19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

M. A. Conde Teira suxire que o nome xenérico de pentumeiro, citado por X. M. Penas Patiño

en Malpica, recollido tamén alí por F. Bernis Madrazo como vendumeira (bendumeira), pode ter

relación con "bandumeira", de bando (12B). O nome vendiñeira, recollido por M. C. Ríos Panisse,

podería ter relación con vendumeira e pentumeiro.

Os modificadores mariño ou do mar indican que se trata dunha especie mariña, que o normal

é velo no mar; negro e negrola aluden á súa plumaxe, totalmente negra como o acibeche. A respecto

da motivación semántica de pato, véxase A. platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Ríos Panisse rexistra

tamén a voz chupona en Cambados, que non dá identificado especificamente, e que define como

pájaro que se zambulle en el mar y que puede estar mucho tiempo dentro e suxire se talvez non será o

somormujo.

pentumeiro de á branca Melanitta fusca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo mourelo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A, 11A e 17A). F. Bernis Madrazo recolle pato mourelo (11B). Pentumeiro de á

branca foi a denominación proposta en 1999 por M. A. Conde Teira (12B) e tamén se ten empregado

nalgunhas publicacións (13A, 15A e 16A). Nalgunha publicación utilizouse pentumeiro fosco (4A).

Noutras publicacións empregouse pentumeiro especulado (10A, 12A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-fusco (2A e 2D) e negrola-d’asa-branca (1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. Aínda que esta anátida é máis rara que a anterior, é posíbel que ás veces

reciba popularmente as mesmas denominacións, xa que son dous patos mariños bastante parecidos.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en Melanitta nigra e

en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas

platyrhynchos; sobre pentumeiro, véxase Melanitta nigra. Os modificadores de á branca,

especulado ou similares apuntan a característica mancha branca que ten no espello alar e que o

distingue das outras especies do xénero (talvez do nome castelán: negrón especulado); os

modificadores mourelo, fosco e similares, ou o nome negrola, aluden á súa plumaxe, negra como o

acibeche.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O nome pentumeiro

de á branca foi preferido por M. A. Conde Teira ao portugués pato fusco, por este nome describir

pouco os trazos da especie (12B).

De modo similar, o modificador mourelo non é moi acaído, xa que é moi inespecífico,

poderíase aplicar a calquera das especies do xénero Melanitta.

pentumeiro de á branca americano Melanitta deglandi

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento.

● Nomes populares. Esta ave é de presenza en extremo esporádica na Galiza, mais os

comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes populares para o xénero Melanitta.

● Dicionarios consultados. Non inclúen ningunha denominación específica para M. deglandi, só

as xenéricas apuntadas en Melanitta nigra e en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de pentumeiro, véxase M.

nigra. É unha especie moi moi semellante ao M. fusca, co mesmo espello branco nas ás (de feito, até

hai pouco eran consideradas dúas subespecies; na actualidade considéranse dúas especies diferentes).

O modificador americano alude á súa área de distribución orixinaria, de onde proceden os escasos

exemplares que se ven algunha vez na Europa.

pentumeiro careto Melanitta perspicillata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Petumeiro careto foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

13A, 14A e 16A). Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse parrulo

pentumeiro americano (5A e 22A). Nalgunha publicación ornitolóxica utilizouse pentumeiro

americano (4A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é negrola-de-lunetas (1D, 2D e 3D).

74

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!