19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Nomes populares. En comparación coas dúas especies anteriores, esta ave é de presenza en

extremo esporádica na Galiza, mais os comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes

xenéricos populares.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en Melanitta nigra e

en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de pato, véxase A.

platyrhynchos; sobre pentumeiro e negrola, véxase M. nigra. Os modificadores careto e de-lunetas

apuntan as características manchas brancas que ten na cabeza e que o distinguen das outras especies

do xénero; o modificador americano alude á súa área de distribución orixinaria, de onde proceden os

escasos exemplares que se ven algunha vez na Europa.

éider (ou éider común) Somateria mollissima

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Éider foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén o proposto

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 4A, 5A,

6A, 10A, 12A, 13A, 14A, 16A, 17A e 22A; nalgunha, éider común). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é êider (2A, 1D e 2D) ou êider-grande (2D e 3D).

● Nomes populares. É un pato mariño do norte da Europa, de aparición invernal máis ben rara

na Galiza, e non se lle coñecen nomes populares galegos.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada éider, definida como "ave palmípede, parecida ao pato, cuxa

penuxe, chamada edredón, é utilizada para enchimento de cobertores, acolchados etc.". Nos outros

dicionarios consultados aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. F. Bernis Madrazo cita a Lockwood e comenta que a

denominación éider recóllese en moitas linguas europeas do danés eider, termo que designa esta

especie (11B).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Por vía de regra éider

é suficiente como nome para Somateria mollissima, mais pódese usar éider común se for preciso

diferencialo nun mesmo contexto do éider real, Somateria spectabilis, un pato mariño do mesmo

xénero de aparición moi rara na Galiza.

éider real Somateria spectabilis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Éider real foi o nome proposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (12B). Empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (10A e 14A); tamén na última

guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

êider-real (1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza extremadamente rara na Galiza e non se lle

coñecen denominacións populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica éider. Nos outros dicionarios consultados aparecen

as denominacións xenéricas apuntadas en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a orixe da voz éider, véxase Somateria mollissima.

Real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como

especies, que ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores,

como probabelmente sexa o caso deste pato mariño.

pato rabilongo Clangula hyemalis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato rabeiro foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A,

14A e 16A). Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunha outra

publicación utilizouse o nome de parrulo rabudo (6A e 11A). Nalgunha publicación apareceu co nome

galego de havelda, quizais por confusión coa denominación castelá (4A e 17A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-de-cauda-afilada e pato-rabilongo (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

75

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!