19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

platyrhynchos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Os cualificativos rabeiro, rabudo e similares fan

referencia ao rabo tan longo que ten esta anátida en comparación con outros patos mariños. Sobre a

motivación semántica de pato, véxase A. platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

propuxo pato rabeiro para substituír o de parrulo rabudo, xa que pato rabudo foi proposto para

Anas acuta en 1991 e podería haber confusión (10B e 12B). No entanto, a escolla dunha denominación

específica estándar para C. hyemalis no ámbito da ornitoloxía especializada aínda presenta un problema

en relación coa denominación de A. acuta, especie invernante na Galiza de modo regular (véxase A.

acuta).

mergo grande Mergus merganser

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mergo trullo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra

publicación ornitolóxica (2A, 4A e 17A). Mergo grande foi a denominación proposta en 1999 por M. A.

Conde Teira (12B); tamén se ten empregado en varias publicacións (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A).

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é merganso-grande (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi rara na Galiza e de certo non se lle

coñecen denominacións populares. Trullo, non como adxectivo senón independentemente como

substantivo, é un nome moi inespecífico; aparece definido xa nun dicionario galegos do século XIX

como ave acuática parecida al pato de mar, aunque más pequeña, de color pardo (4G); noutro

dicionario de 1979, da autoría de Leandro Carré Alvarellos, está definido cos termos mergo e cuervo

marino (11G). En calquera caso, de ser unha denominación popular, é impensábel que fose específica

para Mergus merganser, que é unha ave bastante rara na Galiza e bastante parecida, ademais, a

Mergus serratus; tería de ser un nome xenérico, aplicábel a todas as especies do xénero Mergus.

Tamén mergo, a pesar de estar recollida xa nalgún léxico do século XIX (4G) e noutros do século XX

(7G, 8G, 9G), non aparece claramente identificada (nalgúns indícase cuervo marino; noutros, ave

palmípeda) e tampouco está claramente recollido como un nome popular, antes ben parece un

cultismo.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada mergo definida de maneira moi inespecífica (ave palmípede que

ten a cabeza parda), pero ben podería estar facendo referencia as especies do xénero Mergus. No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparece a voz castelá mergo identificada coas galegas mergo e corvo mariño. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada

mergo, nunha acepción referida a corvo mariño e noutra a ave palmípede que ten a cabeza parda (que

ben podería estar facendo referencia as especies do xénero Mergus). No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada mergo definida e identificada como

Mergus serrator.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Mergus serrator.

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación mergo vén do latín mergus e está

relacionada co hábito de mergullarse (e tamén o portugués merganso), actividade que fan con moita

frecuencia as especies deste xénero; grande fai referencia ao tamaño, pois é a especie máis grande

das tres; trullo talvez estea relacionada con trollo, lameiro, barrizal, e faga referencia á cor parda do

plumaxe das femias (con todo, segundo xa vimos, as fontes consultadas non confirmaron que a voz

galega trullo se corresponda co xénero Mergus).

mergo cristado Mergus serrator

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mergo cristado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A,

10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Nalgunha publicación utilizouse mergo común (4A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é merganso-de-poupa (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza bastante rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares, non sendo quizais as xenéricas apuntadas en M. merganser.

76

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!