19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas xenéricas apuntadas en Mergus merganser. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada mergo definida como

ave palmípede (Mergus serrator) "que ten a cabeza parda, cunha pequena crista tesa, e o peteiro longo

e serrado".

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica mergo está recollida na nosa

literatura xa no ano 1937, n' O idioma dos animás, de Fuco G. Gómez: "... o avestrús i o mergo...".

Tamén en 1957, na obra de Juan Rof Carballo que leva por título Mito e realidade da terra nai: "... o

mergo que nace e morre no xuncal lamacento...". Igualmente, Celestino Fernández de la Vega e

Ramón Piñeiro usan o vocábulo cando traducen a poesía céltica de Julius Pokorny, no ano 1952: "O

mergo fai sentir o seu gacear de costume...".

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía e motivación semántica de

mergo, véxase M. merganser; cristado ou de-poupa fan referencia ao penacho ou piriquitos

característicos desta especie; común porque, aínda sendo unha ave rara, das tres especies do xénero

Mergus é a máis común de ver nalgúns invernos.

mergo pequeno Mergus (Mergellus) albellus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mergo pequeno foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 10A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é merganso-pequeno (2A, 1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie que aparece moi raramente na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares, non sendo quizais as xenéricas apuntadas en Mergus merganser.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas xenéricas apuntadas en Mergus merganser. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada mergo definida e

identificada como Mergus serrator.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Mergus serrator.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía e motivación semántica de mergo,

véxase M. merganser; pequeno fai referencia ao tamaño, pois é a especie máis pequena dos tres.

raboalzado da Xamaica Oxyura jamaicensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Malvasía americana foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Noutras

publicacións chamóuselle *malvasía caribranca (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é pato-de-rabo-alçado-americano e pato-rabo-alçado-americano (14A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza extremadamente rara na Galiza e non se lle

coñecen denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Non se atoparon denominacións xenéricas ou específicas para esta

ave.

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas e J. A. Pascual explican que malvasía é o

nome romance castelán da cidade grega Monembasía, e tamén o nome actual das famosas cepas de

videiras orixinarias daquela terra; a partir de aquí suxiren que talvez houbo algunha asociación entre o

nome grego das videiras ou da cidade e o nome castelán de Oxyura leucocephala, que tamén é

malvasía, aínda que non se sabe exactamente cal sería.

O cualificativo rabo-alçado fai referencia á característica posición vertical do rabo desta

anátida; americana indica a súa área orixinaria de distribución; caribranca alude á cor branca das

faceiras do macho. Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión,

*malvasía é un evidente castelanismo. Seguindo as orientacións terminolóxicas da propia Real

Academia Galega, que aconsella acudir ao portugués como referente cando non houber en galego nome

vernáculo para unha realidade, sería ben mellor tomarmos os nomes do portugués e empregar pato de

rabo alzado para Oxyura leucocephala e pato de rabo alzado americano para Oxyura jamaicensis, e

77

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!