19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

parrulo bóla Aythya affinis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato bóla foi o nome proposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (12B) e tamén se empregou nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A e

14A). Na última guía de aves de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, parrulo bóla (22A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é negrelho-americano (14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza extremadamente rara na Galiza e non se lle

coñecen denominacións populares galegas, non sendo as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta.

● Etimoloxía / motivación semántica. O modificador bóla fai referencia á forma da cabeza,

arredondada; negrelho alude á cor da plumaxe; americano, á súa área de distribución orixinaria.

Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla entre

parrulo bóla e pato bóla, os comentarios sobre o uso de parrulo / pato en relación con Aythya /

Anas apúntanse en Aythya ferina.

ollodourado Bucephala clangula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ollodourado foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (15A e 16A). Noutras

publicacións ornitolóxicas recolleuse ou empregouse o nome de pato ollo de ouro (10A, 12A e 14A).

Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunhas publicacións

utilizouuse parrulo ollodouro (6A, 11A e 17A). Noutra publicación, pato careto (4A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-olho-d’ouro e olho-dourado (2A, 1D e 2D), ou tamén

olho-dourado-comum (3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza bastante rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación ollodourado e similares están motivadas

pola cor amarela brillante do iris deste pato; careto posibelmente refírese a que ten a cor da plumaxe

da cabeza diferente da do resto do corpo. A respecto da motivación semántica de pato, véxase A.

platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión,

parece ben acaída neste caso a proposta de Conde Teira do nome xenérico ollodourado, que tamén se

emprega para os outros dous patos do xénero Bucephala.

A denominación pato careto para B. clangula pode ser unha confusión cunha das

denominacións do A. acuta.

ollodourado de touca Bucephala albeola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ollodourado de touca foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Noutras

publicacións ornitolóxicas utilizouse pato de touca e pato de touca branca (10A, 12A e 14A). Na

última guía de aves de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, parrulo albeola (22A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-de-touca-branca e olho-dourado-de-touca (14A, 1D,

2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de aparición extremadamente rara na Galiza e non se lle

coñecen denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados aparecen as denominacións xenéricas

apuntadas en A. platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación xenérica ollodourado está motivada pola

semellanza coa especie anterior; de touca ou de touca branca posibelmente refírense ás manchas

brancas que ten na cabeza, que poden dar a impresión de que trae posta unha touca branca. Albeola,

tirado do nome científico, posibelmente estea en relación coas tonalidades brancas da plumaxe. Sobre

72

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!