19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

ollodourado islandés Bucephala islandica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ollodourado islandés foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Nalgunha publicación ornitolóxica utilizouse a denominación de

pato islándico (10A e 14A). Na última guía de aves de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño,

parrulo islándico (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-da-Islândia e

olho-dourado-da-Islândia (2A e 1D).

● Nomes populares. É unha especie de aparición extremadamente rara e non se lle coñecen

denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación xenérica ollodourado está motivada pola

cor amarela do iris deste pato; o modificador islandés e similares refírense á súa área de distribución,

pois na Europa cría exclusivamente na Islandia. Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas

platyrhynchos.

pentumeiro común Melanitta nigra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo pentumeiro foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 4A, 5A, 6A, 11A,

17A e 22A; nalgunha, parrulo pentumeiro común). En dúas publicacións recolleuse pato

pentumeiro (2A e 11B). Pentumeiro común foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira

(12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A e 14A); noutras publicacións recibiu

o nome xenérico de pentumeiro (13A, 15A e 16A). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran a denominación de pato negro en 1991 (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son pato-negro, negrola (2A, 4A, 10A, 20, 11B e 1D) ou negrola-comum (2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces vivas no galego falado para

se referir especificamente a Melanitta nigra: can de marzo (escrito con s para marcar o seseo), en

Sardiñeiro; capela, en Camariñas; dianteatrás, en Cedeira; o castelanismo *gallinera (escrito con

"j", para marcar a gheada; en correcto galego sería galiñeira), en Espasante; pato, en San Cibrao,

Muros, Cambados, Bares, Ézaro, Pontedeume, Caminha, Caión, Burela, Portonovo, Portosín, Sardiñeiro,

Vilanova de Arousa, Rianxo, As Figueiras, Carril, Ribeira e Escarabote; pato de mar, en Cambados e

Miño; pato do mar, en Mera, Espasante e O Grove; pato *marino, en Muxía e Caión; pato mariño,

en Camariñas, e vendiñeira (bendiñeira), en Muxía (7B). F. Bernis Madrazo rexistrou vendumeira

(bendumeira) nas costas da provincia da Coruña (11B). A. Pérez Cid rexistrou o nome pato do mar en

Marín e M. J. Pérez Alonso pato negro en Goián, referidas tamén a esta especie (3C). F. Bernis

Madrazo cita ademais o nome portugués de pato-de-mar (11B). J. S. Crespo Pozo recolle como nome

galego chupona, que define como pato negro marino, e apunta a localidade de Cambados, aínda que

as identificacións nesta obra son con frecuencia imprecisas (chupón tamén aparece na súa obra como

equivalente á voz castelá somormujo) (12G).

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada capela, que nunha das acepcións identifica con Melanitta

nigra; na entrada pato, unha acepción identifica esta voz con parrulo e con Melanitta nigra, e achega

como variantes desta entrada as denominacións pato-mariño, pato-do-mar e pato-de-mar, que se

poderían referir a esta especie. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez

e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito

da auga como sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta. Nos outros

dicionarios consultados aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A. platyrhynchos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase A. platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, M. C. Ríos Panisse explica

que o nome de can de marzo ten a ver coas voces que emiten estes patos, que lembran cans, e con

que o mes de marzo é a época do ano na que se ven pola costa galega en migración cara ao Norte;

dianteatrás fai referencia á forma de voar destes patos nos seus bandos, pois van cambiando á rolda

os postos de diante; o castelanismo *gallinera (en correcto galego, galiñeira) tamén estaría

relacionado co balbordo que arman estes paxaros nos bandos; capela talvez faga referencia a forma

dos bandos, como o campanario dunha capela; e finalmente non acha unha orixe para a denominación

vendiñeira (7B).

73

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!