo inspirada xa na redución doutras formas para os nomes dos

paxaros (por exemplo, o par asubiador / asubiador americano, sen empregarmos “pato”, isto é, pato

asubiador / pato asubiador americano) é máis curto e permite formar máis facilmente nomes

específicos para todas as especies do xénero Oxyura. Así, por exemplo: raboalzado (Oxyura

leucocephala), raboalzado da Xamaica (Oxyura jamaicensis), raboalzado de bico roxo (Oxyura

dominica), raboalzado africano (Oxyura maccoa), raboalzado arxentino (O. vittata) e raboalzado

australiano (O. australis).

Familia Pandionidae

aguia pesqueira Pandion haliaetus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Aguia peixeira foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 3A, 4A, 6A, 11A, 17A, 18A e 11B; ás veces "águia", escrito con til). Aguia

pescadora foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tamén se ten empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son águiapesqueira

e gaviâo-branco (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Non se acharon para esta especie, non sendo denominacións moi

xenéricas.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Aquila

chrysaetos. Ademais, o Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, trae a subentrada gavián branco na entrada gavián, para se referir especificamente a águia

pesqueira (aínda que despois esta denominación non aparece na entrada águia).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz aguia na nosa literatura,

véxase Aquila chrysaetos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Aguia vén do latín aquila. Os modificadores pescadora,

pesqueira ou peixeira relacionan esta ave cos seus hábitos alimentarios, xa que pesca e come peixes.

O nome gavián é propio doutra ave de rapina moi diferente, Accipiter nisus, aínda que ás veces

emprégase de forma xenérica para outras especies, como neste caso; o adxectivo branco fai referencia

á cor da súa plumaxe nas partes ventrais.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En galego, os tres

modificadores poden ser válidos para designarmos especificamente Pandion haliaetus, a pesar de non

indicaren exactamente o mesmo:

.-Pescador/-a ten un uso moi marcado como substantivo (persoa que pesca); como adxectivo,

moito menos usado, pode facer referencia á pesca ou indicar que serve para a pesca.

.-Peixeiro/-a fai referencia ao peixe, e pode indicar tanto que pesca ou apaña peixe como que

vende peixe, é dicir: que “anda co peixe”. Peixeiro, ademais, existe na lingua coloquial como

modificador específico para os nomes de paxaros en varias localidades galegas: melro peixeiro ou

merlo peixeiro, martín peixeiro ou martiño peixeiro, aínda que nestes casos son paxaros pequenos e

moito máis presentes na nosa xeografía, que se poden ver facilmente co peixe no bico (de aí que se lles

poida aplicar que “anda co peixe”).

.-Pesqueiro/-a, alén de substantivo (o barco), como adxectivo indica que pesca, que é propio

para pescar ou fai referencia á pesca.

Na nosa opinión, non habería un motivo claro para preferir mellor aguia pescadora que aguia

78

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!